Para eles é dificil entender que todo na Galiza, goste ou non aos mais españoleiros -e con isto refirome aos PPs, PSOEs, Podemos, e IU-, está atravesado por este feito nacional, expresado nun atraso imposto o longo dos anos (Irmandiños, loitas contra os foros, revolucion 1847, republica, etc.) por umha división do traballo no estado español, no que Galiza sempre foi subministrador de man de obra barata (emigración) e materias primas, e cun sistema financeiro e gran industria que adicase á extraer a plusvalia da clase traballadora para reinvestir nas suas sedes sociais en Madrid, Barcelona, Bilbao ou fora do Estado (Alcoa).
Que non ha umha separación formal entre as reivindicacions sociais da clase traballadora galega por mellores salarios, mellores condicions de vida (transporte publico ferroviario inexistente) coa realidade de Galiza como nazón; pois a sua situacion derivase directamente da opresión nacional que sufre, e da que son complices os gobernantes, tanto centrais como os seus axentes na Xunta.
Por iso o nacionalismo galego é maioritariamente de esquerdas; porque o ligar as duas reivindicacions fai que sexan de esquerdas. A burguesia pode exixir direitos nacionais, nun momento dado (como Artur Mas); mas o que nunca poderá facer é defender os direitos sociais e da clase traballadora.
En Catalunya ou Euzkadi, con burguesias nacionais fortes, a reivindicación nacional é separable das reivindicacions sociais, ainda que saibamos que polo seu caracter reaccionario ambas burguesias nunca chegarán ate o final na su loita polos direitos nacionais, suporía farcer umha revolución democrática que poría en cuestión os seus privilexios.
No caso galego, e aquí ven a complexidade que asusta aos de Cs, a ligazón é directa: só rompendo co rexime do 78, e exercendo o direito á autodeterminacion (incluida a independencia), é posible situarse en mellores condicions para resolver o atraso inducido da Galiza
Mas Galiza chega tarde ás loitas de liberación nacional, hoxe non ha nengun sector burgués co que aliarse, disposto a ir a unha revolución burguesa que lle de estado proprio, senon que esta clase, e no caso galego mais que mais, é parte dumha clase estatal que xa ten o seu estado, o rexime do 78, o seu organismo supranacional, a UE; non precisa outro.
Por iso, a perspectiva estreita da construcción nacional sen contar coa clase obreira estatal e europea é umha utopia sen saída. Os direitos nacionais da Galiza liganse estreitamente á loita da clase obreira española e europea contra o Rexime do 78 e a Unión Europea.
Esta complexidade é o que non entenden os "españoleiros" de toda cor.