A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.
Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.
Na charla contarase coa presenza de persoas da Asemblea Aberta de Coia, un dos proxectos que propoñen como destino da obxección este ano, que farán un repaso polos meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.