As estatuas de recente incorporación á paisaxe urbana ferrolá, non resignadas ao seu papel de captar votos nas eleccións municipais ou dexeccións de pomba, participaron encarteladas na protesta mentres as compas de CNT repartían panfletos con información sobre o caso e a postura do sindicato.
A primeira mobilizarse foi a de Canalejas, o "pasmado do Cantón", 48.400 € de bronce verde que levaban dende o 11 de marzo do pasado ano sen pintar nada na alameda ferrolá, ata que onte decidiu sumarse á protesta.
Tocoulle despois a quenda á estatua do capuchonciño, o xa famoso "Cucurucho de Rey Varela". Inaugurada o 26 de marzo de 2015, o pequeno encarrapuchado -onde 20.000 euros de cartos públicos fusionan o estilo "cornetto" co "cola-jet"- estaba tamén rabiando por facer algo de utilidade no seu céntrico emprazamento.
E, como tiña que ser, a estatua do marqués da Ensenada tamén sentiu o despertar da forza solidaria. O tamén coñecido como o C-3PO de San Francisco, 22.000 euros de paixón blaugrana que agardan dende o 27 de maio de 2015 que alguén complete o futbolín, sumouse tamén á solidariedade cos titiriteiros.
C3PO
Tod@s somos titiriteir@s,
GORA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN.