1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Son os banqueiros e multinacionais estúpidos?

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 06 Janeiro 2015 00:06

Esa é unha pregunta que xorde cada vez que se fala de que non hai "crédito" para os sectores produtivos, para as familias, para o consumo.


A banca non dá crédito, por iso a economía esta paralizada; as familias non consomen.... e a economía esta paralizada. E culpan aos banqueiros diso, coma se os banqueiros fosen uns estúpidos que queren afundir a economía, pensando que eles non son "economía".

Non é cuestión de salvar aos banqueiros, que na procura do seu enriquecemento persoal, son capaces de afundir unha economía; pero a banca como empresa capitalista sabe ben que a súa riqueza sae do traballo humano, sábeo perfectamente, porque eles son accionistas ou acredores da maior parte das empresas produtivas, e saben que se estas non funcionan, os seus beneficios desaparecen.

Se os banqueiros non dan crédito, e dedican o seu diñeiro (e o recibido de todos a través dos rescates) á especulación, é porque a crise económica ha xurdido da caída dos beneficios nos sectores produtivos... Dito doutra maneira, se houbese un ou varios sectores produtivos que desen os beneficios aos investimentos que no seu momento deu a construción, o automóbil, a minería, ou o que fose... veriamos como volvía o crédito.

Teñen que recuperar esa taxa de beneficios que ao longo de anos lles deu diñeiro, e iso, a estas alturas do desenvolvemento do capitalismo, ten que vir dunha combinación entre destrución das condicións de traballo da clase obreira, da rebaixa dos seus salarios, a incorporación ao mercado capitalista sectores que hoxe ao ser estatais, escapan ás súas leis (a sanidade, a educación); pero isto non chega... precisan de novos sectores produtivos que teñan unha taxa de beneficios mais alta que a simple especulación.

Os vellos sectores produtivos, sexa o que sexa, están a chegar ao limite (a temida deflación) na taxa de beneficios; a súa capacidade produtiva é tan grande que o valor real da mercadoría aproxímase cero. Pero as súas estruturas empresariais seguen en pé, son as que dominan hoxe o panorama produtivo. Nos laboratorios hai moitas investigacións que poderían dar un salto, non obstante o ?vello? capitalismo, as vellas estruturas de poder, impídeno; como aconteceu nos anos 20 ou 30, que sentaron as bases tecnolóxicas para os anos 50 / 60 e posteriores. Os "adiantos" técnicos que permitiron ese despegamento (a TV, a informática, a aviación, os novos materiais, etc.) estaban descubertos antes da II Guerra. Con todo, o capitalismo precisou desa matanza xeneralizada que foi a II Guerra para sentar as bases sociais e económicas que permitisen ese desenvolvemento. O capitalismo, como din cínicamente Schumpeter, precisa da "destrución creativa" para desenvolverse; o drama é que estamos nun nivel tan alto de avances tecnolóxicos que ou se planifica democraticamente a economía ao servizo da poboación traballadora, ou o mundo asómase de novo á barbarie.

Os banqueiros e as multinacionais non son estúpidos, son, simplemente, capitalistas atados por unhas leis económicas que actúan queiran ou non. Por iso, centrar as críticas na chamada "oligarquía/caste" ou como se lle queira chamar, e contrapolo aos sectores produtivos, coma se estes non estivesen atados tamén ás leis do mercado e a explotación capitalista, é un engano á poboación. É unha volta ao carrillismo dos anos 70, cando na crise do franquismo, buscaba capitalistas "non oligárquicos" cos que pactar a Transición, e atopounos... O final deses pactos é de todos coñecido.

En Galiza a 1 de xaneiro de 2015.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.