1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

O final do túnel da crise é un “outlet”

Roberto Laxe - Publicado: Sábado, 16 Novembro 2013 01:30

Se os análises da crise fican atados aos métodos da burguesía, dos seus medios e apoloxistas, vai ser difícil levantar umha critica o sistema que rompa con el. Se seguimos os seus esquemas contables non axudaremos á clase traballadora, á xuventude á armarse criticamente contra os medios capitalistas.


Do mesmo xeito que non se pode derrotar á burguesía desde as institucións do estado burgués, non se pode analizar ao capital e as súas crise coas ferramentas teóricas do capital

Desde fai un tempo, mais ou menos o final do verán, instalouse na propaganda do goberno, dos medios e dun sector das grandes empresas o mantra: “vemos luz o final do tunel”. Foi Botin que mellor expresou esta imaxe, "o diñeiro esta entrando en España a raudales". Fronte a elo, desde un sector da esquerda lanzase a mensaxe de que o "final do túnel" non existe se temos 6 millóns parados, a pobreza aumenta e a xuventude emigra como nos mellores tempos, por ducias de miles.

Si ben son certos estos argumentos para dicirlles que para a clase traballadora non existe "final do tunel"; non deixan de ser uns argumentos reformistas, parciais que non van o centro do problema, a estrutura das relacións capitalistas, e no fondo expresan umha esperanza moi estendida na clase traballadora de que esta crise vai pasar e imos voltar aos “vellos bos tempos”.

un, ao capital impórtalle un comiño que a clase traballadora non vexa o final do tunel, porque para os capitalistas o seu tunel remata cando é capaz de impor un retroceso nos direitos sociais e laborais, e recuperar dalgún xeito os beneficios empresariais. Trás as reformas laborais hoxe é mais barato fabricar un buque nun estaleiro español que no resto do mundo.

dous, para os apoloxistas do capital, desde o seu punto de vista, é certo que ha "luz o final do tunel", que non é outra cousa que a aplicación da teoría xeral do equilibrio dos prezos das mercadorías, segundo o cal, o salario - prezo da forza de traballo- ten que baixar ate un punto no que a criacion de emprego equilíbrese; algo así como cando a carga dun buque se move, desequilibrándoo. Ate que non se pón a carga no se sitio, o buque vai ir escorado. E isto xa o teñen conseguido, os salarios na empresa privada teñen reducido nun 20%.

tres, ha investimento estranxeiro, din. É certo, porque a economía española perdeu entre un 20 ou un 25% do seu peso, desde maio do 2010, cando Merkel anunciou que "o mellor ha que resgatar" a España. A partir deste momento ZP anuncia as medidas de guerra social e o nivel de vida devalouse nesa proporción. Agora as empresas españolas estan, non en venda, senon a prezo de saldo. As vivendas pasadas o SAREB estan a ser vendidos aos novos ricos rusos e chineses. Por iso entra diñeiro a "esgallo", porque para o capital estranxeiro é como ir cara un "outlet", e por eso o sr Botin tén razón á súa maneira; o seu Banco de seguro que canaliza moitos destes investimentos, que para iso é un dos bancos mais importantes de Europa.

Neste cadro moitos sectores sociais golpeados pola crise suspiran pola "soberanía monetaria" da peseta, esquecendo que desde os anos 50 co Plan de Estabilización, todas as crises no Estado Español foron enfrontadas coa devaluación da moeda (a peseta), é dicer, coa perda de poder adquisitivo e de peso da economía, e a soberania traducíase nunha entrada masiva de capital estranxeiro, aproveitando os baixos salarios e a perda de valor das empresas. Nos anos 50 foron os anos de "Benvido Mr Marshall", é dicer, dos ianquis; nos anos 80 Felipe Gonzalez fixo igual, e entraron capitais alemáns e franceses; con Aznar e a lei do chan, aconteceu exactamente o mesmo.

