1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

180912 detencomfascistaGaliza - Candidatura do Povo - Este sábado foi detido por efectivos policiais o noso veciño Carlos Calvo Varela. Segundo afirman distintos medios de comunicación oficiais que presentan versións esencialmente idénticas, Carlos Calvo é “radical” e “terrorista”. Informacións fiáveis aseguran que foi conducido a Madrid e que, desde o momento da detención, está incomunicado e nen os seus parentes nen o seu avogado teñen coñecemento da situación en que se encontra nas 120 horas que pode chegar a durar esta nesta situación.


Por parte da Candidatura do Povo, queremos afirmar que coñecemos a Carlos desde hai anos e sabemos do seu compromiso constante con distintas iniciativas mediáticas, culturais e asociativas construidas en favor da veciñanza, así como do seu profundo amor por este vello país. Este coñecemento cercano en absoluto se corresponde co perfil sinistro construido desde sábado polos medios, sen respectar, sequer, a súa “presunción de inocencia” nen o “dereito á honorabilidade” de que é suxeito segundo a lexislación actual.

Queremos manifestar tamén por outra parte a nosa profunda preocupación pola situación en que se encontra, unha vez que o rexime de detención incomunicada ao que está sometido, alén de carecer de xustificación, é público que deu pé sempre a todo tipo de excesos, vulneracións de dereitos e maus tratos. Reivindicamos por tanto o fin da súa detención incomunicada, o retorno imediato para o país e a súa liberdade e expresamos a nosa solidariedade aos seus amigos e amigas e familia, neste momento sometidos a unha situación de extrema dor e inseguranza que xa padeceron outras familias de Compostela.

CARLOS LIBERDADE!
NON Á REPRESIÓN!

Foto: Cabozo - Momento de umha das detençons praticadas pola polícia espanhola este fim de semana.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.