1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Razons para unha folga... e mais

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 13 Setembro 2010 02:00

Roberto Laxe

A Rede e os medios estan cheos de artigos con "razons" para a folga do 29, como se alguen tivera que convencer á clase traballadora do que vê a cotio: despedimentos, agora xá baixo a nova Reforma Laboral em vigor desde há meses, rebaixas nos salários e ameazas ás pensions, privatizacions, côa inestimable colaboracion do PP ali onde goberna (a Xunta sen ir máis lonxe).


Os motivos para esta folga, e para dez mais, existen desde que deu comezo a crise, xá há mais dous anos, e existían antes, cando o goberno ZP, sutilmente, traiu todas as promesas que fixera cando foi posto no goberno polo movimiento popular do 11 M, baixo o lema e "mañan votamos, mañan vos botamos". ZP traiu ao xoven que a noite do 11 M berrou, "non nos falles". Fallou como moitos anunciamos.

Diste xeito abrironse as portas para que o PP crecera, e ameazara coa volta ao goberno. Ningun dos responsabéis de catástrofes convertidas em atentados contra un pobo nin, sobre todo, da complicidade cun xenocidio foron xulgados, a ningun se lle pediron resposansabilidades por tanta mentira, falsidade, ameaza, e destrozo. Todos eles podem voltar ao goberno, porque nin o ZP, nin os seus aliados -IU, ERC, BNG, CCOO e UXT- quixeron exixir responsabilidades.

Todos estos anos o goberno ZP contou co apoio, a defensa e desmobilizacion dos que agora convocan á folga xeral, eles son os responsabéis de que o PP e as forzas mais oscuras do franquismo estean moi vivas dentro do aparello do estado da Transicion, no Poder Xudicial, no exercito, na Igrexa, e na patronal, no mundo financeiro, etc.

E abriron as portas, porque ao final, o PSOE, como bo partido dun sector da burguesia que é (a "moderna"), asumiu as receitas do neoliberalismo, esqueceu as suas promesas dun "novo modelo productivo", de rexeitar o despedimento libre, e como converso que é, desata o ataque contra a clase traballadora, que tem como efecto "colateral" os intereses das cúpulas sindicais e da esquerda institucional, e por elo non teñen mais remédio que contestar cunha Folga Xeral.

Bem, agora xá estamos todos. Os que o longo destos anos deron o seu apoio a ZP, e os que desde que chegou á presidência do goberno chamamos a organizar a oposicion de esquerdas, xuntos de novo contra un goberno,... mas?. Porque diante desta situacion, cós que ate fai dous dias apoiaban ó goberno, e agora berran "dimisión" é difícil fiarse deles.

Alem mais, tal e como teñen prantexada a folga, e non o ocultan nos seus obxectivos de non derrotar ao goberno senon forzar a volta ao dialogo social fracasado, a desconfianza cresce xeometricamente, non só dos que xá non fiamos neles; senon do conxunto da poboacion traballadora. Cómo apoiar unha medida de loita dunhas cúpulas sindicais e políticas que cando estaban (in pectore) no goberno, foron incapaces de frear á patronal e a direita.

Non estaremos abrindo as portas á isa direita, este vai ser un dos argumentos centrais contra a folga. A qué direita? Preguntanse moitos. Como si facer Reformas Laborais, privatizacions, ou mantermos na ocupacion de Afganistan fose de esquerdas.

Mas, para que unha mentira teña peso na sociedade tem que ter elementos de verdade (senon seria incredibel), do PP xá sabemos o que é neofranquista, antiabortista, machista, e guerreirista, que nos meteu na Guerra de Iraq e Afganistan, non o esquezamos, centralista español rancio que deixa ó PSOE perto do nacionalismo (de feito, ERC e o BNG foron, com outros, o seu apoio). Tudo isto é certo. Ao PP temos que derrotalo como representante político do continuísmo do franquismo no rexime da Transicion, ao que nunca condenou. O PP agrupa aos franquistas que hoxe toman folgos desde as suas tribunas nos médios (desde La Razon ate Intereconomia), é unha franquicia electoral do mais corrupto e reaccionario da sociedade española.

A folga xeral é, tamen, umha medida contra o PP.

A Folga Xeral é un momento de loita da clase traballadora como tal, é unha ferramenta de mobilizacion social que non é asumible por ningun outro sector social que os asalariados e as asalariadas. Un pequeno empresário pode pechar o seu negocio, mas isso non é folga, senon peche patronal, pois a folga fanna aqueles que venden a sua forza de traballo por un salário, e deixan de producir para o patron, pequeno, mediano ou grande. Evidentemente, unha folga xeral pode atrair o apoio e a solidariedade dos pequenos empresários, dos autônomos, afectados pólas políticas do goberno, pólas subas dos impostos, a queda dos precios, etc.; mas a Reforma Laboral so afecta aos asalariados/as. Alem máis, os pequenos empresários, todos aqueles que teñen un asalariado, vem com bos ollos a Reforma Laboral, a posibilidade de decolgues na negociacion colectiva, o abaratamento do despido, etc.

Por este motivo, a Folga Xeral é contra a burguesia como clase, e polo tanto contra o PP como partido burguês que é. Mas, se a Folga Xeral non chega a ningun resultado concreto para a clase traballadora, se non consigue xerar na clase un aumento da mobilizacion contra as políticas que vem, como o recorte das pensions e o aumento da idade de xubilacion, contra as privatizacions, etc., pode volverse contra a esquerda.

A Folga Xeral concebida como un dia no que, semella, vaise resolver todos os problemas da sociedade é unha falácia, é unha concepcion relixiosa da mobilizacion social. Se quisermos frear as políticas do goberno, temos que ir a unha mobilizacion sostida no tempo, e colocar no centro o debate político, por que o 29 vai ser unha folga politica, bem politica, de clase contra clase, que tem que inscribirse no proceso de reconstruccion da conciencia e organizacion politica da clase traballadora.

A poboacion traballadora sabe que para mellorar a sua situacion, non abonda com derrotar ao goberno do PSOE, há que evitar outros anos como os de Aznar, só que côa cara de Rajoy. E para isso é preciso que o 29 sexa a porta aberta a algo máis.... E esse mais tem dous nomes, un, a mobilizacion social sostida por unha saída obreira e popular á crise, dous, a construccion do referente político que realmente de a resposta no térreo da politica aos partidos tras os que se agochan as políticas burguesas, se chame como se chame esse partido. Un referente político que non teña no seu código xenetico a procura dun pacto com gobernos como o de ZP, que disfrazados de "progresistas", sexan pro capitalistas, senon que teña como sinal de identidade a loita pola independência da clase obreira a prol da transformacion socialista da sociedade.

Poren, abondan as razons para ir á folga o 29, mas a exixencia tem que ser, Folga Xeral ... e mais. E temos que organizarnos para impulsar esse "... e mais", porque as cúpulas e moitas das organizacions que impulsan a folga non estan a tarefa de desenvolver na poboacion traballadora a mobilizacion sostida que derrote ao goberno do PSOE e impida a volta do PP ao goberno.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.