1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130911_trevesGaliza - CIG - A empresa de automoción, que non recoñece o acordo asinado tras as mobilizacións de febreiro, confirmou que sobran 30 empregos.


O comité de empresa da planta de Treves en Pontevedra decidiu convocar dúas xornadas de folga para os días 20 e 22 de setembro co obxectivo de reclamar carga de traballo que permita o mantemento de todos os postos de traballo. Ao mesmo tempo, os empregados/as da compañía de automoción con sede no polígono do Campiño denuncian que a dirección da multinacional francesa négase a publicar como convenio o acordo laboral acadado tras as mobilizacións de febreiro.

A decisión de convocar os paros adoptouse despois da xuntanza no que o responsábel de recursos humanos da empresa lles confirmou que a carga de traballo existente só lles vai permitir manter 130 dos 160 empregos actuais, o que suporía o despedimento de 30 persoas. "Díxonos que o novo proxecto do B78 garante o emprego de 130 persoas durante nove anos", explica o delegado da CIG e presidente do comité, David Couñago. Diante disto, e tendo en conta que os traballadores/as víronse afectados por tres EREs consecutivos, optaron por retomar as mobilizacións.

Ao mesmo tempo, denuncian que a dirección da multinacional francesa négase a publicar como convenio propio o acordo laboral asinado en febreiro tras 12 xornadas de folga. "Xa lle trasladamos á Inspección de Traballo esta negativa e estamos á espera de que nos dean unha resposta", comenta. Deste xeito, aproveitarán a xornada de folga total do día 20 para realizar tamén unha concentración diante da autoridade laboral, mentres que o paro do día 22 será parcial: catro horas na quenda de mañá (de 6.00 a 10.00 horas) e outras catro na de tarde (de 14.00 a 16.00 horas).

Finalmente, o representante sindical indicou que a finais de mes manterán unha reunión co director xeral da compañía "na que poñerán por escrito o que nos adiantou o responsábel de recursos humanos" e adiantou que lle reclamarán "carga de traballo" para a planta de Treves en Pontevedra, así como que lles aclare cal vai ser o seu futuro laboral.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.