Bankia é filla do proxecto "recentralizador" do Estado Español, e foi presentado como o 3 ou o 4ª banco español, bem asentado no corazon do capital que alguns chaman "castizo", é dicer, o que tem sede em Madrid. Non há mais que escoitar aos dirixentes madrileños, e os seus voceiros mediáticos, a TDT Party, sobre a "bandeira que nos une", ou o exceso que son as Comunidades Autonomas; algun de feito chega a pedir a sua disolucion.
Non se pode entender o falseo das contas, a sobrevaloracion dos activos de Bankia se non se parte deste proxecto recentralizador do capital español: desde a Capital do Estado tiñan que presentar un proxecto finaceiro que poidera competir co catalan ou o basco.
Do mesmo xeito que as reformas laborais ou a austeridade nas contas publicas que redundan em privatizacions, procuran o aumento dos benefícios empresariais, sexan da nazon que sexan - isto é o que lles une-; a centralizacion e concentracion do capital fai parte deste mesmo obxectivo. Mas isso é o que lles divide, pois todos queren arrimar á sardiña a sua ascua, e o capital "castizo" conta, nesta pelexa, co apoio do aparello do estado centralista español.
Neste sentido, a liquidacion de todas as caixas de aforro como entidades publicas nun proceso privatizador no que tanto o PP e o PSOE acordaron, desde a época de Felipe Gonzalez, pasando por Aznar, e terminando pola lei de Caixas pactado entre ZP e Rajoy, esta o servizo deste proceso de recuperacion dos benefícios da gran banca.
É entregarlle á banca, ao BSCH o BBVA, etc., o 50% do aforro español a precio de custe, como umha outra maneira de ir o seu resgate.
Bankia, como o Novagalicia Banco, a CaixaBank, son froito deste obxectivo, o que diferencia a uns e outros é a exposicion o tixolo, á burbulla inmobiliaria. Mas tamen é decisivo a division do traballo, o papel que cada pobo cumple no desenvolvimento do capitalismo. De igual xeito que CaixaBank é parte dumha burguesia, a catalana, com intereses próprios e ás veces contradictorios co capital "castizo", Novagalicia Banco é parte dumha burguesia cipaia, entregada em pés e mans a esse capital.
O final do camiño é que a burguesia, o capital, sexa do pais que sexa, procura a saída da crise desmontando todas as conquistas, Reformas Laborais, Privatizacions e entrega do aforro popular á banca, e se o proxecto "recentralizador" triunfa, o aforro galego –como o dos demais zonas do estado- ficaria nas mans do capital español.
Intervencion ou nacionalizacion
A prensa anunciou a "nacionalizacion" de Bankia, como fixo o goberno arxentino cando anunciara a "nacionalizacion" de YPF, numha perversion da linguaxe que só pretende desmotivar a resposta popular: como xa esta nacionalizada non cumpre exixir a sua expropiacion. E isso é mentira, a expropiacion, é dicer a nacionalizacion segue a ser o obxectivo da loita popular porque intervencion e nacionalizacion non son sinomimos.
Asi, tanto no caso de Bankia como do YPF, os gobernos non "nacionalizaron", senon que interviron as empresas, fixeronse com accions da empresa, convertindose diste xeito em sócios. No caso arxentino, o estado é sócio maioritario dumha empresa privada na que o 25% esta em mans da burguesia arxentina.
No caso Bankia, o Estado transfomou a sua participacion monetária a traves do FROB em accions, convertindose no sócio cuasi total do Banco. Isto non é nacionalizacion, é intervencion co obxectivo de sanear as contas para logo vender o resultado ao mellor postor. Nacionalizacion é que o estado constituira umha banca estatal, non por accions, senon que a sua titularidade pasara ao estado dun xeito directo.
Manter as accions é manter a estructura capitalista da propriedade, a loxica de traballar para o beneficio, só que o patron é o estado. No caso dumha nacionalizacion a loxica é a de constituir umha institucion que sexa propiedade integramente do estado, a traves dos organismos que sexan precisos, Banca Publica, etc.
Nacionalizacion e control obreiro
Non podemos esquecer que tanto a intervencion como a nacionalizacion feita por um goberno burguês, teña a cor que teña, non tem como obxectivo poñer os activos, o parque imobiliário, o diñeiro do banco ao servizo da clase traballadora e o pobo, senon que é para sanear as suas contas e nun prazo de tempo, poñelo á venda.
E o que significa sanear as contas; em primeiro lugar despedir a traballadores. Este é primeiro paso que todos os gobernos burgueses dan para "sanear" umha empresa, o recorte dos chamados costes laborais, e o aumento da taxa de explotacion do cadro de persoal. Ou o que é o mesmo, facer rendible umha empresa desde critérios do lucro, da optimizacion do beneficio que dicia Samuelson.
Isto, obviamente, vai significar que os traballadores e as traballadoras de Bankia van ter que sair a rua, para defender com firmeza todos os postos de traballo. Mas coñecendo ás burocracias sindicais do Estado Español, de como ubican sempre estos conflictos (levan mais de dous anos negociando prexubilacions e baixas incentivadas em todas as caixas de aforro que como Bankia teñen pasado a mans privadas), é mais que probable que o seu obxectivo sexa o de negociar as prexubilacions, esquecendo que isto so significa un debilitamento dos traballadores e traballadoras, nun retroceso nas condicions laborais - agravado pola existência da actual Reforma laboral-, e non defender TODOS os postos de traballo.
