Para evitalo, xurden todo tipo de propostas de control dos supostos responsebéis, os "especuladores", os "mercados", como se istos fosen entes "imaxinarios" sem nengunha conexion côas persoas e a vida.
Se non queremos ficar atrapados nas saídas socialdemocratas á crise (ou nin tan siquer iso, keinesianas), temos que retomar cal é o motor da crise, que non é a debeda nin o deficit, é a queda da taxa de lucro e a crise do modelo de acumulacion, o que está a xerar conflitos interburgueses brutais (ha umha viaxe "segreda" de H Clinton á China e Extremo Oriente, pois China ven de constituir um mercado libre por fora do ASEAN, e sen control ianqui), verdadeiras guerras financieras onde xogase o futuro da moeda que vai ser o referente (dolar, euro, yuan, ou a moeda que propon o goberno chines), e poren a que permitirá absover o capital mundial á sua burguesia, como aconteceu coa libra no seu momento ou co dolar ate o de agora.
A debeda e o deficit son a propaganda para impor algo pior. Son as palabras de orde actuais como foron as hipotecas subprime no seu momento . Mas son conceptos contabéis modificables por lei, como no debate ianqui sobre o "limite" da debeda e o deficit, non realidades economicas
Por exemplo, no Estado Español. Se realmente fose um problema o deficit e a debeda, con sacar á luz a economia sumerxida, que constitue o 24% da economia, o PIB español estaría fora da recesion. ¡FORA DA RECESION!. Mas, no E Español iso supon tomar umha medida anticapitalista, pois 24% da economia supon tocar, con ollos e cara, aos empresarios que manteñen a economia sumerxida, que beneficia non só o pequeno ou o autonomo, senon aos grandes, comezando polos que controlan a 2 de cada 5 obras publicas mundiais (si, mundiais), as grandes constructoras (FCC, ACCIONA, Ferrovial).
Se o problema fose a debeda ou o deficit, chega con subir os ingresos; a isto chamase keynesianismo. Mas... o problema é mais de fondo, porque na situacion actual de caida da taxa de lucro e a crisis do modelo de acumulacion (petroleo, etc.), a unica maneira que os capitalistas coñecen para subir os ingresos, da produccion de bens non pode facelo (este é o significado da queda da tasa de ganancia), é incrementando a explotacion dos traballadores e especulando.
O capitalismo esta atrapado na vella contradiccion entre os capitalistas e politicos atados aos "vellos" modelos de acumulacion de capital, que concretase nun sistema de produccion de mercancias obsoletas, e a incapacidade para que un novo modelo de acumulacion de capital alumbre, e xenere umha nova onda expansiva da economia: é a concretizacion da contradiccion da Critica da Economia Politica de Marx, cando din que do choque entre o desenvolvimento das forzas productivas que baten coas relacions sociais de produccion, xurde umha "era de revolucion social". Esta contradiccion é irresoluble... salvo un retroceso salvaxe nas condiciones de vida da poblacion en xeral, e no concreto da clase obrera.
Esto é o que significa a destruccion masiva de forzas productivas. Destruir para construir. O capitalismo ten saídas á crisis, e a debeda/deficit non é mais que unha xustificacion para facelo sin tocar aos propietarios dos medios de produccion.