Galiza - Mar de Lumes - 22 de agosto ás 19h na Praza da Peregrina, Mar de Lumes organiza unha acción de apoio ao SI polo referéndum de independencia que celebrará Escocia no més de setembro. Fremos fotografías colectivas e individuais de apoio ao referendo de independencia que se celebrará en Escocia o vindeiro 18 de setembro. Nesta campaña colabora a plataforma escocesa internacional: Solidarity with Scotland International Campaign
Quen quer a independencia do seu pobo non pode querer outra cousa para os outros. E en Mar de Lumes somos firmes defensores dodereito de cada pobo á súa autodeterminación e, evidentemente, á súa plena independencia de poderes e intereses alleos. Saor Alba Gu Brath!
Un referéndum para decidir se Escocia debe ser un país independente fora do Reino Unido terá lugar o 18 de setembro de 2014.A organización política Yes Scotland representa a campaña do Sí.
No acto participarán escoceses da campaña Yes Scotland, e tamén participarán escoceses residentes en Pontevedra.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.