1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

A Politica e os “políticos”

Roberto Laxe - Publicado: Sábado, 10 Abril 2010 01:00

Roberto Laxe

Desde hai xa tempo, as enquisas sitúan aos “políticos” como un dos problemas centrais da sociedade no Estado Español, como expresión dun descreimiento crecente dentro da poboación ante o que está a suceder, cun goberno incapaz de frear o aumento do paro, ao que só se lle ocorren medidas contundentes de rescate de bancos: aí si gastaron diñeiro.


Nos últimos días e tras a apertura do “macro” sumario da trama Gurtell, onde en 50 mil folios están a destapar o que se deu en chamar o caso de corrupción máis grande da democracia, desde os medios de comunicación, especialmente os afíns ao PP, vén deixando cair unha idea moi perigosa, aínda que popular: “todos os políticos son iguais”, e, por extensión, a política é un lixo e os que a exercen só buscan o seu beneficio.

Este é a mensaxe que queren transmitir para tapar a realidade, que a corrupción dos políticos sería imposible si non houbese quen os corrompese, é dicir, beneficiarios do político corrupto.

A “compra” de servizos, as “comisións”, etc., son parte consustancial do sistema; son o seu mecanismo de funcionamento normal (que non necesariamente legal). Comisións cóbraas o vendedor, comisións cóbranas os bancos polo mantemento das contas ou polo que sexa, subvencións cóbraas a Igrexa, as ONGs, os partidos con representación parlamentaria. A diferenza non é o fondo da cuestión, a comisión, a subvención; senón a forma, si é legal ou non.

O financiamento de partidos establece uns límites legais, as subvencións ás ONGs esixen unhas  condicións legais. É dicir, son leis feitas nos parlamentos, regulamentos feitos nos concellos ou comunidades autónomas; e o que é legal nun caso, pode ser ilegal no contrario.

O exemplo máis claro é a lei de partidos. É legal, si, porque é unha lei; pero está feita a medida dunhas necesidades políticas concretas, e por iso, si serve para ilegalizar a uns, pero non para outros. Por que cando se fala de que algo é legal, sempre hai que ver que obxectivos tense con esa lei. A lei non é independente da política, senón que é a forma que esta adquire a partir dunhas decisións dos políticos.

E entro aquí nesa diferenciación entre “políticos” e “política”.

O sentido común dinos que “político” é aquel que se dedica á “política”. Lóxico. Pero que é a política?

Para uns, para os “políticos” ao uso, é unha profesión moi ben remunerada, que permite ter acceso a uns cargos desde os que, coma se fose un negocio, o obxectivo é facerse rico canto antes. Así o defendeu hai anos un tal Zaplana.

Poden adornalo como queiran, que é ao servizo público, que eles teñen uns altos ideais, etc., pero ao final as tramas Gurtel, como anteriormente as Filesas do PSOE, ou as do “cafelito” do irmán de Alfonso Guerra na deputación de Sevilla, demonstran que para os “políticos” ao uso os seus altos ideais chegan xusto ás súas contas bancarias.

Isto é o que leva á poboación a desprezar aos políticos: total o único que pretenden é enriquecerse á conta do erario público.

Pero existe outra Política, con letras maiúsculas; a que desde sempre defenderon aqueles que consideran a “política” como o interese pola “res publica”n(a cousa publica).

Neste sentido hai que afirmar que Políticos con este sentido hainos de todas as clases sociais. Político con maiúsculas foi Pericles na vella Atenas, foi Espartaco en Roma, foi Xullo Cesar, foron os revolucionarios holandeses (Guillermo de Orange e demais) que se enfrontaron á coroa española, como o foi Carlos V ou Felipe II. Foi Isabel I de Inglaterra.

O foron Cronwell e Robespierre, San Martin e Bolivar. O foron Marx e Bismarck, Churchill e Trotski ou Lenin. Rooswelt, Mao ou Castro. Por mencionar a algúns nomes coñecidos.

Pode parecer unha relación sen moito sentido, pero definen o que é un político, e non un politicastro, é que representan non os meros intereses egoístas individuais, senón proxectos sociais, clases sociais en conflito. Revolucionarios ou contrarrevolucionarios, progresistas ou reaccionarios, mas proxectos sociais.

Pero a dereita burguesa, sexa neo ou social liberal (especialmente esta ultima), non ten o menor interese que a poboación asocie a política ao que realmente é a defensa de proxectos sociais, a loita pola transformación da sociedade; ou o seu contrario, a loita pola defensa dos intereses das clases dominantes.

Digo “especialmente esta última”, referíndome á social democracia actual, nacionalista ou non, que ten que ocultar a súa falta de proxecto social alternativo baixo o manto da “xestión eficaz” dos servizos públicos.

A dereita burguesa neoliberal é clara, non oculta o seu proxecto; reafírmao día si e día tamén ao berro de “quen ten diñeiro ten dereitos”, despedimento libre ou os “brancos europeos/norteamericanos” somos o embigo do mundo. É o proxecto do capitalismo máis descarnado. E o que non estea de acordo, pau e tentetieso. Por iso, algúns simplistas afirman que é máis fácil loitar contra a dereita (iso de que “loitábase mellor contra Franco ou Aznar”).

É a social democracia a que ten que evitar este debate, para que a súa tapadeira non se levante, e apareza como o que é, o mesmo que a dereita burguesa neoliberal, só que vernizado con “bos” sentimentos. Non tocaremos os beneficios sociais din desde o goberno, e desmontan todo o desmontable; non faremos a guerra, pero envían soldados a medio mundo; creemos na  liberdade, pero apoian a gobernos corruptos e asasinos.

A única conclusión que a poboación pode sacar de todo isto é: aínda que “a mona ver de seda, mona queda”. Unha conclusión que a todos os burgueses ben lles vén, mentres a poboación estea despolitizada, coñeza mellor cal é a aliñación do Barca-Madrid que a trama Gurtell, a poboación estará desmovilizada.

Aprender a diferenciar no que son diferentes, e iguais no que o son, é unha das regras básicas para recuperar o sentido crítico, e por tanto, movilizador na poboación. O sentido crítico é o sentido político, de enfrontar a realidade.

Este o verdadeiro concepto de “política”, a actividade social critica co obxectivo de levantar un proxecto social que nada ten que ver con esa “xestión” de servizos, que só redunda nun enriquecemento individual, que é a “política” ao uso.

Debemos recuperar este sentido de que o social e o político  son expresión do mesmo feito: a necesidade de que a poboación se implique na construción do seu futuro. O social non está oposto ao político - son estes políticos “ao uso” os que insisten nesa idea, para evitar que a sociedade, o social, controle as súas actividades-, senón que o social só atopa unha vía de solución cando se transforma en Política.

O social é actividade inconsciente sen unha perspectiva, é por utilizar un exemplo cinematográfico, o “rebelde sen causa”. A Política dá unha causa a ese rebelde, dálle unha coerência e un obxectivo.

Desde a direita, neo ou social liberal, insístese tanto en separar o social do político, e por iso, o desprestixio de Toda política é un retroceso de anos para a sociedade. O “rebelde sen causa” do filme foi James Dean, e todos coñecemos como terminou os seus días.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.