Galiza - Esculca - O pasado 17 de Setembro, EsCULcA dirixiu escrito ao Xulgado de Instrucción núm 5 da Audiencia Nacional interesando o alzamento/inaplicación do rexime de detención incomunicada ás catro persoas detidas en Vigo o dia 15 e posteriormente transladadas a Madrid. Lembra que este rexime de detención foi criticado por diversos organismos internacionais.
O actual rexime de detención incomunicada foi criticado en numerosas ocasións por organismos internacionais encarregados de velar polo respeto dos dereitos humanos, que consideran a sua aplicación unha forma de maltrato inadmisíbel nun estado de dereito.
Subsidiariamente, EsCULcA solicita a aplicación do chamado “Protocolo Garzón”, coa posta en xogo dos mecanismos previstos e, sinaladamente, a visita por un médico da confianza dos detidos.
Ver aqui o escrito.
Foto: Esculca - Escrito dirigido à Audiência Nacional espanhola.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.