1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Na II Transición, as perspectivas da reorganización política da esquerda galega

Roberto Laxe - Publicado: Domingo, 19 Mai 2013 23:21

A 1ª Transición terminou legalmente o 6 de decembro do 1978 coa votación da Constitución monárquica, e realmente o 23 F cando co “auto golpe” lexitimaron ao Borbón como un demócrata.


A partir daqui comezou un paso atrás, un esquecemento sistemático de como foron conquistadas as liberdades democráticas, que presentaron como un “agasallo” do rei e Suarez ás forzas da esquerda; cando foi exactamente o contrario, a chamada oposición democrática, co PCE á cabeza, entregou nos Pactos da Moncloa a iniciativa na Transición aos herdeiros do réxime, que despois fixeron á súa imaxe e cos seus perfís.

Pois ben, é un feito que estamos diante dun fin de ciclo, e isto que é unha formula alxébrica, no Estado Español tradúcese nun fin de réxime, o do 78, de todas as súas institucións. Esta aberto o camiño da II Transición cuxo final non esta escrito en ningures. Como tamén foi na Iª Transición, dependera da loita de clases estatal e internacional, da actitude das organizacións políticas e sindicais -das vellas e das que podan xurdir no camiño-, da forza que no proceso poidan ter. O chamado a un proceso constituínte en Catalunha vén botar leña o lume, forzando unha das patas da estabilidade do réxime do 78, a burguesía catala, a dar un paso na ruptura co réxime, debilitándoo máis.

Este fin de ciclo exprésase na crise que sofren os dous partidos fundamentais do réxime, o PP, cada vez mais illado da sociedade, e o PSOE en caída libre, o que fai que tanto á dereita como á esquerda estéanse abrindo amplos espazos na sociedade para a aparición de novas forzas políticas.

Nesta situación, están a aparecer voces nos partidos e sindicatos institucionais que claman por un gran pacto social que conduza a unha IIª Transición. As direccións de CCOO e UXT, EU, están na liña de pactar coas institucións inimigas e corruptas, cos causantes da crise e os seus xestores, o PPSOE, cun obxectivo, de novo cegar a loita por umha verdadeira ruptura co réxime herdeiro do franquismo. Non van contar coa opinión do pobo nin van contemplar a depuración de responsabilidades. Procuran cambiar as formas, nada máis, para atar á clase traballadora a un novo ciclo de explotación e opresión.

As enquisas en Madrid, que dan umha subida importante de EU nos sectores da clase traballadora e o pobo, mentres UDyP faio pola direita, veñen confirmar unha tendencia estatal e internacional á polarización social e á reorganización política das clases sociais, tendencia que na Galicia confirmase cos datos de que, se houbese eleccións agora, AGE superaría ao PSOE, o BNG manteríase e o PP perdería a maioría absoluta.

Con diferenzas, pois cada estado ou nazón ten as súas características propias, a realidade francesa coa Fronte de Esquerdas crecendo ao mesmo nivel que a extrema dereita de Le Pen, a de Italia coa irrupción do populismo de dereitas de Grillo ou o caso da entrada de AGE no Parlamento Galego, que moveu todo o terreo de xogo, son expresión concreta desa tendencia, aínda que se visualizase dunha maneira electoral.

Porque baixo o peso da ideoloxía dominante nos individuos e a acción dos grandes aparellos de mercadotecnia electoral chamados “partidos”, as eleccións burguesas dan visións enganosas da realidade social, e tendo en conta que o sistema electoral español, provincial e coa lei d´Hont, é especialmente manipulador, o que esta claro é que a realidade política na Galiza e no Estado esta moito máis aberta do que parece.

Non esta escrito en ningures que o resultado vaia nun sentido ou noutro, isto vai depender, en primeiro lugar, do desenvolvemento da loita de clases, da irrupción da clase obreira industrial (hoxe aínda na retagarda da mobilización das masas contra os gobernos e os plans de austeridade), coas súas métodos de loita, de paralizar a economía desde dentro do proceso produtivo, e os seus obxectivos anticapitalistas; pero tamén vai depender da política consciente que os activistas, os revolucionarios, teñan diante desta situación. De igual maneira que as sombras sen formas son meras sombras sen perfil, a loita de clases sen organización é un lume de artificio que non leva máis que o esgotamento e o escepticismo, é dicer, á derrota.

