Sen entrar en cantos oportunistas hai neste proceso, para nós o que está a acontecer en Cataluña é un cuestionamento do réxime de 1978, unha demanda lexítima ante unha constitución que non contempla nin pode contempla-lo dereito á autodeterminación dos pobos. É un pulso ó mesmo réxime e á mesma constitución que impide a Galiza desenvolve-lo seu potencial económico. As mesmas normas que impiden que a xente catalana vote son as mesmas normas que impediron que Canarias decidise se quería unha explotación petrolífera privada ó lado da súa casa, e as mesmas normas que impiden que Galiza use os seus asteleiros, que o leite se venda a un precio decente ou as que desmantelan a nosa flota pesqueira.
Polo tanto, un ataque ó réxime monárquico español do 78 como é o proceso catalán é sempre positivo para Galiza. O mellor apoio que desde Galiza podemos darlle ao direito a decidir dos catalanes é afortalar os procesos de confluencia que estan-se a construir e poñer no centro que os catalans esta cuestionando: a sacrosanta "unidade" do Estado Español, onde o réxime do 78 entende "unidade" como "aquí manda Madrid".
Pactos "contra natura" entre forzas do centralismo e forzas soberanistas só debilitan a confluencia de unidade popular e favorecen ó réxime.
Polo dereito a decidir!