1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Do Prestige a Nunca Mais: un xuízo sen responsábeis?

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 15 Novembro 2012 03:40

O vindeiro 13 de novembro comeza o “macro” xuizo pólo atentado do Prestige, que fai dez anos aparecera escorado e ferido de morte diante de Muxía e que provocara un verdadeiro levantamento popular que se alongou tres meses, com centos de miles de persoas na rua ou marchando a Madrid, com enfrentamentos e embrions de duplo poder como as Comisions de Crise que se constituiron em zonas como Arousa para defender a ria do petroleo, e cumha organizacion de masas que agrupou o conxunto da poboacion, a Plataforma Nunca Mais.


Mentres o petroleiro facia umha viaxe a ningures ate que o 19 de novembro afundiuse a 240 km da costa galega. O longo destos meses todas as autoridades falaron e deron ordes – esta grabado nas roldas de prensa- mas os xuíces só encontraron responsábeis e imputábeis a Lopez Sors, o capitan do buque Apostolo Mangouras e o seu xefe de maquinas. De feito, dez anos depois só un responsábel político senta no banco dos acusados, o Sr Lopez Sors, Diretor Xeral da Mariña Mercante daquela. Nada mais.

O “sr de los hilillos/Rajoy”, o “enviarme ese barco al quinto pino/Alvarez Cascos”, o sr Aznar, presidente do goberno que chegou a Galiza 30 dias depois do comezo da catástrofe, ... alen de toda a corte deles, que defenderon publicamente esa desfeita, como o sr Arsenio Fernández de Mesa, a atual princesa Leticia, xornalista da TVE, etc., non aparecen, nin son chamados a testificar.

É inaudito..., e incredibel!

 

Un rumo errático

Desde o comezo ninguén sabe o que facer co barco, o alcalde de A Coruña, Paco Vazquez, negase en rotundo a que entre na ría. Os demais, un desde umha cacería como Sr Fraga, outros desde a Vicepresidencia do goberno, o sr Rajoy, ou o sr Cascos so teñen un obxetivo, quitarse o morto de riba, e impórtalles ben pouco o que lle poda pasar a umha das riquezas fundamentais da Galiza, a pesca e marisqueo.

O barco comeza un rumo que non se sabe donde vai: primeiro para o norte, mas os franceses estan inquietos, depois para o sul, e Portugal envia um buque de guerra, o final para o oeste, cuando todo o mundo sabe que en novembro, os temporais na Galiza veñen do oeste, e que o que barco soltaba, remataria anegando ás praias e a costa galega. Mas non só foi à galega, o final a incompetência dos gobernantes enviaron petróleo o longo do Cantábrico ate as costas francesas.

 

Os dias prévios ao 1D

Desde que o barco aparece enfronte a Muxía sucendense as mobilizacións en toda Galiza, concentracións diante da Delegación do Goberno da Coruña, peches de mariscadores/as na Illa de Arousa,... esixindo solucións a un rumo que vai tirando petróleo por todos os lados.

Mas Galiza non esta preparada para um acidente destas características, a pesar de seren umha das zonas do mundo por onde transitan mais buques con mercadoria perigosa, de ter no seu currículo ducias de acidentes que mesmo dan nome a unha costa, a “Costa da Morte”, e que na memória recente todos/as podan recitar os buques e as mares pretas dos últimos 40 anos: o Polycommander, o Urquiola, o Cason, o Mar Egeo, un cada dez anos.

Os medios para combatila, como un remolcador de altura ate medios anticontaminantes están, como moi perto, en Asturias. As barreiras oceânicas de defensa frente o petróleo teñen que vir dumha zona tan marítima como Zaragoza.

Esta é a realidade que enfrontan desde un estado centralista, a Galiza para calquera cousa há que acudir fora, a Madrid, mesmo no que teña que ver co mar. É umha realidade que vive as costas do mar, o que ven só como un obxectivo turístico - ou para o tixolo, como se demonstrou despois-, non como umha fonte de postos de traballo e produción pola riqueza que xera directamente. A elo ha que engadirlle a mentalidade típica do “politico español” (ainda que teña nacido na Galiza), que considera ao pobo traballador galego como atrasado (non ha que remitirse aos políticos españois, un teórico como Petras fala igual do pobo galego, como “atrasado”, numha recente entrevista para La Haine). Que lle ían dicir as mariscadoras e os mariñeiros galegos a todo un Rexistrador da Propiedade, nado en Pontevedra, como Rajoy, a un Sr que, dician, tiña todo “o estado na sua cabeza”, como o Sr Fraga, ou outro que é avogado do estado de Valladolid, o Sr Aznar.