Mas un banco non é umha empresa normal, senon que o seu papel na economia é central. E onde se gardan os aforros e o diñeiro da poboacion traballadora, e é quen tem nas suas mans o de dar créditos, o de mover ou pechar ás empresas, o consumo etc.
O plan de saneamiento nas mans dun goberno burguês só pode redundar no despido, no peche do credito e no que os arxentinos puxeron de moda, que dun xeito sutil veñen facendo desde a banca española desde que comezou a crise, o "corralito". Por isso, a única garantia de que o aforro popular e os postos de traballo sexan garantidos pasa porque a nacionalizacion, é dicer, a expropiacion de Bankia sexa baixo control dos traballadores e as traballadoras, das organizacions de usuários, etc.
Ir neste camiño supon umha outra politica ás levantadas pólas organizacions políticas e sindicais tradicionais, que como moito fican na exixencia da nacionalizacion. Nacionalizacion sem control obreiro é pouco mais do que tem feito o goberno, a intervencion para vender o mellor postor.
A experiência grega: o control obreiro en hospitais e medios
A clase traballadora e o pobo grego son a vangarda da loita contra os planes de privatizacions, contra a austeridade e os axustes.
Hoxe, como se puxo de manifesto nas eleccions, em Grecia avanza cara um desgoberno, que na base da sociedade comeza a ter as suas manifestacions. O alto grão de mobilizcion social tem as suas expresions na ocupacion por parte dos traballadores e as traballadoras de hospitais e médios de comunicacion, postos baixo o seu control, a través de asembleas de centro de traballo. A extension deste proceso de autoorganizacion é a base sobre a que é posible construir o doble poder que enfrente no seu momento o estado burguês.
No estado español, e froito do atraso na conciencia da clase traballadora, imbuída de prexuizos burgueses desde os aperellos sindicais e políticos, a sucesion de quebras e peches de empresa, de desemprego masivo non foi contestado com accions que historicamente foron os eixos da loita, a ocupacion de fábricas e centros de traballo; e com reivindicacions da clase traballadora como o reparto do traballo, sem reduccion de salário, xubilacions com contrato de relevo onde non se perden postos de traballo, senon que un traballador novo sustitúe outro máis vello.
A caracter democrático burguês da ideoloxia das direccions políticas e sindicais exclúen por definicion propostas deste tipo, situandoas nas reivindicacions á defensiva como a das prexubilacions sem contrato de relevo, etc., e que sempre, o final, resultan en derrotas para a clase obreira.
Umha outra politica é posible: Control obreiro para umha saída socialista da crise
Desde que comezou o proceso de desmantelamento e privatizacion das Caixas de Aforro baixo o goberno de ZP, o FROB, organismo encargado de garantir este proceso desde o estado, levan gastados miles de millons de euros. No camiño, e mentras destruiron miles de postos de traballo, os executivos das vellas Caixas xubilaronse com indemnizacions millonarias.
Todo este camiño ao servizo da mellora da situacion da banca española, fortemente acuciada pólas consecuencias da burbulla inmobiliaria.
Tanto o goberno de ZP e agora mais duramente co goberno de Rajoy, a única via marcada é a da destruccion das conquistas sociais e laborais. Xa va sendo hora de comezar umha outra politica frente ás saídas burguesas que se propoñen.
A banca española, como a banca europea, leva gañado billons de euros gracias aos sucesivos plans de resgate impulsados desde a Union Europea, xerando umha debeda publica que queren pagar coa privatizacion de todos os servizos públicos, desde a educacion ate a sanidade. Xunto côas Reformas Laborais, estas constitúen os eidos da saída capitalista a crise.
A loita contra as Reformas Laborais, polo non pagamento da debeda e contra as privatizacions pon á clase traballadora na obriga de levantar umha proposta sua, independente de calquer programa interclasista que basee a saída da crise em medidas burguesas, como son as propostas que agora veñen de Francia, de activar o crecimento a través do consumo, favorecendo de novo o credito; ou o que é o mesmo, a sua contrapartida a debeda privada.
Para a clase traballadora e o pobo non colle outra saída que sacar o diñeiro de onde esta, para poñerllo o servizo de plans de desenvolvimento que resolva as necesidades sociais, de hospitais e educacion, de servizos sociais, asi como a planificacion democrática da economia a partir destas necesidades, que rompa coa loxica da montaña rusa na que esta instalada a economia capitalista.
A expropiacion da Banca baixo control obreiro é a pedra angular dunha saída obreira e popular á crise, pois é a garantia de que as medidas favorabéis á poboacion traballadora van ter a financiacion que a fagan posible, sen cair de novo na espiral do credito/debeda.
Mas para avanzar neste camiño é preciso construir umha organizacion politica que a partir da mobilizacion social sostida no tempo, rompa coa loxica burguesa dos que, como IU, limitanse á exixencia de nacionalizacion de Bankia. Bankia é a punta dun iceberg contra o que temos que loitar, e a sua intervencion ou mesmo nacionalizacion non resolve nengun dos problemas xerados pola crise do sistema capitalista.
Romper esta loxica é construir un programa de transformacion socialista da sociedade que tem como eido central a loita por umha saída obreira e popular á crise.
19 de maio de 201