1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

100215 tsGrécia - Corrente Vermelha - Toda a solidariedade cos traballadores / as e o pobo grego! Fora as mans da UE de Grecia! Suspensión do pago da débeda grega!


A pesar da intención do goberno Tsipras de manter o pago da débeda pública e negociar as condicións para iso, a UE e as potencias europeas non están dispostas a abrir a man do saqueo e a expoliación de Grecia.

Estas aves rapaces alimentan os beneficios dos seus bancos coa fame, os desafiuzamentos e a desesperación do pobo grego. Énchense a boca de democracia pero non toleran un resultado electoral contrario aos seus desexos. Pregoan a igualdade entre as nacións pero tratan a Grecia como a un país colonial. Á hora da verdade, a UE móstrase como o que é: unha ferramenta de atraco aos pobos ao servizo dos bancos e dos gobernos dos grandes países imperialistas europeo

Actuando como bufón da corte da Merkel, o goberno Rajoy reclama a Grecia o pago dos 26.000 millóns de euros que ten de débeda. Uns millóns que puxo no noso nome para comprar débeda grega aos bancos privados e sacalos da lameira. Este é o talante miserable de Rajoy: sumiso até a vergoña cos poderosos e altanero cos máis débiles. Que recupere o diñeiro do saqueo de Bankia, das contas de Bárcenas, dos seus amigos banqueiros ou os 1.500 millóns do proxecto Castor, pero que deixen en paz ao pobo grego!

En Corrente Vermella pensamos que hai que pór en pé un movemento de resposta en toda Europa en defensa do pobo grego, da súa soberanía e do dereito do novo goberno a reclamar que o primeiro é garantir pan, traballo, teito e soberanía. O destino do pobo grego non pode quedar en mans da UE, das súas institucións e tratados, cuxa única función é garantir as ganancias dos seus bancos e multinacionais. Os traballadores / as e a mocidade europeos debemos pornos á fronte da batalla contra o espolio de Grecia por parte dos nosos gobernos, que é a mesma política que nos aplican a nós.

A suspensión inmediata do pago da débeda por parte do goberno Tsipras é a única forma de loitar pola súa soberanía nacional. Tsipras dixo este domingo no parlamento grego que "non negociamos a nosa soberanía nacional, non negociamos o mandato do pobo". Pero a súa proposta de oporse ás condicións do rescate e, ao mesmo tempo, manterse custe o que custe no Euro, non atopa acollida algunha en Berlín e en París. Nin sequera unha quita parcial da débeda, que non cambiaría substancialmente a situación do pobo grego, é aceptada. A proposta de Tsipras de ampliar o prazo de rescate para seguir a negociación é un primeiro retroceso do seu programa e aínda por riba as potencias europeas esixen o mantemento das privatizacións, os despedimentos e as medidas de espolio.

Desde a solidariedade incondicional co pobo grego, que o pasado xoves tomou as rúas para dicir que non son unha colonia alemá, pensamos que non hai forma de romper coa espiral de pobreza e submisión sen romper a subordinación aos tratados que permiten o saqueo do país e decretar a suspensión do pago da débeda e nacionalizar os bancos.

Rodeemos de solidariedade aos traballadores e ao pobo grego
Desde Corrente Vermella sumámonos aos distintos chamamentos que se están facendo en varias cidades de Europa a convocar actos en apoio aos traballadores e o pobo grego. Chamamos a todas as organizacións políticas, sindicais, sociais e de dereitos humanos a traballar para impulsar concentracións e manifestacións nas distintas cidades do estado Español en apoio a Grecia. Se gaña Grecia gañamos todos!

Fora as mans da UE de Grecia!
Que o goberno Rajoy cancele a débeda grega co Estado Español!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.