1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2015111719362168124Galiza - Sermos Galiza - As projeçons do INE a dez anos mostran umha Galiza cuns índices de envelhecimento sen parangón. Por cada moço de menos de 20 anos que en 2024 viva no país haverá quase o dobro de maiores de 64. Nalgunhas comarcas a proporçom será de 4 idosos por cada mozo. 


As proxeccións a curto prazo feitas polo INE para Galiza indican que de aquí ao 2014 o país perderá 135.000 habitantes, o que supón a diminución do 5% da poboación en apenas dez anos. Unha merma que deixa especial pegada nas provincias interiores, nomeadamente Lugo, onde esa queda é do 9,6 por cento.

Mais un dado para a preocupación é como as proxeccións amosan un progresivo envellecemento da poboación do país. Un envellecemento que levará a que en 2024 máis do 27% das e dos galegos teñan máis de 65 anos de idade. E tal e como indica o Instituto Galego de Estatística (IGE), o índice de envellecemento previsto para dentro de nove anos é do 182%, o que significa que naquela altura por cada 100 menores de 20 anos que haxa en galiza haberá 182 maiores de 64. Unha pirámide con consecuencias a todos os niveis, desde poboacional, natalidade, económico, prestación de servizos, entre moitas outras.

Tal e como expón o IGE, as áreas máis envellecidas serán as situadas na marxe oriental e central da Galiza. Así, nas comarcas situadas na zona dos Ancares, da Fonsagrada e Sárria a relación entre menores de 20 e maiores de 64 atoparase moi preto do valor 400 (382 maiores por cada 100 menores). O mesmo acontecerá na zona sul do país (comarcas da Baixa Limia, A Limia, Terra de Cela Nova, Verim e Viana), onde o índice de envellecemento projetado para 2024 situarase en 405,7.

Mais tamén nas áreas urbanas e atlánticas darase ese cenario, se ben con menor incidencia. Así, na área da Corunha o índice de envellecemento estará en 158 (por cada 10 menos de 20 anos, case 16 maiores de 64), e na de Vigo en 146. En Ponte Vedra será segundo as proxecións de 144.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.