Semellaba que estabamos diante dun novo proceso como o de Iraq e desde a esquerda de sempre, numha operación simétrica no punto oposto, pensabase que como en Siria minten igual que en Iraq, a situación Siria é igual á iraquiana, e levantaríase un masivo movimiento de masas contra a agresión.
Menos dumha semana despois, sen que xurdira ese "masivo movimento de masas", esa coalición imperialista disolveuse como un azucarillo. "A guerra é a politica por outros medios", dixo von Clausewitz, e os imperialistas non querían outro Iraq. A comparación entre un e outro é falsa, e é utilizada polos nosos esquerdistas para xustificar o apoio á dictadura de Al Assad.
En Iraq si querían destruir o rexime de Sadam, si querían impor umha ocupación, e enfrente non tiñan umha revolución e guerra civil, senon un pais unido ao redor de Sadam, por moito que este fose un criminal de guerra.
En Siria os imperialistas non sabían o que querían. Os franceses acabar co rexime para pór os seus homes, o fin e cabo, son a ex potencia colonial; os británicos e os USA só querían botar a Al Assad para negociar co rexime umha transición "pacifica", os saudís, como os turcos, teñen os seus propios intereses de "potencia rexional". E todos, que neso sí estan dacordo, queren rematar coa revolución árabe, siria incluida.
O final ficaron sós os EE UU tendo como aliados aos Franceses. Os seus aliados naturais, os Britanicos, baixaronse do carro antes de que comezaran as accions militares, deixando a "coalición" en dous membros, co apoio dos reximes mais brutais do mundo Ärabe con Arabia Saudí á cabeza.
Enfrente si houbo unha gran coalición, mas non de masas. Foron a dos BRICS e os seus satelites como Cuba dandolle un verniz "antiimperialista", tras as armas rusas e o poderío economico chinés, o UNASUR, e mesmo a gran potencia europea, Alemaña, ollou para outro lado, e cando viu que a cousa non avanzaba, pronunciouse polo non.
Qué foi o que aconteceu para que o suposto "imperio", que todo o pode e que todo decide ate as decisións mais pequenas, non fose capaz de formar umha Coalición como a de Iraq? Non tera algo que ver que a relación de forzas entre os imperialismos –non o Imperio, que iso non existe- estase invertindo? Non será que a revolución árabe, da que a guerra civil en Siria é parte, asusta-lles e meterse no avispeiro sería pior que o conseguido polo ataque? Non sería que os pobos árabes verian o "castigo" a Al Assad, non como unha defensa dos "rebeldes", senon como un golpe á revolución árabe, a exipcia, a tunecina, libia etc?
A esto terían que respostar todos os esquerdistas oficiais europeos e latinoamericanos que puxeron todas as suas confianza mobilizadoras na defensa de Al Assad frente o imperialismo ianqui.
Porque, sres da esquerda oficial, os esquemas da guerra fria, os "bos e os malos", xa non existen. O mundo "ten cambiado de base", e a fallida agresión a Siria é o punto de inflexión que pon ao imperialismo en xeral á defensiva frente aos pobos en loita, e no concreto demonstra a decadencia dos USA como "policia do mundo", que esta no camiño da sua desaparición.
Non quer dicer que non podan facer barbaridades, un animal ferido é mais perigroso que un en perfecto estado. Os USA estan facendose conscentes de que o mundo é revolucionario e multipolar, e por iso son mais perigrosos que nunca, pois non van ceder a sua hexemonia pacíficamente, nin diante dos pobos nin diante dos seus competidores, nomeadamente os BRICS, grandes triunfadores deste choque.
Al Assad aguanta porque gardando as suas costas están as potencias capitalistas emerxentes, os BRICS, cumha politica expansionista, e dalgun xeito imperialista, voraz. O seu crecimento economico precisa de novas colonias e neocolonias; Africa, America Latina, o mundo árabe, son os seus obxectivos, para dar saída os seus productos e para importar materias primas e recursos enerxeticos.
Siria é o punto de choque, e de inflexión na relación entre os BRICS e as potencias occidentais. Esta é a diferencia entre a revolución na Siria e o resto do mundo árabe, choca cos interese e as necesidades da Rusia -e a sua base militar de Tartús-, da China e do Iran, e fai que Al Asad, o invés que Mubarack, Ben Ali ou mesmo Gadaffi, conte con mais apoios internacionais que os anteditos.
Ainda así, a cabalo da revolución siria e árabe, estan montados todas as contradiccions deste mundo multipolar, e entre todos queren facer que morra. Uns pola via militar, Al Assad e os seus aliados, Cuba incluída, outros pola vía do "terrorismo islámico", con Arabia Saudí á cabeza, e uns teceiros, os occidentais, queren integrar o rexime sen Al Assad con forzas de oposición pro imperialistas que disolva a revolución.
Mas o obxectivo de fondo é a revolución árabe, o pobo egipcio, que sufriu un golpe de estado imperialista (esa foi a versión egipcia do fallido ataque a Siria), de Tunez, de Yemen, de Bahrein, de Xordania, de Palestina, de Libia,... Os que tenten separar Siria do resto do mundo árabe, lle fan o xogo aos imperialistas, teñan a cor que teñan na sua bandeira, para aplicar o principio antirrevolucionario de sempre: "divide e venceras".
Siria vai ser o punto de inflexión, a via contrarrevolucionaria ianqui disolveuse na sua propria decadencia, a inexistencia ainda dun poder alternativo a nivel mundial, facilita a loita contra o capitalismo e o imperialismo, que os pobos árabes, como o resto do mundo, temos que desenvolver.
Farian ben os esquerdistas o tirar pola borda os vellos esquemas do "antiimperialismo" en xeral, para ir ao anticapitalismo e o antiimperialismo no concreto, que traducese en revolucións, coa loita de clases no centro, e non en choques superestructurais entre estados capitalistas.
Non facelo así pode levar a que a suposta denuncia do terrorismo dun imperialismo, remate nunha politica pacifista e reaccionaria frente a umha revolución en marcha.
Galiza, 1 de setembro de 2013