1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

6926761821 0340ff8e57 zGaliza - CNM - O Colectivo Nacionalista de Marín quere amosar a súa máis enérxica repulsa aos actos organizados esta fin de semana en Marín polo concello e a escola naval co gallo do día das forzas armadas.


Foto de Miguel Ángel Alarcón López (CC by-nc-nd/2.0) - Quatro membros do exército espanhol.

O PP que acaba de renovar maioría absoluta este domingo vai estrear o seu novo mandato cun desfile militar polas rúas de Marín como xa fixera, malia as protestas de colectivos sociais e partidos políticos, hai tres anos. Para alén de parecer de mal gusto que un colectivo, o militar, dispoña das nosas rúas para desfilar cando xa dispoñen dun enorme espazo que ocupa unha grande superficie do noso concello, do Colectivo Nacionalista de Marín consideran que é unha exaltación do máis rancio militarismo lonxe dos valores de calquera sociedade moderna baseada na solidariedade, xustiza social e a paz.

Se no anterior mandato o goberno do PP, que practicamente non vai mudar, estivo caracterizado por saír máis na foto que polos feitos e logros acadados, semella que no novo mandato isto non vai cambiar. A María Ramallo tanto lle ten acudir á celebración do Día da Paz, actos da memoria histórica, actos culturais como organizar un desfile militar, cuestións a entender da plataforma bastante antagónicas, con tal de saír nunha foto nos medios de comunicación. Eis aí toda a coherencia do goberno de Marín que haberá que aturar os próximos 4 anos.

Desde xa hai moitos anos o Ministerio de Defensa e moitos medios de comunicación, e co PP tamén o concello de Marín, tratan de presentar ante a sociedade, a través de campañas publicitarias e desfiles como este, o exercito español como unha ONG que realiza misións humanitarias cando a realidade é ben distinta. O exercito español funciona como unha forza de ocupación ao servizo de intereses alleos ás poboacións dos distintos territorios do mundo que ocupa.

No contexto de crise económica que estamos a vivir e que está sendo usado polos distintos gobernos para reformar e recortar dereitos laborais, sociais, e os orzamentos destinados a servizos públicos como sanidade e ensino, os gastos militares non están a sufrir ningún tipo de recorte. Séguense a gastar cartos en ocupar outros territorios, en mercar armamento, material militar, etc.

Por este mesmo contexto en moitos lugares suspendéronse ou reducíronse actos deste tipo, mais Marín co goberno do PP ofrecendo as rúas e outros espazos da vila para o desfile e outros actos semella ir a contracorrente. Por iso, desde o Colectivo Nacionalista de Marín, quixeran saber tamén canto vai custar ás e aos marinenses este desfile militar que se podería celebrar, como xa se dixo antes, no propio espazo que ocupa a escola naval.

Demandan do novo goberno municipal que se deixe de parafernalias militaristas que non piden as e os marinenses e traballe en resolver os verdadeiros problemas da veciñanza, a comezar por crear un plan de emprego, a remunicipalización dos servizos privatizados, a devolución do servizo da ambulancia ás 24h …

Para alén disto, e xa que parecen ter tan boas relacións coa escola naval, esixen que comecen a traballar na recuperación dos terreos ocupados polo exercito en Marín para lle daren un uso público acorde ás necesidades da vila.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.