“temos unha relación institucional ampla en muitos sentidos porque a BRILAT sempre colabora co concello en atividades deportivas, de voluntariado, no tema de incendios florestais e tal, e portanto nós estamos abertos a colaboración e se eles necesitan espazos para facer actividades e tal, pois nós vamos a buscar a maneira de compaxinar todo e facelo posíbel“ (sic).
O xeneral xefe da Brigada de Infantería Ligera (Brilat), Luís Cebrián Carbonell, propón ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a celebración do desfile militar de conmemoración do seu 50 aniversario no centro da cidade. Sería a primeira vez que o acto co que a Brigada celebra cada ano o seu aniversario se celebrara polas rúas de Pontevedra e farase este ano porque se trata dos seus 50 anos.
A proposta inclúe tamén o desenvolvemento doutras actividades complementarias, como unha exposición de materiais ou un concerto con pasarrúas de bandas militares, todo co obxectivo de os pontevedreses poidan “asistir al acto libremente y mezclarse con la que es su brigada”, declarou Cebrián Carbonell. Suporía que ‘invadisen’ o centro uns 2.200 soldados, o plantel actual da Brigada na base General Morillo de Figueirido.
Os atos levaranse a cabo no centro da cidade a principios do próximo mes de setembro, posibelmente durante o segundo fin de semana. No caso do desfile, trátase do tradicional desfile militar realizado no 7 de xuño na base de Figueirido, mas este ano non se poderá realizar nestas datas, debido a un exercicio militar da Alianza Atlántica na Polonia, no que participarán cerca de 1.000 soldados da base. Ao atoparse fora de España, no podería celebrarse o desfile nas súas datas habituais e fica adiado.
Apresentación da noticia por Xan do Can