1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

R para Euskatel...

Roberto Laxe - Publicado: Domingo, 26 Julho 2015 19:07

Segue o desguace da Galiza. E que non veñan certos sectores da esquerda decindo que Galiza non é unha nación oprimida, e que iso non interesa á clase traballadora.


 Eso é un parvada dun calibre monumental: tras a venda de Fenosa a Unión Electrica perderonse 800 postos de traballo, que recalaron moitos en Madrid. Tras a reconversion de Astano, centos de traballadores de Ferrol fixeron as suas maletas para Getafe, Pinto, etc. (e despois queixanse da perda de poboacion de Ferrol). Mais recentemente, a venda do Banco Pastor ao Banco Popular, centos de traballadores ou perderon o seu postos ou foron para Madrid. Tras a venda do Banco Gallego ao Sabadell, tres cuartos do mesmo.

Tras a venda de Fadesa a Martinsa, mais alo da crise, centos de postos de traballo desapareceron...

A venda de Barreras a PEMEX só ten un obxetivo, recoñecido pola propia Pemex, facerse coa tecnoloxia de Barreras e deixala de lado...

Seguimos? Claro que a venda dumha empresa afecta aos traballadores / as. Mentras o sistema sexa capitalista, os traballadores / as estarán donde estan as empresas, goste ou non.

Mas o de Galiza é de xulgado de garda; mentras todo esto acontece, desde a Xunta, os partidos institucionais, e demáis miran para outro lado, e despois din: perdemos poboación. Cómo non imos perder poboación se os postos de traballo desaparecen! Para saber iso non é preciso xuntar aos grandes capitostes, como fixo recentemente a Xunta; o que temos que tomar conciencia é do porque deste desguace sistemático da Galiza.

E iso ten un nome: división internacional e estatal do traballo, que se traduce numha condena sistemática da poboación galega á emigración.

Esta división do traballo é evidente en Europa, o norte industrial e financeiro, o sul de reserva de man de obra barata. No estado español esto faise evidente, zonas industriais (Euskadi, Catalunya) ou financeiras e administrativas (Madrid), e os demais a servilos.

Esta división non caeu do ceo como un castigo divino, senon que é froito de seculos de loita e guerras, desde os Irmandiños ate a Guerra Civil, o capital español (castelán radicado en Madrid) impuso o seu estado centralista, marxinando a uns (Galiza), integrando a outros (Andalucia),... Do mesmo xeito que a Historia de Europa desde os albores do capitalismo é a historia dumha guerra permanente para dilucidar quen é o dono do continente -Franceses contra españois, ingleses contra franceses, alemans e centroeuropeos contra Suecos, Alemans contra todos, italianos cambiando de bando, balcanicos pelexando entre si, polacos contra suecos, ....-, ate chegar o seculo XX onde as pelexas europeas tranformanse en guerras mundiais.

A violencia é a partera da historia, e o vencedor impón ó vencido as suas condicions. Esto aconteceu na Europa, e foi como se construiu o Estado Español, a base de guerras, a ultima, a que marca o presente é a Guerra Civil.

O resultado destos conflitos no noroeste español, é que Galiza ten un papel periferico e a sua situación é a dumha nación en desguace/construcción permanente.

A venda de R non é mais que un capitulo nesta historia que algún día, esperemos, o pobo traballador galego poña freo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.