O chisco de verdade en todo isto, na crise grega, na española ou na irlandesa... é que xunto cos datos da realidade (elevado deficit e debeda, taxas de desemprego desbocadas, etc.) o sector máis especulativo do capital esta a "xogar" cos riscos e os tipos de xuro dos países que teñen mais problemas na Union Europea. Iso é totalmente certo, os rumores fan parte das decisions nas bolsas, e os fabricantes de rumores estan moi interesados nese xogo.
Este é o elemento que utiliza o goberno para defender as suas políticas, e para defenderse dos ataques, reais ou ficticios, contra a estabilidade monetaria española.
Mas, tras ista verdade o que se agocha é algo moito máis profundo: porqué os especuladores podem xogar ao xogo de presionar a istos paises co gallo do seu deficit ou a súa debeda. E porque tanto as burguesías como os gobernos asustanse tanto, aceptan facer plans de choque que levan aos paises cara a recesion: en Grecia é o plan da UE quen esta abocando ao país a entrar en recesion. É a burguesia imperialista europea quen vai provocar un retroceso dun 3% no PIB grego, porqué?.
E non so iso, ameazan a estados mais grandes que Grecia ou Portugal, os especuladores apuntan tamen ao Estado Español e mesmo Italia. Cuestionan diste xeito, partes centrais da Union Europea, ainda que non o seu corazon, a Alemaña e a Francia. Qué gañan con este debilitamento de partes importantes da Union Europea, e da sua moeda, o euro.
Dicia Conan Doyle no seu persoaxe Sherlock Holmes, que se queres saber quén é o responsable dun crime, busca quen sae beneficiado do mesmo.
Do debilitamento do euro, o primeiro beneficiario é a burguesia aleman, que ate ha poucos meses era a primeira potencia exportadora do mundo (agora é China), e que cun euro forte as suas exportacions debilitabanse. Mas existe outro beneficiario, os EE UU, pois nos ultimos anos via como a sua capacidade de endebedamento baixaba a mesmo ritmo que o dólar perdia control de sectores do mercado mundial. Agora mesmo o 25% do comercio mundial xa se fai en euros, e moitos paises estan pasando parte das suas reservas de divisas á moeda europea (China á cabeza); e isto é un desastre para a economia com máis debeda do mundo, a ianqui.
Mentras o mundo ía sobre rodas coa taxa de ganancia ou os lucros pola especulacion, daba para todos, non existia problema irresolubel. Competian, si, mas, sen que a sangue chegara o rio.
Mas estoupou a crise, a taxa de ganancia caeu por baixo da rendabilidade dos investimentos, a especulacion deixou de ser o balon de oxixeno, pois baseabase nunha capacidade de creto e compra que xa non existe, é dicer, a tarta xa non chega para todos; enton desatase a guerra comercial, financieria, monetaria,... (a guerra por outros medios non esta na orde do día, polo momento). É o salvese quen poda, e cada un salvar os seus investimentos.
A burguesia aleman, principalmente, sendo como é a mais poderosa da Union Europea, impon as súas condicions, que non son outras que as aprobadas no Tratado de Maastricht: o limite do 3% no deficit publico, a debeda publica inferior ao 60% do PIB.... da taxa de inflacion non se preocupan, pois o risco nesta crise é a deflacion. Tanto lle ten que estos limites sexan os criterios para o xogo especulativo: os especuladores son xogadores de casino, os limites de Maastricht (o seu cumplimento ou incumplimento) é o risco que asumen coa xogada, e as axencias de cualificacion, os crupiers.
Os limites impostos ás economias no Tratado fundacional da Union Europea foron acordados nunhas condicions economicas moi diferentes ás de agora: restauracion capitalista no leste, recolonizacion, expansion da "revolucion" tecnoloxica (internet, Pcs á esgallo, informatizacion masiva da economia, etc.), neoliberalismo e privatizacions masivas nos 80 e sobre todo nos 90, destruccion das conquistas da clase traballadora.
Hoxe, a restauracion xa rematou e o unico que existe no mundo é capitalismo, a recolonizacion bate contra procesos como o venezuelano ou o ALBA, a revolucion tecnoloxica chegou o seu teito (a crise das .com a comezos de seculos foi o aviso), e xa non queda que privatizar salvo nalguns países da "vella" Europa. As conquistas dos 60 da clase traballadora xa non existen mais, salvo algunhas na "vella" Europa.
