1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Metal de Pontevedra: Aprendendo do pasado, preparando o futuro

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 20 Mai 2010 02:00

Roberto Laxe

Unha vez rematado o conflito do metal e dos parados do naval da provincia, é preciso tirar todas as conclusions do mesmo, pois pólas características que tivo a loita desde o seu comezo, polo que aconteceu ao longo dela, a actuacion das diversas forzas sindicais e políticas, e polo seu final, é unha fonte de leccions para a clase traballadora que há que analizar com seriedade para aprender no futuro.


Alen diso, é preciso remarcar que ainda que o obxectivo da patronal, rematar côa Bolsa de Traballo, fose conseguido, e o sector retrocedeu; isto so foi posible côa colaboracion activa das direccions dos sindicatos que tiñan o 51% do sector, CC OO e UXT. Sem medo a unha equivocacion, se istas organizacions non tiveran asinado en xaneiro o final da Bolsa de Traballo, e non romperan a unidade sindical, para apoiar a proposta da patronal, hoxe a Bolsa de Traballo seguiria em pé.

Temos que ter claro que o papel destos sindicatos foi chave para o retroceso, mas isto mesmo fai do acordo un acordo feble, e diante da negociacion do convenio o ano que vem, pon de novo sobre a mesa, e no cadro dunha crise como a atual, a exixencia do que foi unha gran conquista da clase traballadora em xeral, e do metal no concreto, a Bolsa de Traballo, pois ela permitia controlar o que a patronal non quere que lle controlen, as condicions de contratacion dos traballadores e as traballadoras.

De onde vimos?

A negociacion do convenio do ano pasado deu lugar á folga de maio/xuño, onde os metalurxicos entram na escena á ofensiva, côas reclamacions de aumento salarial e de mantimento da Bolsa de Traballo.

Os 27 dias de folga, que incluiron unha marcha a Compostela, remataron cunha situacion na que nin a patronal nin os traballadores impuxeron as súas condicions.

A patronal, co apoio da subdelegacion do goberno ordenando as cargas policiais, e o respaldo de todas as forzas políticas preocupadas pólas eleccions europeas, que se desmarcaron da folga, ainda que ao final algunha dera o seu apoio formal, non foi quen de derrotar a unha clase que demostrou unha firmeza, unha combatividade e uns métodos democráticos que moitos gostarían de ver desaparecidos.

Pola sua banda, os traballadores e as traballadoras so contaron côa firmeza da maioria da CIG, mentras CCOO e UXT estaban sempre ao borde da desconvocatoria da folga, desmoralizando e dividindo ás primeiras de cambio.

Chegouse a ista situacion de "empate" cando máis apretaba a crise, e a patronal comezou a presionar contra a Bolsa de Traballo, que, como xá se explicou, regulaba a contratacion, impedindo diste xeito a aplicacion da Directiva Bolkestein, é dicer, a contratacion de traballadores extranxeiros sem respetar ás condicions laborais e salariais conquistadas.

Na procura da aplicacion desta Directiva, a patronal buscou o respaldo de CCOO e UXT, asinando un acordo para sustituir a bolsa por unha tarxeta que non regula nada. Para desviar a atención, nos dias prévios, anunciaron o despedimento de miles de traballadores (os xornais chegaron a falar de 7000), co obxectivo de atemorizar e desmoralizar.

Asi, a comezos de ano, a patronal, CC OO e UXT asinan o acordo para facer desaparecer a Bolsa de Traballo o 14 de febreiro. As direccions sindicais diste xeito, traizoan aos metalurxicos, primeiro, abrindo as portas á política da patronal, e segundo, facendoo contra a democracia que caracterizou a loita desde o seu comezo, o acordo non é ratificado em asemblea xeral do sector.

De quen parte a resposta e a súa organizacion

Fronte a iste ataque, a CIG comeza a pular pola organizacion dos desempregados do Naval com eixo posto na defensa da Bolsa de Traballo. Ao mesmo tempo, promove a axitacion no sector, dentro dos estaleiros e as empresas, marcando claramente que o nexo de union entre os desempregados e os activos, nativos ou imigrantes, era a defensa da Bolsa de Traballo.

Esta union entre ambos os sectores da clase traballadora, desempregados e activos, tem un gran valor cara o movimento de parados que poda xurdir, diante da profunda crise pola que atravesa o sistema capitalista, pois é a maneira de evitar o enfrentamento entre ambos: os parados podem ser presentados como os inimigos e asi non dicer quen é o verdadeiro inimigo, a patronal, que é quen despide, rebaixa os salários, etc.

