1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Chaman 'aforro' ao que é corte do gasto social

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 15 Novembro 2010 01:00

As condicions para outra politica orzamentaria.


A politica orzamentaria dun país ou dun Estado é a sintesis dos obxectivos dun goberno, son as contas no que establecense en que vaise gastar o diñeiro de todos, e marcan cal é o seu carácter e cales van ser as politicas economicas. E, se ben nun periodo de normalidade social e economica, ainda que sempre favorezan ás clases dominantes, podense facer concesions, nun periodo de crise como a actual estas rematan.

Neste cadro, cuns datos economicos do máis preocupantes na Galiza, cun paro crecendo por riba da media española, cun desmantelamento aberto de servizos sociais, cun plan de privatizacion da principal ferramenta financeira publica, as Caixas de Aforro, etc., a Xunta do PP ven de aprobar uns orzamentos que, sen nengun adorno e paliativos, son un atentado contra os servizos publicos, os servizos sociais e as bases do chamado "estado do ben estar".

Baixo a frase supostamente intelixente de chamarlle "aforro" ao que ún recorte do gasto social puro e duro, Feijoo e os seus ameazan que para o vindeiro ano cumpliranse as negras propostas do Tea Party ianqui. Na opinion destos "inclasificables", partillada por Mariano Rajoy, Esperanza Aguirre e moitos no PP, o estado so serve para darlle diñeiro aos empresarios, coa esperanza de que estes xeren emprego (iso si, "traballando mais e cobrando menos", como recomenda outro "Tea Party" español, o Dia Ferran), poren os "nosos teas partys" non precisan concellerias/ministerios (e Comunidades Autonomas) que xestionen servizos que, na súa opinion, teñen que estar xestionados por mans privadas.

O estado, din, non tem mais que facer que asinar cheques bancarios, subvecions, para o seus amigos, e controlar a orde publico. Polo acordado nas consellos da Xunta e nos orzamentos, Feijoo e os seus, como uns alunos aplicados, xa levan a dianteira nesta tarefa.

Hai que botalos

É unha realidade recoñecida por todos que a Xunta do PP chegou ao goberno sen querelo, por deméritos do Bipartido, que decepcionou as aspiracions de cambio de todo un sector do pobo traballador –do mesmo xeito que nestos días aconteceu con Obama-; pois ainda que algo fixera, este "algo" non mudaba a calidade de vida da clase traballadora, só puña unhas "tiritas" en aspectos sangrantes dos anos de Fraga.

Os demeritos do Bipartido podense sintetizar nun feito, os problemas fundamentais do pobo traballador, desde as listaxes de espera na sáude ata o transporte colectivo, desde a limpeza de Rias como a da Coruña ate os despilfarros da Cidade da Cultura/Gaias seguiron coma sempre. Diste xeito, o traballador e a traballadora de "a pé", que lle dera a sua confianza, non viu nin percibiu que a Xunta Bipartida fora cualitativemente distinta ás anteriores.

A decepcion xerada pola súa incapacidade para facer outra politica e outro xeito de facer politica, abriu as portas para que chegara Feijoo e os seus. Estes non o esperaban, mas eles tiñan xa un proxecto, o vello proxecto do franquismo, dunha España "grande e libre", pondo ao pobo traballador galego ao servizo do capital español e galego. Neste sentido afanaronse no desmantelamento de pouco de progresivo que fixera o Bipartido.

O sector da burguesia que levou ao PP ate a Xunta é aquel que ten como unico obxectivo desmantelar o chamado "estado do Ben estar". É a burguesia mais parasitaria que vive directamente do saqueo do Estado (ou é casualidade que 300 carregos publicos do PP estean  implicados en delitos de corrupcion?), das subvencions, das subcontratas para servizos que logo non cumplen, de desvios de enfermos á sanidade privada, do desmantelamento da educacion publica para o crecemento da "concertada", é dicer, da Igrexa.

Neste cadro, o proxecto do PP para saír de crise é o vello proxecto da burguesia española e galega, "que inventen eles", que nós pomos a man de obra barata, e nesta coller un cacho do que caia da mesa dso que inventan, sexan alemans, ianquis ou franceses. Este é o sentido, por exemplo, da supresion nos orzamentos das becas no I+D.

A Xunta din que nestos orzamentos "tres de cada catro euros" van para gastos sociais, mas desvian enfermos cara a privada, nun proceso aberto de destruccion do Sergas, paralizan ou desmantelan a educacion publica pechando servizos de comedor, reducindo os profesores, pondo dificultades aos planes, utilizando o idioma como unha xustificacion, etc., mentras aumentan os apoios á concertada e á privada.

