1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Colaboradores avanzados manu 2013 02 DSCN0358Galiza - Esculca - Plataformas sociais como 'Stop Desafiuzamentos' ou 'Esculca' alertaron esta sexta-feira sobre un aumento das sancións económicas por actos de protesta en Galiza nunha mobilización que tivo lugar diante da subdelegación de Goberno en Ourense en apoio a X.G., militante do BNG, multada "por desobediencia" durante un acto en contra do derrubamento dunha casa.


O portavoz de EsCULcA (Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades), Xosé Manuel Pacho, mostrouse "alarmado" após "observar" como nos últimos tempos "está a procederse a sancionar condutas" como as protestas contra os desafiuzamentos ou manifestacións convocadas por plataformas cidadás.

Para o representante de Esculca "someter a fiscalización o dereito a resistencia" dos cidadáns "non é o camiño". Fronte a iso, defendeu "o lexítimo dereito" da sociedade para "expresarse como considere", aínda que sempre dentro do "respecto ás institucións". 

Aumento das sancións

"En todos os movementos en Galiza, tanto nas preferentes como nos desafiuzamentos, observamos que existe un aumento de sancións fronte á libre expresión pública", concluíu Xosé Manuel Pacho.

Esta situación tamén a constatou a militante do BNG ourensán X.G., protagonista do acto de apoio. G. asegurou que ao longo de 2015 "máis de 130 militantes do BNG" foron multados por participaren en diferentes mobilizacións.

A propia X.G. explicou como recibiu unha multa "por desobediencia", de 110 euros, con motivo da súa participación nun acto en contra do derrubamento dunha casa en Reza, Ourense, o pasado mes de xuño.

A militante nacionalista asegurou que está acusada de saltar un cordón policial cando o que se produciu, segundo as súas palabras, foi "só unha identificación". "Un policía pediume o DNI e deillo. Meses despois chegoume unha multa económica, a través da nova Lei (de Seguridade Cidadá)", explicou.

"É absolutamente impresentábel que por estar nunha convocatoria e dar soporte a uns veciños teñamos que pagar por esa solidariedade", sinalou a militante nacionalista, para a quen a multa é unha forma de coartar a convocatoria deste tipo de protestas.

Así, asegurou que se trata de "unha forma de presionar" para que, cando haxa novas mobilizacións, haxa "máis medo. Neste sentido, lamentou que "estean a aumentar o nivel de denuncias, de sancións e mesmo as contías das multas".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.