1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Nakba Day 2010 HebronGaliza - Esculca - Con diferenza ao que aconteceu en anos anteriores, este ano o Parlamento Galego non fará unha Declaración Institucional en defensa dos dereitos individuais e colectivos do pobo palestino con motivo da conmemoración de Al-Nakba, a catástrofe que se abateu sobre a Palestina en 1948 como consecuencia da creación do estado de Israel e a inmediata ocupación da súa terra.


Foto de Shy halatzi (CC by-sa/3.0) - Umha rapariga manifesta-se no dia da Nakba em Palestina.

O repentino cambio de actitude do Grupo Popular, que a última hora se negou a dar o seu apoio á declaración aprobada en 2013 e 2014, e a súa pretensión de modificar o texto para excluir a reclamación do dereito das persoas refuxiadas ao retorno ás súas casas imposibilitaron o acordo.

O Grupo Popular tiña comunicado previamente a BDS-Galiza que, ao igual que fixera en anos anteriores, apoiaría o texto xa consensuado ( "indicarlles que apoiaremos a súa lectura no Pleno, ao igual que outros anos e cun texto semellante, convencidos da relevancia desta iniciativa") , mais finalmente parecen ter pesado mais as presións da embaixada de Israel, que en 2014 recriminou publicamente á presidenta do Parlamento, D. Pilar Rojo, a aprobación da declaración da cámara de representación galega, que a situación que se vive na Palestina baixo a ocupación israelí.

Unha situación de permanente violación do dereito internacional e dos dereitos humanos, agravada pola brutal agresión desatada polo estado de Israel en xullo e agosto do pasado ano, con mais de 2000 vítimas mortais, 500 delas crianzas, e a destrución total das precarias infraestruturas da Faixa de Gaza.

BDS-Galiza agradece o apoio do resto dos grupos e lamenta esta decisión de última hora do Grupo Popular que, pretendendo eliminar unha das reclamacións basilares do pobo palestino, fixo imposíbel que o Parlamento Galego renovase este ano o xesto solidario que tanto o dignificou en 2013 e 2014.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.