Ista política da CIG permtiu avanzar na concienciacion do problema e na necesidade de dar unha resposta homoxenea ao ataque, que se concretou na convocatória de folga o dia de clase obreira galega, o 10 de marzo, e para preparala, convocanse asembleas exixindo a restauracion da Bolsa.

Esta defensa da unidade do sector, dos desempregados cós activos, batia de fronte côa política das direccions de CCOO e UXT, que côa sua atividade so podia conducir ao retroceso, á perda de conquistas, á desaparicion da Bolsa de Traballo. De feito, na preparacion da folga do 10 actuaron man com man côa patronal contra as asembleas, impedindo nos feitos a súa celebracion (dixeron que eran ilegais), e chegando o mesmo día da folga a coller nomes dos que apoiaban a loita.

Fronte a isto, a concrecion desta política da CIG foi a acampada que desde o 1 de marzo, e o longo de 40 días, estivo nas ruas de Vigo. Umha acampada que, nun principio, cumpriu o seu obxectivo: ser un eixo para propagandizar a loita em defensa da bolsa de traballo do metal.

Neste momento a loita tiña un dia chave, a folga do 10 de marzo Dia da Clase Obreira Galega. A súa preparacion foi un camiño de obstáculos, os xá anteditos postos pola atitude de CCOO e UXT, da patronal, mais os médios, e toda a bateria mediática estaban em contra da folga.

A burguesía e os seus aparellos eran conscentes que xogaba moito nessa loita: unha victoria dos metalurxicos abria as portas a exixencias de control das contratacions que xá comezaban noutros sectores (a construccion); alen da situacion xeral que viviase na Galiza com masivas mobilizacions contras as privatizacions, folgas contra os despedimentos, manifestacions contra o pensionazo, etc. Os metalurxicos viñan sendo a vangarda, e a patronal tiña que derrotar a ista vangarda como fose: o brutal despregamento policial o mesmo dia da folga foi toda umha demostracion de forza.

A pesar disto, a folga foi un êxito, cun paro do 70%, mas isto non cristalizou nas manifestaciones, e ainda que demostraron esse dia unha gran solidariedade de clase cós desempregados, a traizon de CCOO e UXT, as ameazas aos postos de traballo, a presion mediática, o cansancio dunha longa loita, etc., pesaron moito.

Logo do 10 a falla de perspectivas

Despois da folga era preciso facer balance e ver as perspectivas de cómo continuar. A folga marcou un punto de inflexion no conflicto, e ainda que foi moi positiva, era evidente que non habia forzas suficintes para a defensa da Bolsa: de feito o mesmo obxetivo era confuso, o 10 de marzo xá non se trataba de defendela, pois desaparecera o 14 de febreiro polo acordo com CCOO e UXT, senon de restaurala. E para isso é preciso toda a forza da clase traballadora.

Pola súa banda a CIG, ainda sendo a única central sindical que coerentemente defendeu a Bolsa e as conquistas a partir da unidade dos traballadores e traballadoras, non foi quen de unir todas as loitas a redor da dos metalurxicos, nunha gran xornada de loita contra a crise, e non sacou todas as conclusions; alen mais, baixo a presion da traizon de CCOO e UXT fixo un balance optimista do resultado da folga do 10.

E como din os vellos sindicalistas, dunha loita non só temos que saber entrar, senon tamen como manterse e como sair, sem que isso sexa unha desbandada e unha derrota. Unha retirada a tempo é un victoria, pois preparanos para vindeiras loitas, e é evidente que nadie, nin a direccion da CIG, nin moito menos na acampada, foise capaz de dar a perspectiva correcta.

Neste cadro de desconcerto era inevitable o descontento na acampada. O seu eixo era a unidade do sector na defensa da Bolsa de Traballo, era o seu fio condutor, que unha vez roto, deixaba os acampados sem obxectivos de loita. Era preciso saber como sair da loita.

Aqui xurderon as manobras dalguns, que em vez de buscar unha saída que prepare as loitas que estan por vir, utilizaron o descontento ao servizo das pelexas internas na CIG, com métodos que so inducen á desmoralizacion, com infundios e envenenando a situacion.

A desesperacion froito da fallta de perspectivas é má conselleira. Nunha situacion como a actual, com centos de miles de desempregados, com escasas opcions de achar traballo, e cunha loita traizoada como ista, é normal que se dean situacions de desesperacion, que em ocasions conduce a que sectores minoritários queren ver cumpridos os seus obxectivos, xá mesmo. Sustituen o que so pode ser conquistado côa loita de, alo menos, todo o sector por accions minoritárias, e rematan considerando "traidor" a todo aquel que non acorde côas suas propostas.

