1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

273647525 b16adda494 oGaliza - AA/DL - [André Abeledo Fernández*] Cando os meus fillos, ou mellor dito o meu fillo o maior, que ten agora sete anos, preguntoume sentadiño o carón da súa irmanciña, de case catro aniños, ¿papa que é ser comunista?, eu contesteille o seguinte.


Foto de Bill Alldredge (CC by-nc-nd/2.0/)

Filliño un comunista é unha persoa que pensa que calquera persoa, polo feito de ter nacido ten dereito a unha vida digna e a ter as súas necesidades básicas cubertas, é unha persoa que pensa que a economía ten que estar o servizo do ser humano e non o ser humano o servizo da economía, é unha persoa que pensa que temos que traballar para vivir, e non vivir para traballar, é quen considera que a patria é a clase obreira, e quen pensa que a solidariedade, a igualdade, a fraternidade e a xustiza social son os cimentos dun futuro socialista.

Sei que seguramente agora non o terán entendido, ou se cadra o maior, que é mais espelido que o pai, un pouquiño, pero a semente  está botada e non dubido que lembrarán estas simples palabras, que hoxe aínda son tan complicadas para eles.

Esforzareime como calquera pai para que desfruten a súa infancia, tentarei que teñan a inmensa sorte de que sexa feliz e despreocupada.

Os meus amores medrarán e pode ser que nun maña máis próximo do que me gustaría, unha muller e un home libres, tal vez lles estean dando esa mesma explicación os meus netos.

*Concelleiro e Coordinador Local de Esquerda Unida de Narón, e sindicalista


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.