1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

25 de xullo, cara onde avanzar?

Roberto Laxe - Publicado: Quarta, 21 Julho 2010 10:53

Roberto Laxe

Non é un descubrimento que este 25 de xullo producese baixo unha das piores crises do sistema capitalista, com perdas masivas de postos de traballo, rebaixas directas dos salários, privatizacions de servizos a esgallo e ameazas aos sistemas de pensions, etc., nunha historia que vem de repetirse desde Grecia ate Portugal, desde a Grande Bretaña ate Italia.


Nesta situacion todos os gobernos e institucions como a Union Europea comezan a delimitar o terreo de xogo na procura de salvar o capitalismo e recuperar os beneficios dos empresários, com planos de austeridade impulsionados desde a Union Europea e aplicados em todos os estados, e no concreto polo goberno de Zapatero, com reformas laborais e medidas que decargan os custes da crise sobre as costas dos traballadores e traballadoras e dos pobos oprimidos.

Queren devolver á clase traballadora europea á situacion do século XIX, com xornadas de 10 e 12 horas, com a metade dos salários actuais, sem seguridade social, privatizada, co ensino publico convertido nun gueto mentres é subvencionada a privada e a concertada, cós servizos sociais públicos desaparecidos a maior gloria da "caridade" privada, etc. Isto é o que supon as medidas dos gobernos, tanto o de ZP como o da Xunta.

A Xunta do PP ven de engadir a estas políticas o seu grão de área: o saqueo puro e simple do pobo traballador galego. Desde a súa chegada á Xunta, o PP desmantelou o pouco que tiña feito a Xunta bipartida e profundizou nas políticas antiobreiras e antipopulares. A privatizacion progresiva das Escolas de Idiomas, dos Servizos Sociais, do Sergas, do ensino, do Santiago Apostolo, as ameazas ás Caixas de Aforros, nun longo etcetera, fai desta Xunta un goberno que tem un so obxectivo, o saqueo. Cunha orxia privatizadora, a Xunta do PP fai de flanco de direitas do goberno central, xá empeñado nunha campaña de recurtes aos direitos dos traballadores e das traballadoras.

Para conseguir isto teñen que mudar as regras de xogo, e sentencias como a do TC sobre o Estatut Catalan, mais alo do que este non recollera às aspiracions do pobo catalan, demostran que uns xuices interinos teñen mais poder que a decision dun pobo em referendo, e avanzan no camiño do recurte das liberdades individuais e colectivas. Xa non chega unha antidemocrática lei de partidos, xá non que a constitucion proíba o direito á autodeterminación, agora nin tan siquer admitese o termo nacion fora dunha referencia "sentimental".

Alem mais, desde a Union Europea e o goberno central estan aprobando medidas autoritárias, de criminalizacion do "pensamento", que lles permita frear a resposta social aos seus planes pro capitalistas. Porque son conscentes que isto non o conseguiran pólas boas, senon que van ter que enfrentar fortes mobilizacions sociais como as do metalurxicos do ano pasado, as do Idioma, a manifestacion catalan contra a sentencia do TC, a convocatória da folga xeral do 29 setembro ou mobilizacions a nível europeo.

Neste sentido, os traballadores e traballadoras gregos côas suas 5 folgas xerais contra uns planos semellantes aos do Estado Español, demonstran cal é o camiño, a unidade na mobilizacion contra unhas politicas que teñen un caracter europeo; e em coerência com elo, desde as organizacions da esquerda sindical grega estan facendo chamamentos ás do resto dos estados europeos, para xuntar forzas contra os planes da UE.
No estado español, fronte a unidade entre todas as forzas do capital, do PP e o PSOE, de CiU e o PNB, xuntos no fondo da cuestion, como cambiar as condicions econômicas e sociais para que aumenten os lucros empresariais, é preciso ter propostas que apunten nun camiño diferente, no camiño do anticapitalismo.

Non é unha crise dun sector do capital, o chamado financeiro ou especulativo, é a crise do capitalismo, de todos os capitalistas, xá especuladores ou "productivos", financeiros ou comerciais, pois todos eles son o mesmo: os donos dos bancos son donos de industrias e comércios, e viceversa. Por isso, os chamados "novos modelos sociais" que só enfrentan un sector dos empresários non sirven frente ao calado da crise, atan aos traballadores e as traballadoras ás propostas do goberno central de "cambio de modelo productivo", de enfrentar só a un dos inimigos, o PP.

A clase traballadora e os pobos oprimidos teñen que levantar as súas propostas, que realmente apunten á solucion das necesidades sociais e os seus problemas concretos, "goberne quen goberne".

- Frente aos despedimentos masivos, os EREs e perdas de postos de traballo, é dicer o desemprego masivo, so é posible defender a reduccion da xornada sem reduccion de salários, o "traballar menos para traballar todos".

- Frente aos recortes nos salários dos funcionários, os recortes sociais e nas pensions, é preciso exixir á banca a devolucion de todo o diñeiro prestado para o seu resgate, baixo ameaza da expropiacion, no camiño da construccion dunha banca publica, xestionada póla clase traballadora a través das súas organizacions.

- Frente os plans de austeridade que, din, recortan o déficit, exixamos a retirada inmediata de todas as tropas no Afaganistan, no Libano, etc., etc., que supon un gasto supérfluo, ademais, dun ataque aos pobos do mundo.

- Frente a mentira que non há diñeiro para manter o sistema de pensions, exixamos unha política fiscal progresiva, que pague máis quen mais tem, especialmente o imposto sobre patrimônio e as SICAV, onde agochase as fortunas dos mais ricos.

- Frente ás privatizacions de servicios públicos, pola súa renacionalizacion baixo control dos traballadores e traballadoras, e dos usuários, a través das organizacions sindicais e sociais.

- Frente à negociacion dun Estatuto de Autonomia que recolla conceptos abstractos e investimentos ao servizo dos intereses do empresariado, so cabe o recoñecemento do Direito a Autodeterminacion que garanta os direitos democráticos elementais do pobo traballador galego.

Exixencias diste tipo non collen nos estreitos marcos da constitucion do 78, poren imponse a ruptura com ela e levantar a necesidade de loita por outra sociedade, pola union libre dos pobos e o socialismo.

Mas, isto temos que facelo desde a mobilizacion social, obreira e popular, prolongada no tempo e constante, sem ficar atados a datas que son comezo e fin desa mobilizacion, dandolle á resposta un caracter meramente simbólico, cando a crise non tem nada de simbólico.

O 29 de setembro esta convocada unha Folga Xeral no Estado Español contra a reforma laboral, no cadro dunha xornada de mobilizacions europeas contra as políticas de axuste e austeridade, apoiala é unha necesidade de todos e todas; mas, hoxe, non chega com unha data de protesta, é preciso darlle unha continuidade á que non estan dispostas as organizacions sindicais convocantes.

A mobilizacion do 29 tem que facer parte dun plan de mobilizacions, decidido desde as asembleas em centros de traballo, de estudo e Barrios, ate derrotar os planes da Union Europea e dos gobernos.

Para avanzar neste camiño todos aqueles traballadores e traballadoras, estudantes ou activistas sociais que non confiemos nas actuais direccions, temos que agruparnos em comitês, etc., para levar á clase traballadora a idea de que só côa loita sostida é posible enfrentar a crise capitalista.

Sigamos o chamamento dos traballadores e traballadoras gregos desde a Acropolis, pobos de Europa, alzade-vos.

20 de xullo de 2010


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.