Coa loxica dos fundamentalistas do Tea Party, para os "nosos" neoliberais ningun servizo social e publico salvase da queima. Asi, pechan o servizo do Noite Bus, que esta a salvar vidas entre a xuventude, alen de criar ducias de postos de traballo, desmantelan o Santiago Apostolo, disolven o Consorcio de Igualdade ou os centros Quero-te. Aqui non se salva nin deus das orxia privatizadora.

Non contentos con iso, e con toda a caradura –porque non ten outro nome utilizar informes mentireiros, feitos fora das zonas de marisqueo- poñen na obriga aos mariscadores de A Coruña de faenar nunha ria manifestamente infecta ou marchar, pois o PP retiroulles a subvencion que lles dera a Xunta Bipartida para vixiar. É certo que esta politica era para lavar a cara, pois en catro anos non fixeron nada por limpala, mas o que fai o PP é cualitativo ao retirar calquer medio de vida alternativo ao traballo na ria.

Mentras "aforran" en gastos sociais gastan o diñeiro nas viaxes do PaPa, en subvencions a empresarios amigos para cursos de formacion, como denunciou o alcalde Oleiros, ou conceden subvencions a compañias aereas de ex ministros do PP e ás empresas eolicas amigas.

A politica do PP chamase "darwinismo social" (pobre Darwin, pois quen aplica as suas teorias na sociedade, non cre na evolucion da especies), que foi definida por Adolfo Dominguez pouco antes das eleccions do ano pasado: "quen ten diñeiro ten direitos", e ista é a maxima de Feijoo e a sua compañia opusdeísta.

Mas, e isto é colmo do insulto á poboacion, mentras rebaixan nas partidas sociais, Feijou presumiu de cinco "baixadas selectivas de impostos". Tendo en conta que a maioria destas baixadas non estan ao alcance das persoas sen aforros, e se un sabe restar e sumar, é notorio quen vai pagar o "aforro/recorte" de gastos dos orzamentos.

Por exemplo, Feijoo lembrou que xa aplicou unha baixada do 99% do imposto de sucesions. O proximo ano os que invistan os seus aforros tamen pagaran menos IPRF, ate 4000 euros, se financian novas empresas galegas ou ás que cotizan no novo Mercado Alternativo Bursatil.

A Xunta tamen aplicará un imposto cero para os propietarios forestais que agrupen as súas propiedades. Eles non pagaran tributos nas vendas nin nas herdanzas. Por ultimo, haberá unha rebaixa do IRPF de 300 euros para as familias que acollan un menor.

Se alguen tiña alguna dubida do que significa a Xunta do PP para o pobo traballador galego, este ano e pico do goberno deixouno claro: un goberno ao servizo do desmantelamento da sociedade galega co vello criterio para Galiza no Estado Español, ou traballas na mais absoluta precariedade e com baixos salarios, ou emigras.

Galiza, aos ollos desta xentiña é un lugar onde comer ben, vir o Xacobeo e estar tranquilo. Para traballar, tés que ir fora. Todas as súas medidas teñen esta loxica, desde a mais frivola -diñeiro para os amigos-, ata a mais seria -desmantelar o Sergas-. Por iso temos que botar fora, e canto antes, á Xunta do PP, non vaia ser que cando logremos non tiñamos nada que salvar.

O futuro lastrado pola decepcion

Dar o primeiro paso para botar abaixo a Xunta do PP precisa da confluencia na loita de todos aqueles que hoxe mobilizanse contra as privatizacions des servizos publicos, nas Caixas de Aforros, no Sergas e no Santiago Apostol, na Educacion e contra o desmantelamento do Noite Bus, etc, unha confluencia que avance nun movimento popular unitario na Defensa do Publico fronte a desmantelamento que esta a sufrir nas mans do PP.

Mas o freo para que a poboacion saia abertamente contra a Xunta do PP é a falta dunha altenativa. A decepcion co Bipartido xerou unha falta de credibilidade da "esquerda institucional", e por extension, no conxunto da esquerda.

Despois do que foi Nunca Mais, as Folgas Xerais contra Aznar e as loitas contra a guerra, as expectativas cara o Bipartido, e no concreto no BNG, foron moi grandes. A poboacion esperou moito, e recibiu case nada: un Consorcio de Igualdade, unhas seleccions galegas e unha timida defensa da lingoa. A isto, mais ou menos, reducese as aportacions sociais -¡Sociais!- do Bipartido.

A sua experiencia, da que é preciso tirar todas as suas conclusions cara o futuro, é que o desenvolvimento social da Galiza é incompatibel cos marcos xuridicos e economicos do poder da burguesia, é dicer, o actual rexime da Transicion. Porque para mellorar cualitativamente a situacion do pobo traballador ou bipartido rompia cos criterios de division de traballo no Estado Español, que pretende condena-lo ao atraso e a emigracion, ou non era quen de satisfacer as necesidades dese pobo.

As estructuras institucionais e politicas concretas deste marco, onde agochase esta loxica e os seus mais coerentes representantes, os Pperos, non so non foron tocadas, senon que em moitas ocasions o único que aconteceu foi un troco nas persoas, non nas políticas nin nas formas, como o recurso à subvencion ou a "xestion privada" do servizo publico. Mantiveronse os concellos pequenos, as deputacions, non se agruparon concellos em comarcas e areas metropolitanas, claudicando aos poderes locais do PP e do PSOE, etc.

Neste sentido, mesmo as "estrelas" do Bipartido na planificacion econômica como foron o Plan Eolico, co que pretendia sentar a bases dun desenvolvimento autônomo galego no térreo da xeneracion de enerxia, e a Bolsa de terras, chocaron frontalmente côa estrutura centralista do Estado Español e os seus axentes na Galiza (os especuladores e o entorno do PP), pois ainda sendo medidas burguesas, avanzaban no camiño dunha descentralizacion da economia que a burguesia española non esta diposta a aceptar, pois perderia a base do seu poder.

Por isso, cando Quintana, ainda sendo Vice-presidente da Xunta, afirmou que "non ia contra ninguen", estaba desarmando as suas bases, deixandoas sem proxecto social fronte ao PP e o PSOE. ¡Como que non ían contra ninguen!. El pode pensar o que queira, mas a campaña da direita española, da Voz de Galicia e os cipaios "galegos", o servizo do máis retrogrado da sociedade galega, demonstrou que si ia contra alguen, e este alguen puxo toda a carne no asador para botar fora ao bipartido, e renovar a relacion de dominacion do capital galego e español sobre o pobo traballador galego.

A reconstruccion da esquerda sobre novas bases

O bipartido expresou os limites dunha concepcion da politica "institucional", baseada nuns acordos com forzas políticas tamen inimigos da clase traballadora e dos oprimidos como o PSOE, que desde o goberno central esta a facer unha politica semellante á da Xunta do PP. Poren, esta alianzas non afortalan o movimiento popular, pola contra debilitan por que disfrazan a un dos inmigos como "progresista" e de "esquerdas", e disolven a necesaria confrontación social na defensa das conquistas sociais, nunha política de "xestion", na que a política fica reducida á máxima conservadora da "arte do posible", cando a política ten que ser a "arte da transformación da realidade".

A via electoral do BNG, e non só do BNG, para acadar un maior autogoberno demonstrouse valeira de contido, como un choro de máis autonomia, que non "ia contra ninguen". E hoxe as xentes da esquerda galega no traballo, nos movimentos sociais, na intelectualidade, que maioritariamente movianse o redor do BNG, fican nunha diáspora soterrada, sem claridade, sem proxecto alternativo, nin ao PP nin ao PSOE.

Os orzamentos do PP demonstran que eles, os burgueses, os especuladores, a direita cristia, os fundamentalistas do mercado e o neoliberalismo, si saben contra quen van: contra a clase traballadora, contra as mulleres, contra os gays, contra a terra, etc., e frente a eles non collen alternativas formais, trocos cosméticos que manteñan a esencia das relaciones sociais dominantes, capitalistas.

Nun periodo de crise como o actual, calquer proposta contra as politicas de reforma laboral, de privatizacion, de outra politica orzamentaria, etc., apunta contra o corazon do sistema, a propiedade privada. Un exemplo claro disto é o que esta a acontecer co hospital Povisa en Vigo.

Mentras a Xunta e a empresa menteñen unha liorta sobre uns millons de euros, os traballadores e as traballadoras do centro e os 150 mil viciños que atenden son secuestrados por uns e por outros, cunha ameaza de ERE, peche, despedimentos e desaparicion da atencion sanitaria en Vigo.

Isto pon de manifesto, un, que a xestion privada dos servizos publicos só é un negocio, e o servizo unha mentira (como dixeron os bombeiros o ano pasado, "publico é servizo, privado é beneficio"), dous, que a unioca alternativa é a desaparicion da propiedade privada do hospital, e a súa nacionalizacion. Mas como non fiamos na Xunta, nin nesta nin ningunha que a corto prazo poda vir, esta nacionalizacion ten se que facer baixo control dos traballadores e traballadoras e do usuarios.

E isto non é capitalismo.

