Segundo informou Ecoar (umha entidade de recente criaçom na cidade galega de Vigo, definida como "espaço de contradiscurso, construçom e coordenaçom de alternativas e resposta social") os protestos serám amanhá e dia 27 deste mês na maior cidade da Galiza.
A seguir, reproduzimos as informaçons enviadas polo coletivo, ao tempo que lembramos que a convocatória e os seus pormenores podem-se conhecer no facebook criado para a ocasiom:
"#25O: quentamos motores mentres elxs votan os seus orzamentos. Concentración ás 20 na Farola, en Vigo. As nosas vidas valen máis que os seus beneficios!
#27O: MARCHA ás 17:00.En Vigo dende a Farola á Xunta, lembrade que se farán marchas en distintas partes do estado.
Tod@s á rúa! A historia facémola as mulleres e os homes. Porque perante un marco no que as regras non nos respectan exercemos o DEREITO Á OBXECCIÓN das mesmas."
Ti tamén es responsábel: Axita, educa, pensa, loita, DIFUNDE!"
Desde Ecoar pedem, ainda, a máxima difusom e adesom ao evento.
Foto: Ecoar