1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

É a política, estúpidos!

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 20 Junho 2013 22:05

Cando a comezos dos 90 Bush pai aparecía como o vencedor da I Guerra de Iraq e da restauración do capitalismo no leste europeo, daba a impresión que nas eleccións ía arrasar, mas chegou un tal Bill Clinton que levantou a palabra de orde: "é a economía, estúpidos!".


Mentres Bush regodeábase na súas vitorias, a economía ianqui atravesaba unha importante crise que empobrecía amplas capas da poboación e das chamadas "clases medias". Eran os restos do crack da bolsa de 1987 e o estoupido da burbulla dos "bonos lixo" dos 80. Clinton situou o problema onde estaba, non nas "vitorias" militares, senón nos problemas internos, económicos, e gañou as eleccións.

Hoxe, despois de case 6 anos de crise, a economía non esta no centro das preocupacións da poboación porque é publico que o sistema capitalista, en calquera das súas variantes (neoliberalismo, social liberalismo, reformismo) tal e como esta construído, non é capaz de sacar a humanidade da crise mais importante desde o 29. É notorio para quen queira velo.

Nunha socialización das perdas, levan anos dándolle trillóns de euros ó capital financeiro, aos bancos e ás grandes empresas,... levan tempo desmontando os dereitos laborais e sociais, nun longo proceso que comezou nos anos 70, cando tras á crise do 74/75 o neoliberalismo fíxose a relixión do mundo con dous mantras: o sistema publico é un desastre, non era posible facer nada sen o investimento privado e os mercados "autorregúlanse". E a actual crise tamén arrasou con estes mantras.

Máis, a incapacidade do sistema para se rexenerar sen destruír (a "destrución creativa" de Schumpeter) fai que todos os avances tecnolóxicos e produtivos que existen dentro da sociedade estean paralizados senón ha unha profunda transformación social. Esta é a percepción que ten a poboación.

Non é ningún descubrimento dicir que existen as condicións obxectivas mais que de sobra para liberar á humanidade da pobreza e a escravitude do asalariado. Son os avances técnicos (existen tecnoloxías limpas e sustentables nos laboratorios do mundo, comezando pola nano tecnoloxía), os coñecementos persoais dos seres humanos (todo o mundo fala das xeracións mellor preparadas da historia, e non é ningunha retórica), de socialización da información (Internet).

Embora existen dous freos obxectivos a que estes desenvolvementos cheguen á sociedade, un, as estruturas económicas nas que se basea o poder político actual, nomeadamente a industria do petróleo e os combustibles fósiles (para se "revolucionar" teñen inventado a perigosa técnica do "fraking") e todo o aparello financeiro e industrial que conleva. Un troco no paradigma de produción significaría levarse por diante á columna vertebral do capitalismo imperialista.
Dous, este aparello financeiro/industrial impide obxectivamente e subxectivamente ese desenvolvemento, a través do seu control das institucións políticas, os estados, os gobernos, as Unións Europeas, etc.

Dicía Lenin que "a política é economía concentrada". En tempos de paz económica e social "política" e "economía" aparecen como dúas rodas separadas, uns adícanse á "política" (os xestores do sistema, sexan de esquerdas ou de dereitas), outros á "economía" (os profesionais da economía a darlle consellos aos capitalistas como mellor investir, os profesionais do "sindicalismo" a como os traballadores/as non perden demasiados dereitos). Máis, os tempos nos que economía e política aparecen separados remataron coa crise, agora toda medida política ten consecuencias directas na economía, tanto das empresas como a da clase traballadora.

Nunca tanta razón tivo Lenin: a política é economía concentrada. A modificación da lei de aborto ataca un dereito das mulleres, máis tamén a un negocio de 400 millóns de euros que é o das clínicas abortistas, a reforma laboral supón un retroceso de 40 anos nos salarios e nas condicións de vida da clase traballadora, a modificación da lexislación sobre os poderes notariais perxudica aos notarios en beneficio dos rexistradores da propiedade. A política, as decisións dos gobernos, afectan directamente á "economía" dos cidadáns.

Ha outro aspecto no que a política parece, mesmo en tempos de crise, como alleo ás inquedanzas e os sufrimentos da poboación, ás institucións, os réximes,...

Un réxime é a maneira que teñen os capitalistas de se organizar para mellor explotar aos traballadores/as e saquear os pobos. Non é unha maneira neutral de organizar á sociedade, é a maneira de organizar a explotación e a opresión.

Non é igual un réxime ditatorial que un democrático, non é igual unha democracia "vixiada", "tutelada" por herdeiros dunha ditadura (Estado Español, Chile,...), que democracias asentadas e con tradición (Gran Bretaña, Franza, EE UU, etc.). Expresan relacións de forza entre as clases sociais, o capital e o traballo fundamentalmente, moi concretas. Mas tamén, relacións de forza moi concretas entre os sectores das mesmas clases dominantes.

Isto demóstrase coa incapacidade do Estado Español para se liberar do nacional catolicismo e do poder da Igrexa, convertendo a esixencia de ruptura co pasado franquista nunha proposta revolucionaria que a burguesía española non pode admitir.

Por todo isto, tanto a nivel mundial como a nivel estatal ou europeo, faise necesario parafrasear o imperialista Bill Clinton, "non é a economía, é a política".

Os gobernos, os poderes internacionais, teñen un eixo político incuestionable: o xeito de acumular capital a partir das estruturas dominantes desde fai 70 anos (tras a II Guerra) son intocables, e farán todo o posible para que así sexa.

Fronte a esta "dureza" do capital e as súas institucións só colle unha alternativa, a que podan construír a clase traballadora e os pobos do mundo, mas para iso é preciso superar as inercias do pasado de "paz social", o sindicalismo nas respostas, o illamento uns doutros na perspectiva. Isto supón a construción dun verdadeiro programa político de transformación socialista da sociedade que de unidade á resposta social.

Por iso, dándolle a volta á palabra de orde de Bill Clinton, temos que dicir que "é a política, estúpidos", máis unha política revolucionaria que desenvolva a mobilización democrática das masas, a súa autoorganización cara a única decisión política que pode desbloquear a situación, a toma do poder político pola clase traballadora e os oprimidos.

Esta é a máxima expresión da frase "é a política". So desde o poder é posible para a clase traballadora e os oprimidos romper coas ataduras e os freos que a clase capitalista ten sobre a sociedade.

Galiza, mes de xuño do 2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.