Se temos que destacar algo no proceso galego é que a reorganización que se esta a producir  é basicamente en termos políticos, dentro das canles das forzas electoralistas, pero as discusións son de programa, proxecto social e alternativa á crise capitalista. Neste cadro na esquerda galega está a producirse unha chea de reunións a todos os niveis, Beiras (ANOVA) con Vence (BNG), con Diaz (EU) de espectadora activa -declarou que EU non ten tantas diferenzas co BNG, tras que EU recuperara a proposta do direito á autodeterminación en ultima Asemblea Nacional-; preparacións dun 25 de xullo complexo, tendo en conta que desapareceu a hexemonía absoluta do BNG dos últimos anos, como se demostro na manifestación do 3 de marzo por un Proceso Constituínte, onde cara a anos que o BNG non ía en termos de igualdade que as demais forzas da esquerda galega (incluída CV).

Estes movementos na epidermes política son a expresión de procesos mais profundos nas clases sociais, na sociedade. O fin de ciclo aberto pola crise económica e social significa unha crise política, do réxime do 78, dos partidos, sindicatos e institucións que o sustentan, pero tamén nas alternativas que ate o de agora aparecían como a esquerda do sistema.

A clase traballadora e o pobo, golpeados como hai decenios por unha crise e unhas políticas que queren facela retroceder décadas, esta rompendo coas rutinas institucionais desa esquerda. O 15M foi o aviso deste proceso, que agora se está desenvolvendo. O berro de “non nos representan” vai ligado directamente á esixencia doutra forma de enfrontar o sistema, mais directo, pero con todos limítelos que ten case 20 anos de esquecemento das tradicións de loita obreira e popular. Ás veces parece que as novas xeracións estean a descubrir a pólvora mollada na loita social.

Se de verdade quérese romper co sistema, enfrontalo coherentemente ate as ultimas consecuencias, é preciso construír un programa que teña como obxectivo a transformación socialista da sociedade, a partir da loita por unha saída obreira e popular á crise; que rexeite a Constitución do 78 e abra un proceso constituínte, unha Asemblea Constituínte, no que a clase traballadora e os pobos poidan decidir o seu futuro, garantindo o exercicio do direito á autodeterminación da Galiza.

As medidas centrais desa saída constitúen un Plan de Emerxencia contra a Crise, que impoña a repartición do traballo sen redución do salario, o non pago da débeda publica, a nacionalización da banca e grandes empresas baixo control dos traballadores/as. Ningún goberno dentro deste réxime vai garantir estas medidas, só un goberno obreiro e popular, apoiado nos organismos de poder construídos desde a base, como asembleas populares, comités ou plataformas, pode levalas adiante.

Pero, esta claro que a crise alcanza o conxunto da clase traballadora e os pobos europeos e abre unha perspectiva ben clara: a resposta ás políticas da Unión Europea, vehiculizadas a través da Troika e os gobernos só pode darse avanzando na unidade na loita contra estas institucións. A perspectiva da Federación de Repúblicas Ibéricas e os Estados Unidos Socialistas de Europa esta contida na Xornada de Loita Europea do 14N, que foi de Folga Xeral na Península Ibérica, cando a clase traballadora e os pobos de Europa deron un paso na unificación das súas forzas.

Os acordos cupulares entre as organizacións políticas non van resolver esta necesidade, senón que teñen que servir para dar unha canle orgánica, un acordo de mínimos polos dereitos sociais e nacionais da clase traballadora e os pobos, por unha Fronte Único Social contra os Gobernos, a Xunta e o Central, e a Unión Europea. Neste cadro, desde as bases, é preciso abrir un debate para determinar os eixos do programa contra o capitalismo e os seus institucións.

Galiza, 13 de maio de 2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.