1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

O 25 de abril de 1974 e o 6 de decembro de 78: dous regimes en crise, e umha saída

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 16 Abril 2013 01:30

Fai uns dias, un sector do parlamento portugués púxose a cantar o Grandola Vila Morena, e o primeiro ministro que nese momento estaba a falar, tivo que calar e esperar a que se terminase; imaxinemos aquí que un sector do parlamento puxésese a cantar o himno de Riego (o da Republica), desde as bancadas do PP escoitariamos histericos berros de "non abramos as feridas do pasado".


A diferenza entre ambas as reaccións veñen dadas sobre como foi pechada a dictudura portuguesa de Salazar e Caetano, cunha revolución, a do 25 de abril, que limpou o pasado. Agora Portugal é un rexime democrático burgués sometido aos ditados da Troika e a Union Europea. E o Grandola Vila Morena é o himno desa limpeza que nin a mesma dereita pode cuestionar.

No Estado Español sucedeu exactamente o contrario. Mentres os portugueses o 25 de abril derrubaban, sen condicións nin falsos consensos, a ditadura, no 78 aquí pactábase como os axentes da ditadura transitaban a "democratas" e, no colmo para calquera democrata, son agora os "administradores" dunhas liberdades que negaron corenta anos,

Por todo iso, mentres os portugueses din "é necesario outro 25 de abril" e para superar a situación actual reivindican a caida da ditadura, nós non podemos reivindicar nada, temos que dicir, abaixo o regimen construído coa constitucion do 78. Iso si, a dinamica de ambos os procesos conducen a un mesmo final, a loita contra os regimenes actuais, contra a Unión Europea e a Troika, e por verdadeiras transformacións sociais a partir dunha saída obreira e popular á crise.

Esto supon retomar o camiño comezado na folga xeral do 14N, cando a clase traballadora da Península Iberica xunto cos compañeiros e compañeiras do resto de Europa rexeitaron na rúa, coa mobilización, os planes de axuste e austeridade que estan a empobrecelos.

A Confederacion Europea de Sindicatos (CES) non vai dar a contiuidade que a loita contra eses planes precisa, esta directamente interesada na estabilidade desta Unión Europea e dos seus gobernos. Por elo, é preciso avanzar na construcción dun referente sindical e politico, combativo e de clase, que desde a mobilización poña en cuestión as bases capitalistas que xeraron esta crise.

Neste sentido, o pasado mes de marzo, en Paris, constituise umha Rede Sindical Internacional, coa asistencia de 250 delegados e delegadas de 45 paises, europeos e non europeos, que prantexase dar os primeiros pasos para resolver a contradicción entre as necesidades sociais, a mobilización que a clase obreira precisa e o caracter reaccionario das actuais direccions sindicais maioritarias que frean constantemente a loita obreira e popular ao servizo dos seus pactos cos gobernos e a Unión Europea.

Galiza, 10 de abril do 2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.