1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

racismoforajogoGaliza - SOS Racismo - SOS Racismo Galicia lanza unha campaña dirixida aos locais de ocio para crear unha Rede de Espazos Libres de Xenofobia.


Bares, pubs e discotecas de toda a comunidade están convidados sumarse a esta iniciativa para visibilizar a riqueza da diversidade e a importancia de construír unha sociedad igualitaria. A campaña xorde como resposta aos casos de discriminación detectados nos últimos tempos no ocio nocturno, que nos levaron a actuar e convidar directamente a que os locais sexan aliados nesta loita pola igualdade. A campaña de visibilización combina o presencial, con carteis reivindicativos nos propios establecementos, co virtual en internet e redes sociais, onde instamos os locais a difundir a mensaxe de que hai que neutralizar os comportamentos racistas, co hashtag #mantenosforadexogo. Ademais publicaremos na web de SOS Racismo Galicia un directorio actualizado cos locais adheridos á rede de espazos non racistas. Esta iniciativa pioneira en España está en liña coa demanda da Federación Estatal de SOS Racismo, que vén de reivindicar campañas de sensibilización para evitar actitudes discriminatorias ante a chegada de persoas refuxiadas.

Os locais poden solicitar o seu cartel na web www.sosracismogalicia.org. A cartelería que se empregará para identificar os locais da Rede de Espazos Libres de Xenofobia é deseño de Víctor Carro Tojo, que combina fotografías de espazos da vida cotiá coa mensaxe “Racistas. #Mantenos Fóra de Xogo”. Este traballo foi  o gañador no concurso “Campaña Publicitaria 2015: Contra o Racismo e a Xenofobia, pola Promoción da Diversidade e a Igualdade de Dereitos!”. Animamos tamén aos locais a sacar unha foto e compartila no noso Facebook ou en Twitter co hastag  #mantenosforadexogo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.