1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Anticapitalismo vs socialismo

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 07 Dezembro 2010 22:02

Roberto Laxe

A crueza com que se esta a manifestar o capitalismo na atualidade, co requeiro de guerras e agresions coloniais aos pobos, ataques aos direitos de clase traballadora e os oprimidos, co racismo e xenofobia, o machismo e homofobia, cós desastres ecoloxicos o a sobre explotacion da terra e os mares, situan á humanidade na pendente cara a barbárie.


Esta posta em plena actualidade a ultima das Teses sobre Feuerbach de Marx: "Os filósofos preocuparónse de interpretar o mundo; o esencial embora é mudalo".

Isto non implica a negacion da necesidade de interpretalo; mas a afirmacion remarca a idea da práxis, comprender o mundo, para mudalo; e, seguindo a idea de Marx, eliminar as condicions sociais que provocan que os seres humanos sexan seres alienados, oprimidos, explotados.

Nos derradeiros anos a "revolucion" convirteuse nun termo tan abstracto e xeral que permite ter o apelido que se queira. Revolucion foi a "conservadora" de Reagan, "revolucion" foi a restauracion do capitalismo nos estados do chamado "socialismo real", "revolucions" son procesos como a "laranja" de Ucrania, ou os sucesivos golpes de estado em moitas nas nacions xurdidas do estalido da URSS.

Revolucion é un termo que utilizan ate as empresas multinacionais para as suas campañas de marqueting...; diste xeito frivolizase co que realmente é unha revolucion social: a ruptura da orde establecida dun xeito caotico, imprevisible e cunhas consecuencias igualmente imprevisibles, mas para os que há que preparar se.

Até os anos 70, antes que os médios asumiran como relixion o "fin da Historia" decretada pola intelectualidade postmoderna dos anos 90, a "revolucion" era visible, practica e real, asociabase ao derrubamento do poder burguês ou imperialista. As experiências de loita social, triunfante ou non, como a revolucion Vietnamita, que rematou côa expulsion do imperialismo, apareceu como o que foi, unha revolucion anticolonial. As revolucions chilena ou porturguesa, ainda que derrotadas, puxeron com claridade que a loita entre a burguesia e a clase obreira so tem duas saídas, ou o socialismo ou a reaccion/contrarevolucion burguesa; que non existe termo médio.

Mentras, e aproveitando as augas revoltas xeradas pola confusion que supuxo a dexeneracion stalinista dos estados do "socialismo real" e a restauracion do capitalismo como exemplo maximo do "fin da historia", o que se deu em chamar "revolucions" nos 90 na meirande parte non foron máis que conflictos interburgueses, nos que as masas traballadoras non entraron dun xeito independente, senon que ou foron meros espectadores ou atuaron divididos, como indivíduos ao servizo das fraccions em conflito.

A complexa e confusa realidade daballe á intelectualidade uns feitos inegabéis para agochar o que é unha verdadeira revolucion. Mas, despois da reaccion dos anos 90, que remataron cando a clase traballadora ianqui e miles de activistas antiglobalizacion saíron ás ruas de Seattle e puxeron contra as cordas a todas as potencias mundiais ali reunidas, abriuse unha nova era de "revolucions", como a venezuelana, na Bolivia, etc. etc., a transformacion revolucionaria volveu nos feitos á axenda. Mas, a confusion nas ideas, nos conceptos e nas perspectivas do período anterior seguen.

Unha revolucion social non é un golpe desde arriba, expresión dun conflito interburgués, dunha loita polo poder entre fraccions das clases dominantes. Unha revolucion é un acontecemento que non se da habitualmente - a clase traballadora, na súa vida normal, o seu gran obxectivo é viver bem e em paz, e por isso, as veces, fan revolucions-, senon que é unha brusca ruptura da rotina que libera as forzas sociais, que rompe as relacions sociais, e non so as de produccion; isa é unha concepcion economicista da revolucion.

