1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

A AVE e a aposta soberanista do BNG

Roberto Laxe - Publicado: Quarta, 02 Outubro 2013 16:05

Se ha un proxecto central para o capital español ese é a construcción das liñas da AVE. Central desde un punto de vista económico, pois supon o saqueo puro e simple das contas do estado por parte das grandes constructoras, OHL, ACS, FCC, etc., etc. É un saqueo porque levan gastado nel máis de 50 mil millons de euros, so na Galiza 6 mil millons, tendo en conta que as obras publicas no Estado Español paganse mais que na Alemaña, con salarios mais baixos.


 

Se ha un proxecto central para o capital español ese é a construcción das liñas da AVE. Central desde un punto de vista económico, pois supon o saqueo puro e simple das contas do estado por parte das grandes constructoras, OHL, ACS, FCC, etc., etc. É un saqueo porque levan gastado nel máis de 50 mil millons de euros, so na Galiza 6 mil millons, tendo en conta que as obras publicas no Estado Español paganse mais que na Alemaña, con salarios mais baixos.

Mas tamen é central nun aspecto mais sutil, pero que a medio e longo prazo é fundamental para ese capitalismo, o ideoloxico. A AVE estase a construir o marxe das necesidades sociais concretas de cada zona co unico obxectivo –recoñecido expresamente por ZP- de unir todas as capitais de provincia e cidades importantes con Madrid, “a suma de todos”, din a sua campaña institucional; gostemos ou non, Madrid asociase co Estado, como foi demonstrado tras o recente fracaso da candidatura olímpica da cidade.

Se esto é valido para calquera parte do Estado Español, que non sera na Galiza onde as carencias en infraestruturas ferroviarias ponnos a un nivel “semicolonial”. Tras a construcción da AVE real –non o que hoxe fan, que é unha burla e unha chapuza, como se demosntrou traxicamente o 24 de xullo- poderemos ir de Coruña a Madrid en 3 h, a prezos razoables; mas tardaremos o mesmo en caso de que se manteña o servizo a Ferrol, ou viaxar a Vigo sairá tan caro como ir a Madrid.

O gasto en infraestructuras, e nomeadamente as ferroviarias, é central para umha integración social dun país. Non é posible falar de apostas soberanistas e apoiar un plan tan centralista siquer pola pasiva, como hoxe -o problema non é a AVE, senon que pode quedar "sen executar"-, ou como no pasado pola activa, cando o BNG no Bipartito competía co PP e o PSOE para esixir a AVE, e concentrabase para acurtar os prazos en Zamora, mentras pechaban estacións do Eixo Atlantico en Portas.

Mentras na Galiza non se poña no centro a existencia dun servizo de proximidades digno de tal nome, que evite, por exemplo que os rexionais actuais sexan utilizados como proximidades só que a prezo de rexional, mentras na Galiza non exista un servizo publico ferroviario que estructure socialmente, que facilite a mobilidade na procura de traballo, estudo ou lecer, non se pode falar seriamente dumha aposta soberanista..

Hoxe un traballador/a ou un estudante galega ten que pagar un sobre soldo por ir o traballo ou centro de estudo, xa sexa porque ten que coller o seu coche particular, ben porque o servizo de transporte colectivo é caro ou ben porque o non existir, tense que trasladar a viver á cidade onde traballa ou estuda. Cos 6000 millons que levan gastados ben poderían ter construido unha rede de proximidades, ligado ao transporte colectivo por estrada, existindo como existen unha rede básica que esta a ser pechada no nome da AVE.

Mentras, todas as forzas politicas, excepcion de AGE, apoian un consenso o redor da AVE. Por todo elo a “aposta soberanista” do BNG demonstra no concreto os seus limites, e a sua incapacidade para romper co esquema centralista do estado español. Do que falamos, de resolver os poblemas sociais Galegos ou de integrar á burguesia galega no Estado Español?

Para enfrentar o saqueo das arcas publicas polas grandes constructoras é preciso rexeitar o plan do PP, o de infraestructuras do Estado expresado nos actuais orzamentos (e en todos os pasados), e levantar un plan ben diferente o servizo de resolver as necesidades da clase traballadora e os pobos do estado, oponiéndose á privatización e desmantelamento de ADIF RENFE, esixindo a nacionalización e recuperación polo estado e a Xunta dos servizos publicos privatizados, etc., etc. Neste cadro estatal é onde collen  as apostas autodeterministas necesarias para levalas adiante.

A loita polas reivindicacións do pobo traballador galego supon a ruptura de calquer pacto institucional, escrito ou non, coas forzas que son inimigas, do PPSOE como representantes do rexime do 78 e a implicación aberta, franca e sen sectarismos cara a mobilización social unitaria na defensa dos interese da clase traballadora e o pobo.

Todo o demáis son saúdos á bandeira.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.