1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Podemos como problema e non como solución

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 02 Novembro 2015 16:31

Agora entendo ese agasallo de Xogo de Tronos ao rei Felipe VI, en realidade estaban dandolle un consello: "quitemos a Rajoy" que son o eixo do mal, incapaz de garantir a unidade de España (Errejon dixit), e poñamos a representantes da "nova" politica, como nós, como Ciudadanos ("se seguimos asi, presentamosnos xuntos", Iglesias dixit no programa de "debate" con Albert Rivera en Salvados, confirmado polas cinco condicions de Podemos para a rexeneracion democrática, que son asinables por Ciudadanos), ou o "novo" PSOE de Pedro Sanchez (para iso quitaron á imaxe rancia de Rubalcaba). Xogo de Tronos, quitate ti para que entre eu...


E o final, a politica é igual: garantir a unidade e estabilidade de España, dentro da OTAN ("non tocaremos os pactos das bases militares", representante de Podemos por Sevilla dixit) e a UE (o obxetivo non é romper coa UE, é a sua reforma, Iglesias dixit).

Podemos dalgún xeito hoxe é o PSOE dos 80, garanten ao capital a estabilidade politica que precisa para manter a explotación dos traballadores e traballadoras e a opresion dos pobos (internos, "unidade de España" e externos, "a OTAN"), a través de atar ás forzas politicas que podan romper esa estabilidade: ANOVA na Galiza, que entrou polo aro, as bases de Compromís en Valencia rexeitaron o acordo (a ver se ANOVA aprende); fixoo nas Catalanas co acordo que levou ao IcV e EUiA ao fracaso.

E os que non aceptan esa loxica, como o BNG -e insisto, estes teñen a sua penitencia propria pola su inconsecuencia ao se atar a forzas burguesas como CxG ou Terra Galega-, e calquera é outra é o sectario... mentras eles son presentados polos medios como os unitarios.

Podemos como o problema e non a solución

Ao reducir a pelexa politica no Estado Español a acabar co PP, estase simplificando o que é o problema central, a crise do rexime. De igual xeito qeu reducir o proceso catalán a Artur Mas, como se éste fose o xermolo do independentismo catalán (e como fan todas as forzas polticas, comezando polos adalides do cambio, Podemos: "Rajoy foi o mellor director de campaña de Mas, e éste está favorecendo a permanencia de Rajoy", o "guru" Errejon dixit), é un erro consciente para negar diante da poboaciòn española que o proceso catalán nasceu moito antes de Mas, e non morrera con el (alen dun insulto á intelixencia de millons de catalanas e cataláns, que estan pola soberanía, estea Mas ou non), pechar o problema do Estado Español ao PP, ou como moito ao PPSOE, é ignorar conscientemente que a crise afecta a mais institucions, a todas as institucions, do rexime, e nomeadamente algumhas das mais importantes (que non é o goberno de quenda), a xefatura do estado e a xudicatura: 15 mil xuizes e fiscais europeos (si 15 000) peden o indulto a Garzon, e isto non vai contra o goberno, que nun momento electoralista podería concedelo, senon contra quen perseguiu a Garzon, o Poder Xudicial e o Tribunal Supremo. Poderán mirar para outro lado, mas o feito é ese, a xustiza europea esta cuestionando á xustiza española.

Reducir todo o puzzle español de cuestions de clase (aumento da riqueza dos mais ricos, e a baixa dos salarios de tal maneira que no PIB hoxe as rendas salariais están por baixo das rendas de capital, sendo elas as que pagan o fisco) e cuestión nacional (desafio catalan, e despois o basco, e os problemas na Galiza) a un: "todos contra o PPSOE" só procura evitar ir á raiz dos problemas, un estado herdado do franquismo, adepto á OTAN e á UE, deixando todo numha das partes, o goberno.

Como esta mensaxe ven dos que, suponse, son as "extrema esquerda", aparecen como marxinais todos os discursos que van mais alo da contradicción "vella politica"/Bipartidismo, "nova politica"/cuatripartidismo; os discursos que poñen no centro o rexime do 78, e non só umha das suas partes, e non a mais importante, o goberno.

Podemos, hoxe, é o problema central para a reconstrucción dumha esquerda de clase, verdadeiramente transformadora; o seu papel esta claro: ser un freo para ese proceso, absorvendo as forzas que se poden liberar dos partidos que fracasaron na loita contra o rexime, ou ben porque facian parte del como IU, no seu flanco de esquerdas, ou ben porque se foron integrando nel, o BNG. Podemos recolle ós restos destas organizacións que rompen con elas pola direita, coa conciencia do "fracaso" das suas opcions de cambio.

Mas, todas aquelas persoas que valoramos xusto o contrario, que se esas forzas fracasaron foi por que cometeron os erros que hoxe levalles a Podemos, o electoralismo e aceptacion do rexime, a renuncia á mobilización social e, sobre todo, o cidadanismo, é dicer, a renuncia á poñer a loita de clases, a loita do traballo contra o capital, no centro, temos que poñernos á tarefa de construir esa alternativa desde a clase traballadora, para enfrentar a forma actual no que o capital a explota, o rexime do 78.

Non caiamos na trampa de cinguir o puzzle español á umha persoa ou umhas siglas, e non perdamos de vista que a "emerxencia social e nacional" da que falan alguns que pactaron con Podemos está xerada por un sistema, o capitalista, do que esas persoas e siglas son só umha parte.

A loita contra a parte (o arbore do goberno) que non nos impida ver o bosque do rexime e o capitalismo. Non caiamos en trampas que limitan a nosa loita.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.