Cando unha sociedade entra nun proceso revolucionário –que pode acabar ou non em revolucion- todas as relacions sociais saltan polo ar. A xente mais humilde, que na sua vida cotia actua de maneira conservadora, ponse em marcha, comeza a pensar por si e para si, a organizarse nos centros de traballo, nos Barrios, nos locais do lecer, etc., e a tomar decisions de "estado", é dicer, para solucionar os seus problemas da vida cotia, do emprego, da educacion, da saúde,...

Nun proceso revolucionário a apatia que xera a alienacion capitalista, cuxa máxima expresion é a frase "sempre houbo ricos e sempre existiran", cai polo seu próprio peso, e a alienacion transformase nunha "febre", nunha efeverscencia social creativa.

Mas unha "revolucion" é un acontecemento de curta duracion, pois o proceso tem unha manifestacion moi clara, a sociedade rompe em duas partes, xera-se unha dura loita polo poder entra ambas as partes que non pode durar moito tempo, pois a sociedade non pode viver permanentemente côa "febre" revolucionaria, ou gaña un ou gaña outro, e reconstituise o consenso social - côa violência como ferramenta fundamental-.

E isto, como se dixo ao comezo, foi visible e real ate os anos 70, e asumido pólos activistas sociais como o único final da loita pola transformacion social. Mas a partir da contra revolucion de Thatcher e Reagan, nos 80, e despois côa restauracion do capitalismo nos 90, iste obxectivo estratexico, ficou fora das axendas; impuxeronse as loxicas da reforma, dos parches a unha sociedade que seguia sendo inxusta porque era capitalista. O socialismo retrocedeu ao anticapitalismo, e con elo o divorcio entre as saídas políticas cada vez mais reformistas, e as solucions dos problemas cotias da poboacion, que ficaron nas mans de organizacions e organismos que non teñen no seu horizonte a transformacion radical da sociedade, senon a súa conservacion con "panos quentes".

Mas, e ista é a contradiccion que marca o actual comezo do século XXI, mentras o socialismo tem retrocedido ao anticapitalismo, a sociedade capitalista demonstra côas suas crises que a perspectiva socialista é a única saída ao anticapitalismo.

É claro que o stalinismo e as burocracias gañaron unha batalla despois de mortas, arrastraron polo barro o termo revolucion e a perspectiva socialista como sinônimo de liberacion da humanidade, conseguindo que as opcions reformistas, que maquillan o sistema capitalista, tiveran outra oportunidade. Porque asociar o que foi a URSS a socialismo é unha brincadeira de mal gosto; como que a China actual sexa dirixida por un partido "comunista", ou que no nome do "socialismo" o castrismo este a construir unha sociedade burguesa em Cuba, com iguais políticas de axuste e austeridade que calquer goberno burguês.

Esta realidade, porque é unha realidade á que non se lle podem dar as costas, marca a conciencia dos que hoxe levantan se para loitar contra o capitalismo.

Reconstruir a esencia do anticapitalismo, a loita pólo socialismo

Revolucions onde o enfrentamento entre a clase traballadora e os pobos oprimidos cós capitalistas e os seus aparellos estatais é un feito que vai seguir producindose, é a única maneira que tem a sociedade que tem de avanzar (ou de retroceder); mas, pólas condicions concretas do desenvolvimento da sociedade estamos diante dunha situacion do mais paradoxal: mentras as consecuencias de crise do sistema capitalista demonstran a súa falencia, a necesidade da súa desaparicion, a consciência que de si tem a clase traballadora vai moi por detrás das necesidades sociais.

Se algo define á revolucion socialista, como precondicion para o seu triunfo, é o seu caracter consciente, frente às revolucions burguesas que lle precediron. A revolucion holandesa contra o Imperio español, a inglesa de Cronwell ou a norteamericana, foron revolucions dalgun xeito alienadas, tiñan á relixion como ideoloxia revolucionaria, e fixeron em nome de "deus".

A revolucion francesa, e póla sua influencia a liberacion das colônias americanas de España, deu un paso mais na conciencia e foron revoluciones esencialmente laicas. Liberanronse da alienacion relixiosa, mas non deixaron de seren revolucions políticas, "formais", que non atentaron contra a propiedade privada dos médios de produccion, ao contrario, tomaron medidas para garanti-la. So "mudaron" as relacions de propiedade na produccion, as feudais pólas capitalistas a partir do poder acadado en institucions como as Universidades ou as cidades (burgos, de onde ven a palabra burguesia).

