Enfronte, umha poboacion que activa ou pasivamente, demonstrou que Felipe VI vai ser o "breve". As supostas multides arengadas polos politicos mais dereitistas, como Botella o Ignacio Gonzalez, non apareceron por ningures e non pasaron duns miles de persoas, menos mesmo que os que habitualmente andan polo centro de Madrid.
E para evitar que esas multitudes si apareceran, mas baixo as bandeiras republicanas, declararon o estado excepcion na capital do Estado, coa desaparición dos directos civís de expresión e manifestación, e a toma policial da cidade.
Quixeron resolver a crise aberta pola dimisión de JC en 15 días, e o unico que demonstraron é a febleza coa que nasce o novo rei. Poden facer todas as trampas que queiran, poden silencia-lo, poden ollar para outro lado e presentar "normalidade"; mas non é normal nen democrático o que aconteceu onte, 19 de xuño.
A burguesia, os seus politicos institucionais e as institucions do rexime, desde a xustiza ate a igrexa saben que teñen un rexime agonico, debil e sen autoridade para impór as medidas que precisan para aumentar os seus beneficios, pagar a debeda á banca española e extranxeira, e achar novos "nichos de mercado" nos servizos privatizados.
Saben tamen, que as nacions como Catalunya, Euskadi e Galiza sintense a disgusto neste estado de cousas, cuxos estreitos marxes de concesión xa non lles serven para mellorar a sua situación.
Eso saben-no eles; perfectamente, ainda que o escondan diante da cidadanía a través dos seus medios de propaganda chamados canles de TV e xornais. Por iso, as medidas de excepcion adoptadas nestos dias anuncian "malos días para a etica". Porque se o novo rei non ten ningun apoio que non sexan as minorias poderosas, se as institucions do rexime seguen tan corrompidas como sempre, e se a crise segue cabalgando, por moito que fagan malabarismos contabéis para xustificar subas do PIB, está claro vai ser o eixo do novo "reinado", o pao e pouca, moi pouca, zanahoria.
O fracaso estrepitoso do "baño de masas" co que pretendian refrendar o novo rei, para roubar o direito a decidir, fai preciso reforzar o traballo e a movilización polo verdadeiro direito a decidir, e non a pantomima semi feudal do dia 19.
Mas, non podemos ficar no simple direito a decidir. A instauración da republica ten que vir acompañada, se non no é mais que un troco de cromos, dun proceso constituinte que garanta todo o ate hoxe significou de loita contra as reformas laborais e recortes sociais, contra as limitacions dos direitos democráticos e o direito dos pobos á súa autodeterminación, o que inclúe o seu direito a se separar do estado.
As forzas sociais e políticas que onte saímos a rúa, a pesar da "pax" decretada desde os gobernos e os medios, temos que facer o posible para avanzar nas canles de unidade acadadas nestos dias para conquista a creba do rexime do 78.
"A paz reina en Madrid", é a paz da toma policial e a censura nos medios, mas iso non vai frear as ansias de liberdade e xustiza da clase traballadora e as nacions oprimidas.
Galiza, 20 de xuño de 2014