1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2015082611292696427Galiza - Sermos Galiza - No Porto e com 90 anos, finou este 25 de agosto, Bento Gonçalves da Cruz, mais conhecido como Bento da Cruz, o grande escritor português que narrou a guerrilha antifranquista em O lobo guerrilheiro. 


O lobo guerrilheiro foi o romance que achegou de maneira singular Bento da Cruz ao panorama literario galego cunha obra com que gañaría o Premio Diário de Noticias en 1991 e Edicións Xerais publicaría, na normativa da RAG, dous anos despois, en adaptación de Moncha Fuentes. Na novela, o escritor e médico nado na aldea de Peirezes, Montalegre, construía un relato arredor da figura de André Lobo, fillo de labregos natural do Barroso que se convertería nunha das máis coñecidas obras arredor da guerrilla antifranquista que se moveu nese territorio ás dúas beiras arraianas. Na Raia Seca, lindando co Couto Mixto, o espazo literario de Bento da Cruz era tamén o ámbito de actuación dun movemento guerrilleiro que el tornou motivo da súa escrita. 

De grande suceso en Portugal, a obra de Bento da Cruz pasaría tamén a formar parte da literatura creada arredor do golpe do 36 e a posterior represión. A relación de Bento da Cruz coa Galiza tería outro punto de relevo ao gañar en 1999 o Prémio Eixo Atlântico de Narrativa Galega e Portuguesa. De 2005 é a súa obra Guerrilheiros Antifranquistas em Trás-os Montes, na que, entre outros relatos, recolle o tráxico episodio de represión do Cambedo. En 2011, a Asociación Arraianos nomeouno Arraiano Maior, a terceira persoa en acadar o premio despois de Méndez Ferrín e Padre Francisco. 

De orixe rural, Bento da Cruz levaría á súa obra a pobreza que viu na súa infancia da que saíu cunha primeira etapa de formación relixiosa que abandonaría para se formar en Medicina en Coimbra, profesión que logo exercería en especial na rexión de Barroso, escenario da súa coñecida novela. Relevante é tamén o seu papel no ámbito do xornalismo, no que fundou e dirixiu o Correio do Planalto. 

A súa conta de romances comezou con Hemoptise, publicado en 1959 co pseudónimo de Sabiel Truta, e continuou con obras como Planalto em ChamasAo Longo da FronteiraFilhas de LothContos do GostofrioO Lobo Guerrilheiro, Histórias de Lana-CaprinaO Retábulo das Virgens LoucasA Loba, A Lenda de Hiran e Belkiss ou A Fárria


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.