A clase obreira e os pobos, no camiño da revolucion socialista, non teñen esas universidades nin esas cidades onde desenvolver o seu poder para dar o salto ao do Estado. Non há banqueiros nin industriais que financien un exercito, non há médios de comunicacion de masas nas suas mans... A clase obreira e os oprimidos son desposeidos de todo poder, e, ainda asi, non lle teñen mais remedio que intentar o "asalto os ceos", se queren liberar da opresion e explotacion. Por iste motivo, so a conciencia clara do que é preciso, e de que é posible facelo, anima á clase obreira e os seus aliados a facelo.

Se algo caracteriza unha revolucion é que a sociedade, os explotados e os oprimidos tomam concencia de si, comezan a liberarse das cadeas materiais –o traballo asalariado- e ideoloxicas –a alienacion- que lles impon o capitalismo. Comezan a ollar com claridade que há outra maneira de construir a sua vida e as súas relacions sociais; por isso, mesmo nun acontecemento tan aparentemente "sindical" como unha folga, os traballadores e traballadroas que partipan dela sintense como liberados, estan tomando o futuro, asi sexa o salário, nas suas mans e isso da unha sensacion de liberdade que non se tem cando há que cumplir todos os dias co traballo e o patron.

Pois bem, se unha folga aumenta a creatividade das masas traballadoras, ainda que supoña un esforzo e un risco físico real no enfrentamento cós aparellos represivos, que non será unha revolucion, cando é a sociedade no seu conxunto a que propon liberarse das cadeas. Non é a "creatividade" do intelectual pequeno burguês, frívolo e que os atende nos aspectos marxinais da vida, senon que é un creatividadxe reconcentrada, profunda, do que sabe que xogase todo, a vida, para liberarse da explotacion.

O drama actual é que esta tomada de consciência da clase traballadora, vese limitada polo desprestixio da "politica" e a ausência dun proxecto social liberador. As masas traballadoras enfrentaran como fixeron sempre aos opresores, mas polo tempo pasado, pólas experiências do século XX, as decepcions de proxectos sociais traídos e dexenerados, vanno facer cunha fonda desconfianza. E isto vai dificultar a corto prazo os pasos no camiño do triunfo.

A revolucion socialista é a primeira gran transformacion da sociedade que xurde de baixo, das entrañas do sistema, sem nengunha conexion cós aparellos de poder concreto do estado; poren tem tanta importância resolver a contradiccion entre o derrumbe do proxecto social que é o socialismo diante dos ollos das masas tralladoras e a crise terminal na que achase o sistema capitalista.

Resolver ista contradiccion, reconstruindo o proxecto socialista nas suas bases revolucionarias é unha das precondicios para unha victoria contra o capitalismo e os seus reximes.

O socialismo polo que loitamos

Despois dos acontecementos de finais do seculo XX ficou a nivel social a idea de que a democracia burguesa é a mellor das democracias posibles, embaixo a ilusion de que co seu exercício as diferencias sociais e de clase desaparecen e a soberania reside no pobo.

O longo do século XX, a partir da revolucion rusa do 17 e doutras revolucions como a chinesa, a cubana, a vietnamita, e pola tension política entre os bloques, que pendurou por cima da sociedade, fixo que a presencia do ideário marxista fose moi importante na sociedade, facendo que sectores da clase traballadora e mesmo sectores populares, alindaranse na súa defensa.

Mas, a restauracion do sistema burguês na URSS, China e demais estados do "socialismo real", xerada pola política burocrática dentro dos estados, foron aproveitados pola burguesia para se reafirmar na proposta de que o ideário revolucionário foi derrotado, que "o socialismo e o marxismo morreran", e que a democracia burguesa é o único marco para garantir a liberdade e a igualdade.

Desta volta, os propagandistas da democracia burguesa tentan demostrar a cotio a sua superioridade, mais, qué significan em realidade os conceptos de liberadade e igualdade para a burguesia.

