Os pactos da Transición foron un acordo de paz social entre as organizacións da clase obreira e do pobo -o PSOE, o PCE, CCOO- e a burguesía quen, dentro dunha freada ás loitas e conquistas do movemento de masas, procuraba a implicación desos aparellos no control dese movemento.
A burguesía pactaba coas cupulas políticas e sindicais a xestión dos fondos necesarios para manter eses pactos, desenvolvendo así uns aparellos burocráticos descomunais respecto dunha base social que retrocedía. A columna vertebral do réxime era, por unha banda, todo o aparello procedente do franquismo (xudicial, policial, militar e a xefatura do estado) e por outro, os aparellos políticos e sindicais do movemento obreiro. Á fronte de todos eles colocaron ao Bonaparte Juan Carlos, que foi lexitimado como demócrata nese golpe zarzuelero do 23 F.
Isto supuñan certas conquistas e concesións políticas e sociais, sobre todo no que facía ao control administrativo da negociación entre as clases, como os convenios colectivos, os despedimentos colectivos, etc. etc., mentres as condicións materiais da clase obreira, salarios, horarios, etc., íanse negociando entre eses aparellos -cada vez máis conservadores- e os representantes da patronal e os seus sucesivos gobernos, cun empeoramento sistemático, pero non cualitativo das súas condicións.
Puntualmente foi preciso convocar folgas xerais, como a histórica do 14D do 88, ou a do 20J do 2002, contra medidas especialmente lesivas dos gobernos contra a clase traballadora.
As institucións do réxime, mentres tanto, non sufrían en demasia as consecuencias da loita de clases, reducida a respostas puntuais e sindicais aos intentos da burguesía. A paz social, só rota en Euskadi e parcialmente na Galiza, era a nota dominante, posto que o capitalismo aínda tiña marxe de manobra para soster os privilexios desas clases medias que daban estabilidade ao réxime.
A crise desatada no 2007, a máis dura do capitalismo desde o 29, esta levando por diante o Estado do Ben estar, e con ele a base social que daba estabilidade ao réxime, ás súas organizacións políticas, sindicais e sociais. O 15M foi a rebelión desta base social, da aristocracia obreira, da mocidade educada na expansión económica, de sectores da pequena burguesía empobrecida e arruinada polos grandes bancos.
Hoxe todas as organizacións da chamada esquerda ou "progresismo", están en crise aberta, desde o PSOE até o BNG, pasando por EU. No momento en que un amplísimo sector social xira á esquerda, e comeza a romper co réxime, incluídos sectores da pequena burguesía, as organizacións que din representalos dedícan-lle ao rei un aplauso xeneralizado. Desta maneira, a pesar de repuntes electorais como o caso de EU, entran en crise e divídense.
Evidentemente isto é expresión dun feito fundamental: a crise é tan profunda, a necesidade do capital de recuperar os benefícios é tan grande, que hoxe non hai sector no mundo que se poida quedar á marxe do seu afán privatizador.
Din Marx que unha das forzas contrarrestantes da caída da taxa de ganancia é a ampliación da base produtiva do sistema. A incapacidade deste para desenvolver novos sectores produtivos que permitan un novo ciclo de acumulación de capital, lle esta levando ampliar esa base estendendo a man aos servizos públicos para polos no mercado, e convertelos en xeradores de plusvalía e lucros. Da mesma maneira que a reconversión, privatización e desmantelamento da industria estatal pesada nos 80 permitiu esa ampliación, agora pretenden facer o mesmo cos servizos públicos (sanidade, educación, servizos sociais).
Como son conscientes de que esta privatización non os aumenta cunha marxe suficiente que permita unha nova fase de acumulación e expansión, a burguesía desatou unha verdadeira guerra social contra os salarios e as condicións laborais, o capital aposta pola sua redución pura e simple e a ampliación da xornada. Para conseguilo, o goberno deu un novo xiro na porca contra as condicións laborais da clase traballadora, e impoen a Reforma Laboral aprobada hai uns días.
Pero non é unha Reforma Laboral calquera, é a ruptura do pacto da Transición cos aparellos sindicais entregando o mando absoluto das relacións laborais á patronal, tan é así que sente o suficientemente forte para ameazar a arma de loita da clase obreira, o dereito de folga. O papel sindical de mediación queda relegado, desaparece a súa función dentro das relacións laborais, tanto nos despedimentos colectivos como na negociación colectiva, ao darlle prioridade a descólguelos, ás decisións patronais en función de "perdas", "causas obxectivas", etc.