A soberanía monetaria non é ningunha panacea, antes o contrario, mentres se manteña esta división do internacional do traballo no que o Estado Español é un imperialismo de segundas no cadro dun acordo interimperialista (a UE), o resultado é exactamente o mesmo: devaluación da moeda, empobrecemento social, emigración e perda de direitos. Se o problema fose economicista, a entrada de diñeiro ou a máxima de que “a escaseza xera valor”, Botin e o PP terían razón. Grazas o euro entra diñeiro, ha investimentos estranxeiros e os salarios –valor da forza de traballo- teñen baixado por mor do desemprego masivo, conclusión: saímos do túnel.

Mas, é certo que “saímos do tonel”, ou é un espellismo da propria burguesía, mesmo dos sectores mais lucidos, incapaces de comprender a profundidade da crise? O capitalismo coas crise recuperaba o equilibro xeral entre traballo e desemprego. Iso foi posible no seculo XIX porque o capitalismo ainda tiña forzas internas para se desenvolver…, ate a crise do 29, cando a recuperación do equilibrio veu precedida pola II Guerra Mundial. Mas estamos na época no que o capitalismo xa non da mais. O mundo xa esta repartido, agora so collen “novos repartos”, dixo Lenin no Imperialismo Fase Superior do Capitalismo, o que significa guerra, nas suas mais diversas variantes; guerra comercial, diplomática... ou guerra-guerra.

A recuperación do equilibrio dentro do sistema capitalista, e por iso a crise é como é, só é posible sobre a base dos datos que para o estado español se dan desde todas as esferas da esquerda; millons de parados, empobrecemento social, etc. Embora, xusto polo calibre da crise, este empobrecimento non resolve nada dos problemas estruturais,

un, a crise é mundial, non só española, so un “patriotero” empedernido pode pensar que o Estado Español saíra só da crise. Alem mais, se os capitais entran no “outlet” que hoxe é a economía española non o fai porque sexa moi rendible, senon que pola perda de direitos é mais rendible que outras, mas ningunha delas escapa da queima, mesmo os “emerxentes” BRICS que ven o seu crecemento temperado.

Dous, entran en sectores non industriais. A industria, xa tocada na liña de flotación coas reconversións dos anos 80 na industria pesada, non renda e esta a piques de ser afundida: a quebra do buque insignia da industria basca Fagor (4500 traballadores/as), ou a crise do buque insignia da pesca galega, Pescanova (10 mil traballadores/as), son dous exemplos deste afundimento.

Denunciar a Botin e o PP por afirmar o que afirman é unha perogrullada o servizo dun discurso reformista, con mellorar as cifras de desemprego e mesmo subir os salarios resolverían a situación. Para os social liberais da esquerda é o camiño, por iso fian todo a que a loita social se traduza nun aumento dos seus votos; eles resolveran o drama social sen chegar á revolución.

Mas a crise que vive o capitalismo é das que non ten umha saída pacifica nin “electoral”. A capacidade do sistema para recuperar o equilibrio é freada pola sua capacidade para producir moito mais do que o sistema pode asumir, xerando unha queda sistemática da taxa de ganancia. Alén diso, os descubrimentos científicos que poderían abrir as portas a un novo proceso de acumulación están encostelados polas relacións sociais de produción actuais, baseadas na industria do petróleo e derivados. Non é concibible que as grandes petroleiras, as construtoras e os bancos a eles ligados rompan a situación actual. De feito, o desenvolvemento do fraking, o gas de esquisto ten que ver con este freo ás novas tecnoloxías.

Por elo, non ha “luz o final do tunel”, é só un espellismo dunha burguesía, a española, especialmente dependene da banca e as grandes construtoras, só a loita da clase traballadora e os oprimidos poden derrotalos. As denuncias dos datos de desemprego, de empobrecemento social, sen ir ás raíces estruturais do sistema capitalista que o xeran, non é mais que un saúdo á bandeira que só abre as portas a unha “alternancia” electoralista dentro do sistema. Pola gravidade da crise, europea e mundial, imponse un pouco de rigor nos análise da esquerda para poder levantar un programa de transformación socialista da sociedade a partir das contradicións do sistema e do momento concreto da loita de clases.

Galiza, 12 de novembro de 2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.