Este é o problema. O Tratado de Maastricht que sirviu para construir unha Union Europea neoliberal, serve agora para rematar o traballo privatizando o pouco que queda no Estado -ista é a esencia da campaña contra o deficit, por iso o limite do 3% sirvelles para ameazar ás poboacions: ou admites a privatizacion, é dicer a conversion en negocio o que ate ao de agora é servizo, ou pecho-, e atacando as conquistas da clase traballadora.
A loxica dun sector da burguesia de toda Europa, a que vai quedar fora de xogo se desde os poderes centrais da Union, presionase moito é a de saírse da UE.
Para todos, ate o de agora, a UE éra a taboa de salvacion, o balon de oxixeno, que, mal que ven, permitialles facer parte da acumulacion de capital dun bloque imperialista. Mas, agora que non ha para todos, van comezar a rexurdir as tendencias "separatistas", ultranacionalistas: a culpa ou é da Union Europea, do euro (co que todos eles estaban moi contentos, non fai tanto tempo), ou dos imigrantes; ou dos dous ao mesmo tempo, como unha maneira de desviar o obxectivo: o problema esta nun tipo de union europea feita baixo os criterios de Maastricht, a Union Capitalista Europea.
E digo isto, porque hoxe, co capitalismo que hoxe temos, é impensable outra union burguesa que non sexa a de Maastricht. Maastricht non é neoliberal, é a expresion "xuridica" do capitalismo deste tempo que tocounos viver. Por iso, gobernos aparentemente non neoliberais como o de ZP asustanse coas manobras especulativas, e admiten a sua presion; se ate un dirixente "sindical" como Toxo, no 1º, fixo eixo no creto. Nas suas palabras a saída crise pasa por que "haxa creto"; é dicer, que a xente, que xa debe ata a camisa, colla máis debeda, que a pequena e mediana empresa, que o gandeiro ou o labrego, pidan diñeiro aos bancos. A receita de Toxo é a receita dun neoliberal con titulo de sindicalista.
Para todos os representantes do sistema, politicos progresistas, sindicalistas de salon, etc., as fronteiras estan nos limites impostos en Maastricht. Fora del non ha vida.
A crise grega en realidade é a crise un modelo de union europea que non ten que ver coa verdadeira unidade que precisa Europa.
Os gregos colgaron o outro día unha faixa na Acropolis baixo o lema: pobos de Europa, alzade-vos. E situan perfectamente o problema.
As folgas xerais gregas contra os plans da UE baten directamente contra a aplicación dos limites impostos polo Tratado de Maastricht: reducir o deficit ao 3% e a debeda ao 60%, e para iso se teñen que vender illas do Exeo, que as vendan; mas que comecen privatizando, conxelando...
Grecia é o que lle reservan a todos paises de Europa (e que non se pensen os alemans o franceses que non lles vai tocar), é o campo de probas. A especulacion como xustificacion deu resultado, agora estan probando co Estado Español. Asustan aos gobernos con datos para xerar na poboacion a sensacion de que os limites de Maastricht son leis da vida, leis da natureza, contra as que non se pode loitar.
E teñen que asustar a gobernos como o español, o grego ou o portugués, porque son gobernos que din representar á clase traballadora, "socialistas", que prometen non tocar as conquistas sociais, que a sua base electoral e social esta xusto na clase traballadora (a un Sarkozi, un Berlusconi, ou Aznar/Rajoy non lle tremaria a man porque a sua base social é outra ben distinta, a que pide man dura, disciplina -Aznar dixit-, despido libre e gratuito-nin 33 dias quere a CEOE-); mentras baixo man van facendo a mesma politica que os outros. Mas precisa "xustificarse": non podemos facer outra cousa, senon os "mercados" van a por nós.
Hoxe, a crise, e a loita contra a crise esta no campo de xogo de Europa, da Union Europea. Foron eles coas suas manobras especulativas, cos seus plans de resgate, cos seus plans de choque, os que sacaron a necesidade da resposta das fronteiras estatais. E asi temolo que asumir.
Os limites de Maastricht, a Union Europea é o inimigo a batir. A palabra de orde dos gregos, "pobos de Europa, alzade-vos", ten que marcar as axendas da esquerda europea. Fronte a os plans da Union Europea, por unha saída obreira e popular da crise a nivel Europeo.