1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cartaz AsMileunhanoite 01Galiza - O Fervedoiro - O pobo cuntiense pon en marcha a iniciativa solidaria“As Mil e Unha Noite”, unha foliada por todo o alto destinada a recadar fondos para o Sáhara. Este evento é un novo formato que recolle e continúa o traballo levado adiante nas tres edicións da “Cea-baile solidaria polo Sáhara”, celebradas na vila do Baño ata o ano 2014.


Moitas daquelas persoas que traballaron naqueles anos forman parte da organización desta xornada, súmanse as asociacións Río Gallo, O Fervedoiro, O Meigallo, O Portavezal e a Escola Artística de Cuntis “Chumpá Teatro”. Así mesmo, colaboran as seguintes entidades: Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Cáritas da parroquia.

Tampouco faltarán á cita comercios e establecementos da vila do Baño, que sempre aportano seu grao de area nesta causa.
“As Mil e Unha Noite” celebrarase o sábado día 12 de decembroe terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira. Polo seu esceario pasarán os seguintes grupos e artistas: Paula Rey (Luar Na Lubre), Cibrán Seixo eGom de Abadín, Habelas Hainas, Mini e Mero, Café de Pota, Hai que Roelo, Chinguilipé, Agrupación de Música e Baile de Cuntis, Os Farreiros e Maianas. Tamén contaremos con Teatro Clown grazas a “Os sete magnísficos máis un”, da man de Fran Rei e Pedro Brandariz. Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

Dentro do recinto tamén haberá petiscos para todas e todos, jaima, té e henna, exposición fotográfica e unha chocolatada con bica para o fin de festa.

Cáritas contará cun espazo para recoller alimentos que serán destinados ás persoas as que presta axuda no concello.

Coa finalidade de recadar fondos fixouse un prezo para as entradas ó recinto que será de 5 euros para adultos e 2 para menores. A cantidade acadada farase chegar a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poden colaborar, xa que hai aberta unha fila cero no seguinte número de conta: ES51 2080-5409-11-3040113236.

Unha vez máis, Cuntis aposta pola tenrura entre os pobos como exemplo de respecto e convivencia para as xeracións vindeiras.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.