A recuperacion da Bolsa, a loita contra Directiva Bolkestein e a division que quere introducir, a negociacion do vindeiro convenio como parte dunha loita máis ampla contra a crise capitalista non se fai desde accions individuais o minoritárias, senon côa mobilizacion do conxunto da clase obreira: non existen camiños mais cortos que o da loita da clase; e todo o que non a favoreza, desmoraliza e frea o seu desenvolvimento.

As perspectivas

A modo de pasada, e para os que poñen a pelexa interna por cima da loita dos traballadores e as traballadoras, a Bolsa de Traballo é unha gran conquista para toda a clase obreira, pois estabelece un principio profundamente anticapitalista: o reparto de traballo entre os traballadores e traballadoras do sector, e quen controla as contratacions, em que condicions laborais e salariais faise, se a patronal á súa vontade ou a clase traballadora a través da súas organizacions.

Poren non se pode meter na mesma saca as traizons de CCOO e UXT cós erros da CIG, é un fraco favor ás necesidades da clase traballadora. A CIG foi a vangarda da loita, e cometeu erros, si, mas non traizoou e isso é cualitativo para o futuro. Aprender a diferenciar quen esta no lado da barricada da clase traballadora e quen non, é unha das principais leccions desta loita.

Outra, e isso marca as perspectivas, é que o dia 10 demostrou que si bem os metalurxicos estaban dispostos á mobilizacion, non habia forzas suficientes para impor a restauracion da Bolsa de Traballo. Mas, como non há nin despidos masivos, nin EREs, nin nada que se lle pareza, senon que há posibilidades de carga de traballo, as forzas estan, nun sentido, intactas.

A loita pola recuperacion da Bolsa de Traballo dos metalurxicos de Pontevedra é o nexo de union entre os activos e os desempregados, tem que estar presente em calquer actividade sindical, e na primeira liña na negocacion colectiva do ano que ven.

Construir un sindicalismo de clase e combativo

Mas, a clase obreira no seu conxunto enfrenta unha crise dunha gran profundidade, e todos os gobernos, côa Union Europea detrás deles, xá esqueceron as promesas de "refundacion" do capitalismo do ano pasado, cando a economia ia em caída libre. Este ano os responsabéis da crise xá non son os banqueiros e empresários, os mercados nin os benefícios, este ano os "responsabéis" son os traballadores e as traballadoras, aos que se lle aplican planes de austeridade, os recurtes nos salários, no posto de traballo, nas condicions laborais,... Neste cadro se vai dar á negociacion do convenio do ano que vem, côa patronal á ofensiva trás as políticas dos gobernos, na procura dunhas reformas laborais que rebaixe as conquistas sociais.

Por isso, as políticas conciliadoras do sindicalismo das cúpulas de CCOO e UXT como demonstra a súa traizon no metal, non son só inúteis, mas contraproducentes respecto as conquistas da clase traballadora. Ainda que convoquen á mobilizacion, non se pode confiar nas suas palabras, sempre será o servizo da conciliacion, do pacto social, da negociacion côa patronal e os gobernos, e a clase traballadora sabe por experiência que todo pacto social só redunda nun novo retroceso nas súas condicions; así é desde a Transicion e os pactos da Moncloa.

A loita contra as políticas dos gobernos, as directivas europeas que introducen a division na clase traballadora entre nativos e "extranxeiros", pola recuperacion das conquistas, fai preciso o desenvolvimento dun sindicalismo de clase, democrático e combativo. A experiência dos metalurxicos, da súa loita, é xusto que esse é o camiño: a firmeza nas reivindicacions, a defensa das conquistas côa mobilizacion independente da clase e cós métodos da democracia obreira, da asemblea onde se toman todas as decisions.

Estas leccions teñen que estar na base da reconstruccion do sindicalismo ao servizo da clase traballadora, que se apóie nas experiências de loita no conxunto do estado, da TMB de Barcelona, dos Metalurxicos, das comarcas andaluzas que fixeron folgas xerais contra a crise, etc., que teña como alicerce a preparacion dunha folga xeral, e agrupe a todos aqueles que estean contra os planes capitalistas dos gobernos, na procura dunha saída obreira e popular á crise.

A CIG e todas as organizacions sindicais que defendan estas bases da loita da clase obreira teñen um papel central na reconstruccion do sindicalismo combativo no Estado Español e na Union Europea, tendendo pontes e puntos de encontro com todas as correntes sindicais que defenden os mesmos princípios.

Galiza, maio do 2010


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.