1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

110612 manuelfragaxacobeuGaliza - Esculca - Sen parar a valorar as implicacións de restrinxir o exercicio de dereitos fundamentais, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra proibiu en apenas dous minutos a concentración que estaba previsto realizar o sábado 9 de xuño en protesta pola decisión do goberno municipal de erguer, sen debate en pleno, unha estátua a Manuel Fraga Iribarne.


Cambados.tk rexistrou a comunicación s 10:53 do día 4 de xuño'e dous minutos mais tarde,ás 10:55, a Subdelegación prohibiu a concentración argumentando a comunicación ter sido depositada fora de prazo, apesar de o colectivo ter alegado razóns para convocar pola vía de urxencia, o que permite comunicar com apenas un día antes.

A protesta tiña por obxectivo mostrar o malestar de parte da cidadanía de Cambados pola decisión de homenaxear o ministro franquista e investir unha elevada suma (calcúlase que pouco menos de 30.000 euros) na estatua que se levantará na súa honra, o que obrigará a modificar os orzamentos xa que o concello nos dispón desa cantidade.

Cambados.tk expresa así a situación:

"Indignados. Así están moitos cambadeses que comprobaron onte como funciona a suposta liberdade de expresión e de reunión deste país. A protesta na rede foi en aumento desde que a Subdelegación do Goberno desautorizase, baseándose nunha mentira (o escrito estaba en prazo pola vía de urxencia),  a concentración de protesta pola estatua de Fraga en tan só dous minutos. Hoxe hai un evento no Facebook que xa circula con éxito, titulado "Eu tamén quedei o sábado 9 cun amigo na Praza do Concello", no cal os usuarios manifestan a súa intención de pararse na Calzada arredor das 20.30 horas.

Para non dar lugar a dúbidas perante as autoridades, desde o evento recomendan ás persoas que teñan previsto quedar cun amigo a esa hora no Concello que non se agrupen en grupos de máis de 19 persoas para non dar lugar a un presunto incumprimento da Lei 9/1983 que regula o dereito á reunión e di : "A los efectos de la presente ley se entiende por reunión la concurrencia concertada y temporal de más de 20 personas, con finalidad determinada".

Desde Cambados(tk) faremos o Domingo unha valoración de todo o acontecido nas últimas horas e tamén analizaremos o comportamento do Goberno de Cambados ao respecto."

Foto: TeInteresa - O ex-ministro de Franco e ex-Presidente da filial de espanha na Comunidade Autónoma da Galiza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.