Se eles din que non ha “maré preta”, esta non existe. Se eles din que afastando o barco da costa, xa non ha problema, por moito que o vento do oeste traia de novo o petróleo para as praias, quen son os galegos e as galegas para contradicir aos listos da “capital”.

A suma de desprezo con incompetência foi quentando o ambiente, ate que o 1 de decembro a situación desbordouse, e por centos de miles, os galegos e as galegas, fartos de mentiras, incompetências e desprezos, ocuparon as rúas de Compostela.

O 1 D o pobo galego demonstrou a súa dignidade fronte os poderosos, e na tarde dese dia xurdía a Plataforma Nunca Máis. Ainda que moitos queran agochalo baixo um manto meramente ecoloxico, os centos de miles que saímos á rua esse dia, puxemos em marcha um profundo movimento político contra um estado centralista e incapaz que ia mais alo da catástrofe ecoloxica que significaba o acidente, de feito as exixencias eran: Nunca mais, goberno dimisión, exixencia de responsabilidades e a adopcion de medidas preventivas.

Alen diso a Plataforma Nunca Mais exixia que os estaleiros galegos fosen parte da construccion de buques de duplo casco e remolcadores de altura. Umha exixencia que hoxe engarza coa realidade dun desemprego masivo.

 

Un xuízo sen culpabéis, mas con responsabéis

10 anos despois - dixo Marx que a historia si repite, “a primeira como drama, a segunda como farsa”- vai comezar o xuizo polo Prestige, cós tres acusados anteditos. A calquera que teña dous dedos de fronte, xorde-lle as seguintes preguntas: foron eles os que determinaron o rumo errático do buque, que foi o que provocou o desastre? Non tiveron nada que ver as ordes e contra ordes dos ministros e do goberno de afastar o buque? Atuou o Sr Lopez Sors pola sua conta?

Todo o mundo sabe que estas preguntas teñen unha resposta que non quere dar ninguén, porque cuestionarían todo o proceso, e terían que imputar a quen dera a orde de afastar o buque ate que afundiu a 240 km da Galiza, botando miles de toneladas de petróleo.

Os verdadeiros responsábeis do atentado xa foron “liberados” da sua culpa diante da sociedade, nin mais nin menos que polos componentes da Xunta Bipartita. Nun alarde de inconsecuencia o BNG e o PSOE evitaron investigar ate o final o que acontecera, quen foi o verdadeiro responsábel coletivo, o goberno de Aznar, a Xunta de Fraga e sobre toda a adopción das medidas que a Plataforma Nunca Mais esixira para que non voltara a acontecer un acidente.

Para o BNG como o PP perdera as eleccions e as “urnas falaran” poñendo á Xunta Bipartida, xá pagaran a sua incompetência. Dez anos despois imos a un xuizo sen que os verdadeiros culpábeis respondan e hoxe Galiza segue tan exposta a outro desastre como o 14 de novembro do 2002, tal e como afirman desde Greenpeace ate calquera organizacion ecoloxista.

E logo dubidan de porque perden eleccións tras eleccións. O peche da Comisión de Investigación nos Parlamentos español e galego, consensuado cos responsabéis do PP e sen culpabilizar a ninguen, porque as “urnas xa falaran”, foi o principio do seu fin, pois traizoou-se todo o que se loitara baixo o lema de Nunca Mais. O pobo galego ten memoria, e sabe que non pode confiar naqueles que cando tiñan a responsabilidade de levar ate o final o que nas rúas esixiran, non o fixeron.

As “urnas falaron”, si, e agora temos no goberno aos que converteron un acidente nun atentado, pois o Sr de los Hilillos é o presidente do goberno do PP. Se no seu momento a loita comezada o 1 D, continuada o longo de meses e rematada o 23 de febreiro na Marcha a Madrid de Nunca Mais, levarase ate o final, e non se puxeran todas as confianzas na chegada á Xunta, seguramente estaríamos falando dumha outra situación ben diferente. Agora non valen “lagrimas de crocodilo” polo que non se fixo,... nin pretender chamados a reivindicar Nunca Mais, seria “a farsa” que sucedeu o “drama” mal pechado fai anos.

A loita contra os mesmos responsabéis do atentado do Prestige, o PP, non a van encabezar os que tiveron a sua oportunidade para derrotalos e deixaron pasar. É hora de que o pobo galego, a clase traballadora galega abra um debate profundo que rompa cós que levaron a sua loita o pântano das institucions e o electoralismo, para comezar o camiño de se organizar independentemente frente os que, o igual que fixeron co Prestige, estan levando ao pobo traballador ao bordo do desastre social e econômico.

 

Galiza, 8 de novembro do 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.