Qué demo é isso da non rendibilidade dunhas liñas de transporte colectivo. O actual alcalde de Vigo, hai anos, dixo que o transporte é un dos sectores onde a oferta xera demanda, e non o revés. Doutra maneira; se a liña Ferrol Coruña non é rendible non é porque non exista demanda potencial, senon porque non ha oferta suficiente: com 5 cinco "circulacions" o dia entre ambas áreas, que collen unha poboacion de 650 mil habitantes, côas suas paradas intermedias, cun movimento diário de miles de coches particulares, alen dos autobuses e da xente que prefire ficar a durmir nas cidades, é evidente que alguen quere que non sexan rendibles com nomes e apelidos: AP9/Autoestradas, ARRIVA.
Se para facer o percorrido de 55 km, demora 2 horas, sen garantir a volta no dia e cun horário que non tem nada que ver côas necesidades sociais, é evidente que existe unha politica conscente para que non sexa rendibel. Igual acontece entre Pontevedra e Vigo, ou entre Coruña e Lugo.
Desde sempre, o Estado e a Xunta – sexa o color que sexa, pois o bipartido tivo catro anos para facer algo e non fixo-, negaron ao pobo traballador galego o direito que si teñen, non xá cidades máis grandes, senon áreas urbanas de poboacion semellante ou inferior á que teñen a área Coruña-Ferrol, Vigo-Pontevedra ou Compostela-Vilagarcia.
É difícil saber cal é a loxica dun estado que nega a Galiza o que inviste noutros lugares.
Recentemente, fixeron servizos de proximidades em Donostia e Santander. Murcia, Asturias, Cadiz, Malaga, etc. xá o teñen desde há anos; mas a unha pregunta do BNG hai un tempo, a contestacion de Fomento foi: non há demanda suficinte. E isto, dixoo un "galego", "Pepiño" Branco.
Inaudito. Semella que os galegos non imos a traballar, non temos que movernos para ir a estudar ou a mercar, ou o lecer. Non, semella que os galegos seguimos na aldeã - com todos os respectos, ademais de que moitas delas hoxe son zonas periurbanas que para superviver precisam dun servizo de transporte colectivo que sustiua o coche particular-.
O Goberno Central de quenda é o primeiro responsable da nefasta situacion do transporte ferroviario na Galiza. Mas non o único. As sucesivas Xuntas, as de Fraga, a Bipartida e, mais que mais, a actual de Feijoo que ameaza co peche xá das liñas, ao retirar as subvencions, son igualmente responsabéis, pois non aplicarem o vixente Estatuto de Autonomia onde se recolle a competência nas liñas que circulen no interior da Galiza. Ningunha delas prantexou o menor plan serio para un servizo de proximidades.
Por último, tamen é responsable a esquerda galega, de todos os colores, formas e ideoloxias; pois din defender a "Terra" mas ninguen fala de que unha "terra" sem poboacion chamase deserto. Neste país todo o mundo preocupase de que "non se venda", mas esquece que sem non há persoas que a defendan, van vender o que lles pete: a terra non se defende por si soa, se non existen habitantes.
Porque este é fondo do problema e do ataque. Houbo un xornalista que há anos preguntou: que lle fixemos os galegos a Renfe/Adif? Pois moi claro. Galiza, o seu pobo traballador, sempre cumpriu unha funcion na division do traballo no Estado Español, a de emigrar ou traballar nos sectores primários da economia para a exportacion de matérias primas, e para isso non precisas un bo servizo de transporte colectivo.
Se unha persoa que vive em Vigo e pode traballar em Pontevedra/Vilagarcia/Compostela, mas non tem coche particular –se o tem, terá que pagar o seu mantemento, as peaxes, etc.-, non poderá ir traballar a isas cidades, co cal, para el tanto lle tem traballar nelas, em Madrid, Barcelona ou donde sexa. E mais sangrante é que nesas cidades si teria un médio de transporte para deslocarse os 30 km que separan Vigo de Pontevedra. O mesmo aconteceria em Coruña/Ferrol, Compostela/Coruña, etc., etc.
Favorecer o transporte colectivo, permite a coesion do pobo, facilita e abarata a mobilidade social, permite ter unha vision de conxunto da poboacion, e non o localismo pechado pola inexistência doutro transporte que non sexa o individual.
Coa politica dos gobernos para financiar as grandes construtoras com obras como o AVE, o apoio das forzas institucionais e o silencio dos sindicatos presentes em Renfe –non se decatan que a chegada do AVE é o fin de centos de postos de traballo-, teremos AVE, mas non teremos tren. Chegaremos a Madrid em 3 horas, mas non chegaremos nunca da Coruña a Ferrol (ou Vigo Pontevedra, ou onde sexa), porque o tren non existira.
Frear os ataques ao pobo galego inclúe unha exixencia da coesion do pobo, que pasa pola súa mobilidade e ista é incompatible co sistema actual de autoestradas e gastos faraônicos no AVE; por isso a defensa do actual tren e a loita por un servizo de proximidades galego realmente eficaz, que xere moitos postos de traballo, tem que ser unha das partes fundamentais de reconstruccion da esquerda na Galiza.