As burocracias construídas como xestoras desta "intermediación" entre as clases perden o seu sentido de ser, da mesma maneira que sucede cos/as traballadores /as da función pública, ante a privatización dos servizos. A base social que permitía a existencia dos PSOEs, BNGs, IUs, CCOOs, polo desaugadoiro da crise, e con ela a estabilidade do réxime
Pero non quedan quietos, ao redor dun sector do neoreformismo de EU e ATTAC, da Plataforma "quen debe a quen", en Galicia da corrente ligada a Beiras, que acaba de abandonar o BNG, e dun amplo sector do 15M se esta dando un proceso de reagrupamiento de forzas da socialdemocracia para ocupar ese espazo social (dentro do 15M esta aberta a discusión da súa constitución como Partido Político), vista a deserción total do PSOE, que hai anos xa abandonase o programa da socialdemocracia polo neoliberalismo.
O 29 M e despois
Nestas condicions, temos por diante a folga xeral do 29M. A clase traballadora esta na obriga de loitar, pero faino con dous problemas craves, un, a existencia de 5 millóns de parados fai que a retagarda este serveramente golpeada e dividida, e dous os "xenerais", é dicir, a "estraña parella" Toxo-Mendez.
Enfronte temos a unha burguesia, española e europea, decidida a destruír todas as conquistas, firmes nas súas posicións, e con moi poucas -por non dicir ningunhas- diverxencias entre elas. O goberno sentese apoiado pola súa clase, mentres que os traballadores e as traballadoras desconfian profundamente dos seus "dirixentes", que todo o máis que aspiran é a que o goberno "rectifique", é dicir, non lles quite o pan e o sal, e déixelles polo menos o pan (os cursos de formacion, que esta Reforma laboral redúcelles á metade).
Por este motivo, na nosa opinión é central incorporar aos parados á loita com propostas que unifique a todos os traballadores/as, activos e desempregados, com propostas como "pola repartición de traballo, traballar menos para traballar todos"; porque hoxe o problema fundamental da clase obreira española é que a burguesia entendeu perfectamente a Marx con iso da concorrencia entre os traballadores e traballadoras, creando un gran exercito de reserva industrial cos 5 millóns de parados, para presionar á baixa as condicións dos activos
Neste cadro, "ten razon" o goberno cando di que "unha folga xeral non é a solucion", e, moito menos, con esa consigna tan melíflua das cúpulas sindicais como é a de "sentar a negociar" para "rectificar".
Non há nada que "rectificar", como vimos a Reforma Laboral é un salto cualitativo nos ataques á clase traballadora; xa non é só ao Estado do Benestar e aos servizos públicos e sociais, senón ás estruturas actuais das relacións de traballo, un retroceso de cen anos, rematando com esa "anomalia histórica" que é para o capital a negociacion colectiva dos direitos da clase traballadora. É à volta á aparente relacion de igual a igual, individual, entre o empresário e os traballadores.
Poren, a CIG fala de que esta Reforma é "un golpe de estado", e na nosa opinion, non vai desencamiñada; da mesma maneira que os Pactos da Moncloa foron uns acordos politicos, que ían máis alo do sindical, cambiaban a correlacion de forzas nas empresas, esta Reforma Laboral ten o mesmo sentido politico.
Por iso é irreformable, pois fai a unha estratexia da burguesia, e pon o liston da resposta moi alto. Hoxe, para evitar a Reforma, hai que derrubar este goberno. Non é un Plan de Emprego Xuvenil como o 14 D do 88, non é unha reforma como a de Aznar dle 2002; é un cambio estrutural, estrategico, nunhas condicións de crises economica que non habia no 88 nin o 2002.
Por isto é central ter claro, un, de que aínda que esta folga xeral non saia ben, non é máis que unha batalla dunha longa guerra, dous, que por iso é preciso un plan de mobilizacións democraticamente decidido en asembleas até derrubar este goberno, inimigo polo vertice da clase obreira e os pobos.
Neste sentido, e para non quedar atrapados nos zigzags á esquerda das cupulas sindicais é imprescindible a exixencia de democracia obreira. Unha Folga Xeral gáñase o dia da folga, pero prepárase votando a folga. Os traballadores e as traballadoras teñen dereito e deber de votar, non só as cupulas burocraticas. Esa é a verdadeira acumulacion de forzas que prepare o exito o dia da folga, e da loita que tem que seguila.
Galiza, a 15 de marzo do 2012