De igual xeito podemos falar da loita contra o desemprego. No estado español o crecemento da precariedade, os contratos a tempo parcial, etc., demonstran que a loita contra o desemprego pode facerse sobre a base do reparto do traballo entre todos; mas, e aqui comezan as diferencias, sen que haxa unha reduccion do salario. Os contratos a tempo parcial so agochan unha trampa, reducense as cotizacions á Seguridade Social, mas non a xornada real, que na maioria das ocasions segue a ser de 8 ou mais horas.

A reduccion da xornada laboral sen reduccion do salario tampouco é capitalismo.
Agora estamos diante dunha ameaza contra a idade de xubilacion, que na Franza xerou grandiosas mobilizacions. Calquera con dous dedos de frente entende que se a idade de xubilacion aumenta, os xovenes teran dificultades para atopar traballo, pois o posto estara ocupado por unha persoa maior. Porque o fan, sen lugar a dubidas para favorecer os plans de pensions privados, para dar entrada ás aseguradoras, bancos e demáis no negocio das pensions. Por iso, a unica maneira de enfrentar o problema da xubilacion cara a resolucion do desemprego, é reducindo a idade para ter direito a pension e establecendo o contrato de relevo, que sustitua ó "maior" por un xoven nas mesmas condicions que tiña.

E isto tampouco é capitalismo.

Para loitar contra o desemprego o estado e a Xunta terian que facer un plan de obras publicas e infraestructuras que xeren postos de traballo directos desde a administracion, e a partir das necesidades reais da pobacion (colexios no rural e mais no urbano, transporte de proximidades publico, hospitais e centros de saúde, centros de dia para xubilados e dependentes, etc., etc.) e non leas sobre o transporte para privilexiados como o AVE ou o avion, investimentos multimillonarios en Cidades da Cultura ou Portos Exteriores superfluos.

E isto tampouco é capitalismo.

O deficit que xustifica os orzamentos "austeros" de Feijoo, como os de Zapatero, foi xerado polos miles de millons de euros que gastaron no resgate da banca e das empresas, nun prestamo a fondo perdido, que agora temos que pagar a clase traballadora coa perda das nosas conquistas. Mentras, suprimen impostos aos ricos como o do patrimonio, ou rebaixan os impostos directos, mentras suben os indirectos, os que pagamos por igual todos teñamos a renda que sexa. Cando a loita contra o deficit recadar mais diñeiro, nacionalizando a banca e establecendo impostos progresivos, que pague mais quen mais ten.

E isto tampouco é capitalismo.

Além mais, a reducción de gasto non ten que recair sobre as costas do pobo traballador. Outra politica orzamentaria mantería o gasto ou incrementaría, mas si reduciría un gasto de persoal: os salarios de todos os representantes publicos, desde o presidente do Goberno (a monarquia non o reduciria, faria desparecer) ate o ultimo concelleiro ou carrego de confianza, deixandoo no salario medio da clase traballadora.

E isto tampouco é capitalismo.

O capitalismo vai, como é visible en toda Europa (e no mundo), por outros camiños, opostos polo vertice a istos exemplos de medidas que se ponden aplicar, e a experiencia do Bipartido demonstrou ao pobo os limites da politica da esquerda institucional, que non vai o fondo dos problemas, senon que limitase aos trocos cosmeticos do capitalismo.

A reconstruccion dunha forza de esquerdas, que sexa realmente transformadora, tem que recuperar o fio da loita de clases (frente a posicion choromicas dos Quintanas na esquerda, de "non imos contra ninguen"), da confianza en que só a mobilizacion da clase traballadora e os oprimidos é a forza do cambio, e que ninguna cupula dirixente pode sustituila.

Propor outra politica economica e orzamentaria, que sente as bases dunha saída obreira e popular á crise, supon pór de novo a politica no posto de mando, nas antipodas do que hoxe se entende por "politica" na esquerda (na direita, desde sempre, a politica é o negocio), concebida como a xestion nas intitucions, que esquece a esencia de transformar a realidade dun sistema, o capitalista, explotador da clase traballadora, saqueadora dos pobos e liquidadora da terra.

Para avanzar neste camiño é preciso combinar o fortalecimento das opcions politicas que si teñen claro contra quen loitar, contra a burguesia e os seus gobernos, coa superacion do sectarismo que en moitas ocasions, froito desa diapora xerada pola decepcion, leva á autoafirmacion esteril.

A esquerda transformadora revolucionaria ten que avanzar nuns "estados xerais" onde se debata abertamente cal é o proxecto social da clase traballadora e os oprimidos no seculo XXI, asi como o programa politico que leve á transformacion socialista da sociedade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.