Tarde, mas ao fin unha folga xeral contra as políticas do goberno, no cadro dunha Xornada de Loita europea contra as políticas de Bruxelas de descargar os efectos da crise nas costas da clase traballadora. Xa esqueceron a "refundacion do capitalismo" do ano pasado, cando todo o sistema financeiro viña abaixo, e agora xá teñen a bruxula que perderan: planos de austeridade no gasto social, recorte de salários e das pensions, privatizacions a esgallo e Reformas Laborais para forzar aos traballadores e traballadoras a coller calquer traballo que se lles ofreza (e logo falan de liberdade), quitando o sustento, o seguro de desemprego, se negan a coller a "merda" que se ofrece.
Este é un dos elementos característicos desta folga, o seu caracter europeo. É a primeira vez que toda a clase traballadora da Union Europea, dos gregos e os portugueses, dos franceses e os alemans, dos italianos ou os belgas, vai respostar a tempo as políticas da Union, dos seus gobernos. Esto é un feito histórico na unidade da clase obreira para que a crise a pague o capital que pon aos internacionalistas e anticapitalistas diante de retos novidosos, avanzar na organizacion da nosa clase a escala continental. Para elo xá estan convocados cumios da esquerda sindical para os vindeiros meses em Roma e Grecia.
Mas esta Folga producese nun cadro no estado español, por seren suaves, "peculiar". O rexime da transicion non esta nos seus mellores momentos: a enfermedade do Bonaparte Borbon, institucion fundalmental, garante da unidade de España e do seu caracter herdeiro do franquismo, xuntase ao desprestixio da xudicatura, do Tribunal Supremo trás o asunto Garzon, e do Tribunal Constitucional côa sentencia sobre o Estatut catalan.
Crise bioloxica e politica em institucions fundamentais do rexime do 78 como estas duas; mas non van moi atrás o desprestixio dos partidos chaves da restauracion monárquica do 78. A poboacion afastase cada vez mais dos dous partidos básicos, o PP e o PSOE. A direita extrema, como din alguns, ainda mantendose na disciplina do PP, cada vez mais fai o que lle peta (Aznar vai de por libre), e mantense nela porque hoxe o PP é unha franquicia que lles permite acceder a cargos públicos.
Pola sua banda o PSOE, no goberno, enfrentase á que ate o de agora foi a sua base social, a clase traballadora nos seus sectores mais estables. A Reforma Laboral é un atentado mais contra a estabilidade no emprego de aqueles, os traballadores e traballadoras das grandes empresas; o retraso na idade de xubilacion e mesmo a posiblidade de proibir as prexubilacions; o recorte nos salários dos funcionários, etc., cortan os amarres côa base social do PSOE, que lle conduciu a ruptura côas direccions sindicais, que teñen o seu apoio nestes sectores do asalariado.
As forzas da esquerda do PSOE, tanto nacionalistas como estatais, incluídas as direccions sindicais, estan atadas a un rexime que cada vez mais semella un queixo de Gruyere, e fan de flanco de esquerdas deste rexime, convertindose, diste xeito, em parte do problema e non da solucion.
Isto podemolo ver como enfrentan as loitas dos últimos meses: em todos os casos, a tendência é a instrumentalizar as mobilizacions sociais ao servizo dos reditos electorais, e non da victoria da loita a través da unidade e a mobilizacion masiva da clase traballadora. Isto, poren, explica o atraso na convocatória da Folga Xeral: as cúpulas de CCOO e UXT non sentiron em ningum momento a presion da sua esquerda para a convocatória. So em Euskadi fixeron convocatórias ao marxe da opinion de CCOO e UXT; na Galiza a direccion da CIG rexeitou a posibilidade, esquecendo o que fixera o 15 de xuño do 2001, cando convocara xunto côa UXT e contra a opinion de CCOO e de todos médios.
Neste cadro, côa direita forte pola debilidade da esquerda, oficial ou non, o rexime e o seu goberno, adopta as medidas de Reforma Laboral, de austeridade, etc. Mas non son uns planos coiunturais, para sair dunha pequena crise, se non que son políticas estructurais, que procuran mudar (ou manter) a estructura das relacions laborais.
A Union Europea impuxo ao goberno ZP unhas políticas de axuste e austeridade para manter a division do traballo na Europa, na que a clase traballadora española (e galega), como a grega ou a portuguesa, segue a ser man de obra barata e pouco cualificada. Para elo, non abondan planos coiunturais, e por isso, a patronal e o PP, ainda estando contentos com a Reforma aprobada, exixen mais.
E isto non o estan a dicer os dirixentes sindicais: o plan non é marxinal (ainda que a Toxo se lle escape, dun xeito publicitário sem explicar, que é a reforma laboral mais profunda da democracia), é parte dun profundo plan para sacar a capitalismo da pior crise desde, alo menos, os anos 70.
E as direccions políticas e sindicais actuais, atadas ao reximen que promociona estas políticas, non teñen nos seus obxectivos enfrentar estos retos que o capitalismo pon sobre a mesa. Chegalles com mesas de negociacion, co dialogo social onde "humanizar" o capitalismo.
Anos de despolitizacion fomentado desde as cúpulas sindicais e políticas oficiais, reducindo todo á xestion, xestion individual dos problemas laborais no caso sindical, xestion dos asuntos veciñais ou cidadans noutros casos, fan que hoxe os proxectos que desde a esquerda oficial erguense non vaian mais alo da discusion se a alternativa un capitalismo "brutal" ou un capitalismo "humano".