- A liberdade burguesa é o "direito" a facer, mais sem pór os médios practicos e efectivos que fagan real a liberdade.

- A igualdade burguesa é unha creacion xuridica –um home um voto- que non impide as maiores desigualdades em todos os ordes.

- A liberdade burguesa esta inscrita na "liberadade do mercado", ista é a liberdade "sagrada" que pon na obriga ao conxunto da sociedade da necesidade de ter que vender a súa forza de traballo para viver.

- A forma xuridica da igualdade da democracia burguesa, agocha o feito de que a "liberdade de mercado" basease na propriedade privada, dividindo á sociedade entre proprietários e non proprietários, entre explotados e explotadores, facendo da palabra "igualdade" unha forma valeira de contido.

- A democracia burguesa insiste em que a soberania reside no pobo, mas o seu contido real é que a democracia burguesa é um rito eleitoral, na que a participacion do pobo limita se a exercê-lo voto cada certo tempo, ficando o poder e a soberania nos parlamentos e nos gobernos dos políticos profesionais.

- A forma concreta da democracia burguesa, o parlamentarismo –e a ilusion de cambio que é o voto- é o mecanismo a través da cal a burguesia canaliza as aspiraciones das masas, e as desvia do camiño da loita e a mobilizacion social.

- Ista apariencia de liberdade e igualdade agocha a realidade de que o estado burguês, a democracia burguesa, son ferramentas dos proprietários dos médios de produccion e distribucion, dos capitalistas para manter a súa dominacion sobre a sociedade.

-  Son eles os únicos que podem disfrutar das liberdades e a igualdade que negan ao conxunto da poboacion, pois son eles os que dispoen dos médios concretos para facer efectivos do direitos que as constitucions burguesas din defender, a liberdade de opinion, prensa, asociacion, cultural, etc. Son os que dispoen do diñeiro e os médios (locais, centros de reunion, médios, xornais...) para que istos direitos non sexan formais, mas tamen efectivos.

Embaixo a democracia burguesa, e co desenvolvimento do capitalismo imperialista e as multinacionais, agudizanse as tendência autoritárias da democracia burguesa, ficando o poder político e os seus organos fora do control democrático da sociedade, e nas mans de profesionais non escollidos por ninguen. O aparello do estado, os xuices eos ministros, os militares e os burocratas do estado, non teñen que dar contas a ninguen.

O Estado burgués foi criado em funcion das necesidades do rexime capitalista, das guerras por interesse comerciais ou especulativos, das leis que recurtan os direitos da maioria da poboacion traballadora, a represion dos seus movimentos reivindicativos. Em fin, baixo a apariencia da liberdade e a igualdade o que há é um estado que manten no seu horizonte, non só a guerra, mas tamen a intolerância, a opresion e a explotacion.

Novamente, como xá acontecera en moitas ocasions, a crueza da crise do capital cai sobre a clase traballadora e os oprimidos, na forma de desemprego, reduccion dos salários, aumento da xornada laboral e da precariedade, desaparicion de servizos sociais esenciais, saqueo das riquezas e das terras, aumento da opresion de amplos sectores da sociedade, demostrando sem lugar a dubidas que o capitalismo, pola súa natureza baseado na division da sociedade em clases, sempre foi e será um sistema inxusto, explotador e opresor das persoas, e expoliador da terra.

Mas, a humanidade nunca estivo tan perto da posiblidade de rematar côa dependência do ser humano das súas necesidades, nunca estivo tan perto de resolver moitas das lacras que o longo dos séculos lle fixo escravo das necesidades, impendindolle ser libre: as condicions de desenvolvimento para o socialismo como a sociedade na que a humanidade liberase das cadeas do traballo asalariado, da explotacion do home polo home, que pasa do "reino da necesidade ao reino da liberdade", non somentes existen, senon que esta a piques de apodrecer.

As condicions de desenvolvimento na investigacion cientifica, no terreo da saúde e da calidade de vida, da que hoxe só se benefician uns poucos, permitirían a solucion desas lacras. Chegados neste punto, faise evidente que o gran freo a iste desenvolvimento, e que o convirte nunha ameaza para a humanidade, é a existência da propriedade privada, da procura do lucro individual e a acumulacion pola acumulacion, é dicer, das relacions sociais capitalistas.

