Á convocatória da CIG, da Maioria Sindical Vasca, da CGT sumouse o SAT andaluz, convocando dúcias de mobilizacións em toda Andalucia, e a Plataforma "Pararles los Pies", nun manifesto de apoio ás folgas de Euskadi, Galiza e Catalunya, convocou a unha Xornada de Loita, de Asembleas, Paros e Manifestacións en todo o estado.
Mais alo do resultado concreto das Folgas Xerais, masiva em Euskadi, mais limitada na Galiza e com problemas em Catalunya, o feito é que mentras as cúpulas de CCOO e UXT asinaban un novo pacto social co que pretenden a entrega dos direitos da clase traballadora, atada de pés e mans, aos grandes bancos e empresários, decenas de miles de traballadores e traballadoras de todo o estado saíron á rua para denunciar o que é o Pacto.
Foron miles os que xuntaronse em Vigo, na Bilbao, em A Coruña, em Donostia, em Madrid, em Barcelona, em Salamanca, em Andalucia, etc., etc... A traizón foi contestada na rua. E isto é o novidoso da situación. O 27 pode ser o principio do fin do "sindicalismo" de pacto e negociación que so leva a aceptar os limites impostos polo capital e os seus gobernos, as conxelacións salariais aos funcionários ao longo de moitos anos, as perdas de poder adquisitivo, a perda de postos de traballo, de aceptación da precariedade como a norma na contratación. O metal de Vigo côa perda do control sindical sobre a contratacion, ao ser disolta a Bolsa de Traballo o ano pasado co acordo de CCOO e UXT sintetiza perfectamente a sua dexeneración.
As organizacións convocantes do 27 X teñen unha tarefa de titanes, xestionar o novo que esta a nascer, non levalo a camiños pechados, e darlle á clase obreira unha nova perspectiva de loita por unha saída obreira e popular á crise.
O 27 foi nos feitos umha Xornada de Loita Estatal. Non anulou as identidades nacionais nin organizativas; o invés, a coordinación na loita deu a cada umha un peso superior á súa realidade concreta, pois demonstrou que é parte dun todo mais amplo que os localismos; a loita na defensa da clase obreira tense que facer por riba das fronteiras nacionais: o todo é superior á suma da partes, é umha verdade filosófica que o 27 X demonstrou.
É a tarefa das correntes sindicais convocantes avanzar neste camiño, da Maioria Sindical Basca, a CIG e as organizacións sindicais galegas que apoiaron (a CUT, o COG, etc.), a CGT, o SAT andaluz, as organizacións que compoen a Plataforma "Pararles los Pies"; teñen que camiñar na procura de pontes de coordinación entre todos eles, que permitan a construcción dunha resposta obreira e popular unitaria á crise.
Mas as bases de CCOO e UXT, os Criticoos de CCOO teñen tamen a sua cota de responsabilidade, non podem seguir baixo a disciplina dunas cúpulas que, no momento mais duro da crise, asinan un Pacto Social que significa un retroceso nas condicións da clase traballadora. O illamento desas cúpulas, a ruptura organizada com elas, é o único xeito de combatir a decepción ou a desesperación que se pode instalar em amplos sectores dos traballadores e as traballadores.
O 27 de Xaneiro demonstrou que é posible respostar ás políticas dos gobernos sem ter em conta, ou contra da opinión das cúpulas de CCOO e UXT. Foi o primeiro paso cara a construcción dun sincialismo de clase e combativo, que recupere as tradicións democráticas e internacionalistas da clase traballadora.
Neste sentido, hoxe máis que nunca esta sobre a mesa a posibilidade dunha construcción dunha resposta europea á crise. Nos últimos meses asistimos á sucesión de folgas xerais, mobilizacións sostidas, manifestacións e loitas em toda Europa contra os planes da Unión Europea e os seus gobernos, que, comandados polo imperialismo aleman, procuran un forte retroceso da clase traballadora. Coordinar forzas, unir loitas, agrupar sobre a base destas loitas é un dos temas centrais na axenda de todas as correntes sindicais continentais que están por fora do "sindicalismo" de pacto social e traizón.
Umha precondición para avanzar, a politización da resposta obreira e popular
O 27 foi unha folga política, contra unha política sindical moi concreta, a das cúpulas de CCOO e UXT de asinar o pacto social e atar á clase traballadora ao carro da burguesia, e colocou como tarefa a ruptura con eles. Demonstrou que son prescindibles para organizar a resposta obreira e popular, e todo aquel que fique atado a eles esta no térreo das organizacións que xá non serven, nin para manter a paz social, é dicer, para o capital, nin para a loita da clase traballadora.
É o que acontece côas organizacións políticas e sociais que non respostan a unha necesidade social, desaparecen (o órgão non fai a función, senon o revés). Este é o futuro de IU, que trás o pacto, declarou que "non ían enfrentarse a CCOO e UXT". IU atase as cúpulas que estan a trair á clase obreira do Estado Español.