Isto traducido a propostas programáticas na esquerda oficial desaparecen calquer referencia a medidas anticapitalistas: o "novo modelo social" defendido tanto por IU como polo BNG ou a CIG vai dirixido a "aumentar os investimentos productivos", é dicer, a que un sector da burguesia melloren as suas condicions de explotacion.
Faise moi difícil achar propostas como reparto do traballo sem reduccion de salários, exixencia de devolucion do diñeiro prestado á banca baixo ameaza da sua expropiacion, xubilacion aos 60 e contrato de relevo, reduccion do salário dos cargos públicos ao nível dun obreiro médio, expropiacion e carcel para os empresários que pechan fraudulentamente (comezando por Diaz Ferran), renacionalizacion dos servizos públicos baixo control dos traballadores e os usuários, por un sistema fiscal progresivo, que pague máis quen máis tem, plan de obras publicas a partir das necesidades sociais (o caso Galego é paradigmatico, o BNG discutindo com o Ministro Blanco sobre as autoestradas ou o Eixo atlântico, e esquecendo o transporte ferroviario de proximidades, sem ir máis lonxe, é patético), etc.
Bem, pois son delegados sindicais, sindicalistas educados nesta despolitizacion, acostumados a un "sindicalismo" de xestion, de despacho, os que van dirixir a folga do 29. É evidente que existen moitos delegados e sindicalistas honestos, mas a maioria deles foron elixidos nun contexto moi distinto dos retos que tem diante de si a clase obreira galega.
Hoxe a burguesia, os capitalistas, rexeitan o despacho e a traves das políticas da Union Europea e os seus gobernos lle teñen declarada a guerra á clase traballadora. A batalla esta no tellado da politica e na rua, e non no despacho.
Por outra banda, as cúpulas sindicais estan cheas de ideoloxia burguesa, capitalista, de enfrentar a crise cós métodos do inimigo de clase: as súas medidas non pasan da humanizacion do que a direita exixe. E isto trasladarono ao sindicalismo que a cotio fixeron, admitindo EREs e privatizacions, reduccion de salários e despedimentos, rexeintando a unidade nas loitas que se deran, e retrasando a convocatória dunha folga xeral ate que xá, alguns -e non so entre os burgueses, senon mesmo na clase traballadora-, comezaron a pensar que os sindicatos non servian para nada.
Isto leva a un desprestixio cada vez maior das cúpulas, dun divorcio entre o "sindicalista" de despacho e a sua base traballadora, de tal xeito que hoxe a folga do 29S, ainda sendo necesaria, aparece diante de moitos como inútil para enfrentar o que temos que enfrentar, a crise do capitalismo.
Sensacion que xuntase a dous feitos: un, a convocatória, como dixen, fixeronna afastada das loitas obreiras concretas, das folgas dos metalurxicos, do metro, das loitas do Consorcio, da Escola de Idiomas, do idioma, dos EREs, etc., etc., como se fora un dia "feriado" e nada máis. Dada a gravidade do que esta a acontecer, isto soa a xustificacion.
O outro elemento é que a convocatória foi sem ser parte dun proceso de asembleas em centros de traballo e fábricas, onde se debatiran as medidas da Union Europea e do goberno, e que medidas de loita, non só un dia de folga, senon que PLAN DE LOITA aprobabase ate derrotar as polticas dos gobernos.
Todo isto xunto, fai da convocatória do 29 unha folga necesaria, que temos que garantir, mas non vai resolver o problema. So facendo un plan de continuidade é posible facer retroceder aos gobernos europeos.
O feito de que a folga sexa parte dunha xornada europea lle confire unha particularidade, relativizando o seu resultado. Se a folga non é un êxito, más a clase traballadora europea sae masivamente á rua, é posible facer retroceder a Union Europea e, derivado delo, ao gobernó ZP. Pola contra, se a folga sae bem, mas a clase traballadora europea non sae a rua, só clase obreira española non pode cuns plans que non só exclusivos de ZP, senon de toda Europa.
Por isso, esta folga tem un profundo caracter internacionalista, facendo interdependente a clase obreira do conxunto do continente. Parafraseando a Marx e Engels, "proletarios de toda Europa, unide-vos", o que traducido a proposta concreta, avancemos nun plan de mobilizacions europeo, que non descarte a convocatória dunha folga xeral na UE, fortalecendo a unidade da clase traballadora Europea contra os plans de Bruxelas e os gobernos da Union.
Para chegar a ista estacion é preciso agruparmos os traballadores e traballadoras, os sindicalistas honestos que non cren nas palabras valeiras de contido dos actuais dirixentes, os estudantes e veciños em loita contra as privatizacions dos servizos, e constituir comitês de apoio e extension, plataformas, ou o como se queiran chamar, para levar aos centros de traballo e estudo, ás asembleas de traballadores e traballadoras, de estudantes, de Barrios, a proposta dun plan de mobilizacions para que a crise a pague quen a criou, os capitalistas.
O 29S tem que ser unha estacion neste camiño. Se fica nun dia "feriado" co desconto do salário correspondente, cumpliranse as piores expectativas e non servira para nada.
Galiza, 26 de agosto do 2010