Pónse de manfiesto que só a liberacion da clase traballadora e os oprimidos fará posibel o vello soño da humanidade, unha sociedade libre, igualitária, xusta e sem clases; dunha sociedade feita á medida do ser humano, o socialismo.

Marx definiu a sociedade socialista (entendida como a primeira fase do comunismo) como unha sociedade onde "o goberno das persoas" é sustituido pola "administracion das cousas". A sociedade capitalista, como toda sociedade clases, precisa da existencia dun goberno/estado que sosteña as desigualdades, que defenda aos posuidores das constantes rebeldías contra a inxusticia.

A Historia esta chea de rebelions, revoltas e revolucions dos desposeidos, e en todos os casos bateron de frente cos estados de quenda. A defensa dos poderosos frente aos oprimidos, é o que significa "goberno das persoas", o estado impon, e defende, o status quo.

O socialismo significa a abolicion deste goberno, porque as clases sociais tal e como as coñecemos hoxe -unha minoria proprietaria dos medios de produccion e distribucion  e umha maioria na obriga de vender a sua forza de traballo para viver- desaparecen, e polo tanto non é preciso a defensa do que non existe.

Mas, o que si vai ser necesario garantir é a distribucion segundo as necesidades sociais. O socialismo, e ista é unha das leccions das experiencias fracasadas ou dexeneradas do que se deu en chamar o "socialismo real", non é a distribucion da miseria mas da abundancia, embora baixo outros criterios que os capitalistas.

Por iso, nin Cuba, nin a vella URSS e demais, estaban construindo o socialismo. Eran sociedades de transición, onde a explotacion foi abolida, mas non as diferenzas de clase. O seu atraso, as súas limtacions na produccion de bens e servizos, o seu illamento do conxunto do mundo e unha conduccion politica burocrática, non lles permitiu culminar a transicion ó socialismo, e poren, retrocederon o capitalismo.

O socialismo é a abundancia ao servizo das necesidades sociais, por iso baixo o socialismo revolucionario collen, e achan toda a sua forza, as reivindicacions do conxunto da sociedade na defensa da sustentabilidade, da igualdade e da fraternidade. Ao romper coa brutal loxica da acumulacion de capital, e pór a economia ao servizo da sociedade, é ista a que decide.

Isto, e non outra cousa, é o que signifca a "administracion das cousas". Será a sociedade organizada igualitariamente quen decidirá qué, como e canto se produce, non un proprietario dos medios de produccion ou financeiro, cuxo unico criterio é a conta de resultados anuais e os lucros a repartir entre os accionistas.

A loita por unha nova sociedade non é un camiño de rosas, os capitalistas, os donos das fabricas e centros de traballo, dos bancos e as terras, non van ceder a súa fonte de riqueza sen loitar, sen defendelas como sexa: teñen os seus estados, os seus gobernos, para facelo. A clase traballadora, ao frente dos oprimidos, opon o poder que lle confire ser os verdadeiros productores e distribuidores; sen eles non existe sistema capitalista. Os capitalistas non so non poden prescindir deles; alem mais, sin eles o sistema desaparece. Pola contra, a clase traballadora ben pode prescindir da clase capitalista para producir e viver. Esta é a súa forza, mas para que ista forza sirva para avanzar, a clase traballadora ten que tomar conciencia dela, de que non precisa para nada aos capitalistas.

A construccion desa conciencia ten un duplo aspecto, un, na practica cotia dos traballadores e as traballadoras nas suas loitas e mobilizacions, ollando no dia a dia as expresions desa forza, dous, a elaboracion dun proxecto social acorde co que a practica din: se a clase capitalista non é precisa para o desenvolvimento social, disolvamola, e vaiamos cara unha sociedade sen clases.

A forza revolucionaria da clase obreira é xusto isa, que coa sua loita demonstra todos os días que o socialismo –a sociedade sen clases- é mais cunha utopia, unha necesidade para a sobre vivencia da humanidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.