1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2015122412093816468Galiza - Sermos Galiza - O número de núcleos desabitados na Galiza non para de crescer, un indicador máis dun proceso de despoboamento e 'desertización' do rural que obriga a repensar o territorio.


Somos un país con 1.614 aldeias abandonadas e 1.960 a piques de estalo, pois teñen 1 ou 2 habitantes. pobadores, ademais, dunha avanzada idade. En só un ano (2014), ficaron sen xente 75 aldeas, mentres que outras 25 traspasaban a 'liña vermella' e pasaban ter só 1 ou 2 viciños. Emigración (máis de 483.000 galeg@s tiveron que marchar do país nestes 24 anos) e baixa natalidade (8 nacementos por cada 1.000 habitantes, a segunda taxa máis baixa de todo o Estado español) son dous factores a ter en conta para explicar isto, mais non os únicos. Cuestións económicas, sociais, mesmo culturais teñen que ser tidas en conta para avaliar o que é un dos grandes retos que ten o país: a desertización que chega a grandes áreas do rural.

En 2012 o Instituto Nacional de Estatística documentaba 1.408 aldeas deshabitadas en Galiza. En dous anos, pois, aumentou ese grupo en máis de 200 aldeas. Un ritmo desolador. Máxime se se compara coa nosa contorna. En Asturies hai 690 aldeas abandonadas, tamén unha cifra preocupante. Mais en Cantabria son 4 e en Euskadi, 12. En Castela-León, 242.

A ideia estendida é que este proceso de abandono é propio das provincias interiores de Galiza, as máis 'rurais', Lugo e Ourense. Mais non, é un proceso que afeta tamén, e non pouco, à Corunha e Pontevedra. En Lugo hai rexistradas 692 núcleos que ficaron sen veciñanza, na Coruña 623. Un total de 153 aldeas están abandonadas en Pontevedta e 146 en Ourense.

Trasvase

41,2 por cento dos galegos viven en 70 paroquias das 3.790 que hai en Galiza, 70 parroquias que supoñen apenas 1,2% da superficie do noso país. Máis dun millón cento cincuenta mil persoas concentradas en menos de 348 kilómetros cadrados dos perto de 30.000 que ten a Galiza. Hai 70 paroquias na Galiza cualificadas como ZDP (Zonas Densamente Poboadas). Hai 8 zonas así identificadas no país e que se corresponden coas sete grandes cidades e a área de Vila Garcia-Cambados.

24% da populaçom galega viven en zonas pouco poboadas (ZPP ‘superbaixa’) e que ocupan 87,5% do territorio galego. De calcularmos as densidades de poboación en ambas as zonas a diferenza saltaría aínda máis á vista. Na ZDP a densidade é de 3.316 habitantes por quilómetro cadrado mentres na ZPP ‘superbaixa’ é de 25,6.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.