1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Crise na industria da enerxía: A explosión do oligopolio

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 27 Janeiro 2014 22:51

O goberno, asustado ante a reacción social que podería provocar o anunciado "tarifazo" do 11% no prezo da electricidade, sumado ao 63% desde o comezo da crise, decidiu anulalo.


O goberno da liberalización total da economía para "saír da crise" fíxose intervencionista anulando a poxa do 19 de decembro, e impuxo por decreto un prezo notablemente inferior, o 2.3% no trimestre.

Nesa decisión influíu o que remata o período de "graza" electoral que o PP tivo estes dous anos. En 2014 son as eleccións europeas, un verdadeiro referendo das políticas de recorte e axuste, e no 2015 son as municipais, onde este referendo pódese concretar na perdida de poder de concellos e deputacións.
Neste cadro electoralista hai un transfondo de crise dun sistema de produción e distribución da enerxía eléctrica oligopólico, que esta controlado por cinco grandes compañías: Endesa, Iberdrola, Gasnatural/Fenosa, HC Energia e E.On, profundamente interrelacionadas cos grandes bancos (BBVA, Caixabank, BSCH) e nun 50% en mans de capital non español, a italiana ENEL controla Endesa, E.On é alemá e HC Enerxía hoxe está en mans chinesas.

O déficit tarifario, chispazo do "tarifazo"

Este mercado tan concentrado foi posto patas para arriba pola aparición das enerxías renovables (eólica, solar,...) e novas formas de xeración de enerxía (os ciclos combinados), que as obrigou a uns fortes investimentos que ou contaban co aval e respaldo do estado, ou estaban chamadas a ser inviables: o viejísimo método de "socializar" os costes e privatizar os beneficios.

A orixe do déficit tarifario ten que ver co mecanismo establecido en 1997 por Rato para subvencionalas, adiando o pago e a recuperación dos investimentos realizados de maneira que as empresas non o repercutisen na tarifa "liberalizada", a que vai a poxa, senón trasladándoo á parte "regulada" da tarifa, controlable polo goberno de quenda; é dicir, a que procede de subvencións e primas, establecidas polo estado por "paróns nucleares", subvención ao carbón, investimentos abortados como os plans eólicos (en Galiza foi un desastre financeiro a anulación polo PP do Plan Eólico do Bipartito), etc., e que se socializan a través dos Orzamentos Xerais do Estado.

Pero que se aprace un pago non quere dicir que non sexa parte do prezo, como a parte aprazada dunha hipoteca é parte do prezo total da vivenda. Por iso, para a industria a pinga que colmou o vaso foi a negativa de Montoro a pagarlles as cotas correspondentes para este trimestre, cifrado en 3600 millóns. Ante esta negativa, as empresas reaccionaron repercutindo na tarifa "liberalizada" o que Montoro negáballes pola vía da parte "regulada", de aí a subida do 11%.
Non é que Montoro volveuse favorable aos intereses da poboación, iso nunca, dous días antes rexeitaran a proposta de Esquerda Plural de moratoria ante os cortes de luz por falta de pagamento de familias traballadoras; senón que as contas non saían: o déficit publico en novembro xa estaba por cima das previsións do goberno para todo o ano, e deste control do déficit teñen que responder ante a Unión Europea e a Troika. Nesta liña, leste mesmo ano aprobaran unha lei que impedía que o déficit tarifario superase o 2%, atando de pés e mans ao goberno.

Expropiación e nacionalización

A electricidade é no século XXI un ben de primeira necesidade que non pode estar ao albur dunhas poxas nas que as empresas produtoras e distribuidoras, xunto con fondos de investimento e especuladores varios, xogan cos seus prezos. O goberno non ten a menor intención de controlar estas manobras, o que discuten mesmo desde sectores "críticos" da sociedade é como perfeccionar o sistema irracional do mercado, non acabar con ele. Se agora interviron, non é que a Montoro ou o ministro Soria importáselles a subida -á fin e ao cabo, eles mesmos e moitos dos seus colegas pasaron pola "porta xiratoria" da industria eléctrica-, senón por medo ao estalido social.

O "tarifazo", e os que poidan vir, son produto da liberalización dos prezos, que caen sobre os mermados ingresos da clase traballadora, polo que se impón a esixencia da conxelación dos prezos e a moratoria inmediata dos cortes de luz por falta de pagamento dunhas tarifas que nos últimos anos subiron un 63%.
A poboación non ten a menor responsabilidade destas políticas neoliberais que só provocou débeda e déficit; ante isto, é preciso garantir o acceso a este ben de primeira necesidade ao seu custo real, e non o especulativo, expropiando e nacionalización baixo control dos traballadores e as traballadoras da industria eléctrica.
O goberno "tremou" ante a reacción social, e pretendeu adiantárselle: é hora de que o susto pase á realidade coa mobilización social da poboación traballadora.

A "porta xiratoria" é o estado burgués

Desde hai algún tempo vén falando da "porta giratoria" entre os políticos e a empresa privada, coas eléctricas e os bancos á cabeza, con ministros e presidentes do goberno pasando aos consellos de administración daquelas, con chans millonarios.
A lista é interminable; en Endesa atopamos a Aznar, Elena Salgado, Miguel Roca, Luís de Guindos, agora ministro, Pio Cabanillas fillo, Martín Vila; en Iberdrola a Angel Acebes, Ramón de Miguel, exsecretario de Estado de Política Exterior; en GasNatural/Fenosa a Felipe González, Narcis Serra; na italiana ENEL (Endesa) a Pedro Asubiar, etc., etc.

Amplos sectores da esquerda sorpréndense desta interrelación estado/goberno e empresa privada, posto que ven nas institucións organismos situados por encima das clases, supostamente neutrais; e ven esta "porta xiratoria" como un síntoma de corrupción do estado democrático. Pero para un marxista a "porta xiratoria" é a quintaesencia do estado burgués, democrático ou non.

O estado, as súas institucións como o goberno, son aparellos creados polo sistema para a defensa dos seus intereses, sexa como "grupo de home armados" sexa como "comité central" da burguesía. Das categorías marxistas, a que mellor define esta "porta xiratoria" é a de "consello de administración do capital"; así, se durante unha lexislatura uno foi membro dese "consello de administración", que ten de estraño que cando o deixe, pase a outro "consello de administración". É coma se a un piloto militar criticáseselle o seu paso á privada, cando a esencia da súa profesión é ser piloto, na civil ou na militar.

Por iso, medidas como as "control" da porta giratoria desvían o problema de fondo; vaian na dirección que vaian, eses Sres. e Sras son representantes dunha clase social concreta, a burguesía, e actúan como tales. Fronte á "porta xiratoria" só cabe a expropiación e a nacionalización baixo control dos traballadores e traballadoras.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.