1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

21552797658 51b6ea8259 zGaliza - FGI - É o seu posicionamento diante da situación das persoas que buscan refuxio en Europa e diante das respostas e actuacións dos gobernos europeos.


Foto de Fotomovimiento (CC by-nc-nd/2.0/)

Foro Galego de Inmigración conformado por asociacións de migrantes, entidades  e colectivos sociais, sindicatos e grupos políticos, e persoas a nivel individual, que ten como obxectivo fundamental a defensa dos dereitos das persoas migrantes en Galicia,  convocou unha Rolda de Prensa Informativa o martes para presentar de forma pública  o Posicionamento do Foro Galego de Inmigración diante da situación das persoas que buscan refuxio en Europa e diante das respostas e actuacións dos gobernos europeos.

Convocatorias similares realizaron ou realizarán na Coruña, Ferrol, e Lugo, coa misma finalidade.

O Posicionamento do Foro Galego de Inmigración

Amosa a máxima solidariedade posible coas persoas expulsadas pola Guerra dos seu países de orixe. Esixe tamén  o cumprimento rigoroso dos dereitos que asisten a estas persoas como refuxiadas nos países europeos e nomeadamente no caso do Estado Español.

Ao tempo, pon de manifesto a hipocrisía das actuacións dos gobernos europeos, e nomeadamente do goberno español, que mantén unha dura política represiva coas persoas migrantes residentes no Estado Español , coa negación para estas persoas de forma impune  de dereitos humanos fundamentais.  

 Presenta a flagrante contradición que supón a aparente boa disposición para acoller a 15.000 persoas (moi poucas, por certo nun Estado de máis de 46 millóns de habitantes) ao tempo que convenia cunha empresa aerea a deportación forzosa aos seus países de orixe  de alomenos ese mesmo número de persoas entre 2015 e 2016.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.