1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

derrubfrontGaliza - FGI - O  Foro Galego da Inmigración convoca unha Rolda de Prensa informativa o xoves día 11 de Xuño ás 11:30 h na Cova da Terra (Rúa Noreas nº 12) de Lugo para presentar o seu IX Encontro/Asemblea Aberto Anual , que se vai celebrar nesa cidade este sábado día 13  de xuño no Centro Social Madia Leva (R/ Noreas nº 18), co lema: “Derribando Fronteiras”.


No Acto Intervirán Miguel Fernández (voceiro-coordenador do Foro Galego de Inmigración), Randi Montero (do Colectivo Sem Papeis de Lugo, organizador e anfitrión deste Encontro Galego), Luz Darriba (artista uruguaia afincada en Lugo), que presentara a impactante Actividade que conformara o Acto Público Central do Encontro /Asemblea.

O Foro Galego de Inmigración agrupa a varias decenas de asociacións, entidades e colectivos de persoas migrantes ou que prestan servizos a este colectivo en toda Galicia. O lema deste IX Encontro/Asemblea, que se desenvolve por primeira vez na cidade de Lugo, é Derribando Fronteiras. Pretende chamar a atención sobre as diferentes fronteiras que sufren ás persoas migrantes en Galicia e no Conxunto do Estado: ás físicas das vallas, CIEs ou deportacións; e tamén as menos visibeis, dos recurtes e limitacións de dereitos que sufre este colectivo en Galicia (prestacións e axudas sociais, atención sanitaria, persecución policial, ou explotación laboral). Presentarán exemplos concretos destas vulneracións graves de dereitos.

Derrubando fronteiras

O 15 de Xuño é o Día Internacional polo Peche dos CIE, Centros de Internamento de Estranxeiros. Centros de amoreamento de persoas onde, por lei, se pode estar ata 60 días esperando unha suposta deportación que, moitas veces non se levará a cabo, e que as deixa nunha situación de aínda maior vulnerabilidade, ao impedir a súa regularización.

As condicións neses centros son infrahumanas e se exercen sobre persoas que cometen unha única falta: carecer dun papel que as convirta en residentes neste país. Estamos pois, diante dunha represión racista. Unha fronteira que deberiamos derribar.

Pero as fronteiras van moito máis aló dos propios CIE. Día tras día, as persoas inmigrantes están sendo sometidas a redadas e identificacións arbitrarias pola súa aparencia ou cor de pel. Redadas que se están executando inclusive nos propios Non nos podemos esquecer da Fronteira Sur, das vallas de Ceuta e Melilla e as ilegalidades que está cometendo o goberno coas expulsións chamadas "en quente" que non son outra cousa que expulsións ilegais. Con todo isto, estase conseguindo a expulsión indiscriminada de persoas, evitando así conceder asilo ás que chegan fuxindo dunha morte segura nos seus países; moitos deles en conflitos bélicos.

Temos outra fronteira fortemente armada nas deportacións de poboación inmigrante. O goberno do Estado español e grandes empresas estanse lucrando cos respectivos voos de Deportación. Empresas do grupo Globalia, ao que pertencen Air Europa, Viajes Halcón, Viajes Ecuador, Travelplan ou Pepe Phone... son parte de todo este entramado. O goberno aprobou pagar a esas empresas algo máis de 12 millóns de euros para este ano e o seguinte en concepto de voos de deportación.

A represión á que é sometida a poboación inmigrante ten outras fronteiras que se volven invisíbeis. A vulneración dos seus dereitos sociais: No territorio hai múltiples fronteiras legais que amparan a denegación sistemática dos dereitos básicos, obrigando as persoas migrantes a transitar por un labirinto burocrático con altas doses de racismo e

- A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa,probablemente sexa a maior e a máis ruin eliminación de dereitos básicos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos.

- Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo d@s traballador@s migrantes, de forma concreta no ámbito do emprego doméstico; ainda que tamén en sectores como a hostelería, o sector pesqueiro ou o agrogandeiro.

-Condicións indignas e de explotación resgardada nas sucesivas reformas laborais do goberno neoliberal.

-Engadido a esta situación, e como outro exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder a estas prestacións sociais. A Xunta impide o acceso á RISGA ás persoas que carecen de documentación, inxustiza que levamos tempo denunciando, e que aprobación da nova Lei de Inclusión Social de Galicia non só non mudou senón que impuxo novos atrancos.

Derribemos as fronteiras que nos separan. Os seres humanos somos todos un. Non importa procedencia, cor, relixión.Ningunha persoa é ilegal! Non máis represión á poboación inmigrante!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.