1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

mardeonsGaliza - PDMM - Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo consideramos que a principal causa da alarmante redución da utilización do transporte colectivo (que non público pois está xestionarse de xeito exclusivo e directo a través de empresas privadas) e marítimo na ría de Vigo foi a política de fomento de grandes infraestruturas (autoestrada AP-9 e corredor de alta capacidade do Morrazo) en beneficio do transporte individual do automóbil privado levada a cabo dende hai tres décadas.


A isto hai que engadir outras medidas colaterais realizadas na década pasada como a supresión da peaxe en Rande ou a liberalización da xestión do propio transporte colectivo da ría decretada por Europa.Estas medidas encádranse dentro do modelo globalizador do transporte de mobilidade a medias e longas distancias en detrimento do de accesibilidade e de proximidade, onde as inversións realizadas nas grandes infraestruturas de transporte terrestre e de potenciación do uso do automóbil privado tiveron como feito contraposto e incompatible a desinversión no transporte colectivo, tanto terrestre, como en especial marítimo, a consecuente perda de usuarias e usuarios e finalmente o encarecemento dos billetes, o que redundou aínda máis nunha maior perda daquelas e daqueles, dentro dunha escada cara abaixo enviciada e vertixinosa.

Non debemos esquecer tampouco o desprezo que, con respeto ao transporte da ría, demostraron os últimos anos as e os responsables políticos da Autoridade Portuaria de Vigo, que foron quen de botar fóra da dársena da Laxe o servizo de estacionamento e amarre dos barcos de pasaxe da ría para darlle acollida a un porto deportivo e a ampliación do peirao de transatlántica. A falta de compromiso do alcalde de Vigo, máis preocupado co caro, despilfarrador e elititista tren de alta capacidade e coas ruinosas liñas aéreas internacionais que co billete unificado do transporte da ría. Ou o dobre raseiro do alcalde de Cangas, principal impulsor no seu momento do corredor de alta capacidade do Morrazo, e que agora só se lembra do transporte da ría no verán e de cara ás praias. En conxunto dá como resultado que as e os nosos dirixentes políticos están para servizo máis ben das e dos vidos de fóra e cun maior poder adquisitivo, que do arredor de medio millón de persoas que vivimos e residimos na contorna da ría os 365 días do ano.

Non deixa de ser unha vez máis paradóxico que cando máis preto se está de que desapareza o servizo de transporte marítimo da ría (a redución de liñas matinais Cangas-Vigo pola empresa Mar de Ons tan só é o último episodio), as altas instancias políticas autonómicas e locais falen unha vez máis de voltar a recuperalo como público ou de facelo metropolitano.

Máis alá do debate interesado da área metropolitana, onde o que sobresae é a intención de impoñer e consolidar a supremacía política, económica e urbanística da cidade de Vigo sobre as comarcas da súa bisbarra, incluído O Morrazo, hai que lembrar que o transporte marítimo xa tivo esa función de enlace metropolitano no pasado. Precisamente até a entrada en funcionamento da autoestrada do atlántico e do corredor de alta capacidade do Morrazo, as liñas dos barcos de pasaxe abranguían dende Cangas até Vilaboa, con máis dun punto de desembarque en cada concello, e non centralizado como quedou reducido dende aquela até a actualidade nas liñas cun único punto de atraque de Moaña e Cangas con Vigo, cos resultados en precario que estamos a ver e sufrir polas causas arriba citadas.

O transporte colectivo, tanto da ría como terrestre, nunca se vai recuperar mentras se sigan incentivando as inversións en máis e meirandes, custosas e impactantes infraestruturas de transporte por estrada para o uso do caro, inseguro, contaminante e colapsante automóbil privado, dentro dun modelo totalmente insustentable, como o está demostrar de feito a paralización e ralentización do proxecto de desdobramento do corredor de alta capacidade en autovía.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que se opón a ese proxecto de desdobramento e os impactos no ambiente e paisaxe do espazo que defendemos, xa alegou e solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en setembro do 2012 a retirada do Plan de Mobilidade Viaria da Península do Morrazo, máis a da conversión en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo, esixindo entre outras alternativas a potenciación do transporte público colectivo terrestre, marítimo e ferroviario de proximidades con conexión de barcos de pasaxe, buses, minibuses e tranvías, con enlace a todos os núcleos de poboación urbana e rural a nivel comarcal.

Máis alá disto consideramos que o asunto do alarmante estado do transporte marítimo na ría de Vigo está ser simple palabrería política. Os concellos están a botarse as culpas uns a outros, á Xunta ou a Europa, cando todos son parte responsable diante dunha desaparición anunciada e provocada hai tempo e de xeito sistemático no seu conxunto. De non reaccionar a tempo, o único transporte marítimo regular existente na actualidade en Galicia e no Estado dentro dunha ría vai camiño de pasar desgraciadamente a estar como museo nas hemerotecas como as da longametraxe "Los Lunes al Sol", do director Fernando León, ambientada de xeito verídico nunha época, a dos anos setenta do século pasado, na que unha maioría das e dos habitantes aínda se mobilizaban de xeito colectivo, e non só por motivos laborais, en transporte marítimo dunha a outra marxe da ría.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.