O novo que esta a nascer trás o 27 X no só é a construcción do sindicalismo de clase e combativo, senon o caracter político dese sindicalismo. Neste terreo há que ser categórico, sem esa precondición, a súa construcción non chegara o porto final. A loita sindical por si mesma, non vai mais alo da reproducción da politica de pacto e negociación, combatida o 27X.
Os obxectivos naturais da loita sindical é a de conseguir melloras para a clase traballadora, e un sindicalismo honesto - non o das cúpulas de CCOO e UXT- pode acadar isas melloras; mas nas condicións actuais, de profunda crise do capitalismo, côa necesidade que este tem de atacar todas as conquistas de clase obreira para recuperar a taxa de lucro, calquer mellora que se conquiste non esta garantida nin un dia.
O exemplo da Bolsa de Traballo do Metal de Pontevedra, conquistada no 2008 e destruída no 2010 é clarificador do que dura unha conquista social baixo o capitalismo, o tempo suficiente para que a burguesia atope aliados na burocracia, para impor a derrota aos traballadores e as traballadoras.
Ningun sector da burguesia vai resolver o que hoxe afecta á clase traballadora e o pobo, o desemprego, os baixos salários, as xornadas laborais de 12 e mais horas, o recorte dos direitos de clase obreira e os pobos, o saqueo da riqueza das nacións, etc.; todo elo esta o servizo da recuperación da taxa de lucro. A única garantia das conquistas no tempo é a mobilización e a loita pola transformación socialista da sociedade, e dicer, que fagan parte dun programa político e poren dunha organización politica.
Este é o sentido profundo da proposta "politizar a resposta obreira e popular", a construcción dunha organización politica que consciente e abertamente loite pola resolución real das demandas sociais, da clase obreira e os sectores populares, que é o que significa loitar polo socialismo.
Da politización á organización
Se definimos a situacion baixo tres elementos, un, umha profunda crise econômica que esta a devorar o Estado do ben estar e as conquistas laborais, dous, uns gobernos (progresistas ou non) adicados á tarefa dese desmantelamento, tres, a consecuencia obvia de que ese desmantelamento comese a base social e os aparellos que se baseaban nese estado, tudo isto enfrentado a umha resposta social crescente en toda Europa, mas cunha profunda dispersion das forzas politicas e sindicais que se definen anticapitalistas, a proposta é de caixon: Asemblea/Rolda de todos aqueles que loitamos contra o capitalismo e polo socialismo.
É necesario, e dalgun xeito urxente, este reagrupamento para o debate, un, de como desenvolver a mobilización social, e no concreto os elementos que estan na Xornada do 27 de Xaneiro, dous, qué progama politico é o que pode permitir que estas mobilizacións deixen de ser defensivas, para pasar á ofensiva.
Para nós habería tres elementos que definirian ese programa
un, a crise é unha crise do sistema capitalista e polo tanto, a crise ten que pagala quen a criou, o capital, com medidas concretas como o reparto do traballo, nas nacionalizacions, contra as privatizacions, etc. etc.
dous, os gobernos e os reximes actuais da Union Europea, desde Bruxelas ate Compostela, son os xestores directos e responsabéis destas politicas, e polo tanto, é obxectivo central da loita o seu derrubamento.
tres, só a confianza na mobilizacion independente e democrática das masas traballadoras pode facernos avanzar neste camiño; as convocatorias de loita feitas polas cupulas que non sexan parte dun plan de asembleas previas e votadas nelas, comezan a ser un freo para o desenvolvimento dunha verdadeira mobilizacion que poda derrotar os gobernos.
Neste sentido, é imprescindible ter en conta que os enfrentamentos aos que vamos, suporan un importante recorte das libertades tanto individuais (expresion e reunion) como colectivas (folga, manifestacion), asi como dos pobos oprimidos (negacion do direito á autodeterminacion): o saqueo ao que esta sometida Galiza é un exemplo dos obxectivos da ofensiva recentralizadora do Estado Español.
Este ten que ser un obxectivo em curto prazo, a convocatoria a nivel galego dunha "asemblea", "rolda" aberta, ou baixo a forma que sexa, de activistas individuais, forzas politicas, colectivos, asocacions, agrupamentos, etc., no que se debatan estas duas cuestions, como primeiro paso para resolver o nú Gordiano da situación: a superación da inexistencia dunha forza politica que teña un obxectivo claro e estratexico frente aos ataques da burguesia.
Os ritmos da loita de clases, como podese ver nos acontecementos no mundo árabe, non deixan marxe para o retraso nos primeiros pasos nesse camiño.
Galiza, a 1 de febreiro do 2011
Roberto Laxe
Pola Corrente Vermella
http://esquerdalternativa.blogspot.com/