1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

antiimperialismoGaliza - Xeira - As últimas ofensivas imperialistas estannos a facer estremecer pola súa crueza e, ao mesmo tempo, visibilizan os conflitos crónicos que se desenvolven nesta etapa do capitalismo e que semellan en ocasións estar soterrados.


O intento de consolidar a hexemonía da OTAN no leste europeo e a imposibilidade de facelo aproveitando as institucións da burguesía ucraína levou a que, apoiados polos servizos secretos occidentais, se dese un golpe de estado protagonizado por partidos políticos neonazis os cales, aínda que o intentaron, foron incapaces de consolidar de todo a súa hexemonía. Mentres tanto, Rusia apoiou a reacción a este levantamento e aproveitou para apropiarse de Crimea e aumentar a súa presenza militar na zona. O pobo ucraíno tivo que vivir unha onda de represión fascista onde foron queimados edificios sindicais, perseguidos aqueles habitantes ruso-falantes e asasinados moitos comunistas. Como consecuencia vivíronse levantamentos populares nas provincias do leste europeo, onde milicias loitan día a día para intentar combater o exército fascista que avanza ata o corazón dos seus fogares.

O secuestro de tres mozos xudeus foi a escusa longamente esperada para que o estado de Israel comezara unha nova onda de detencións masivas, e unha campaña militar de exterminación do pobo palestino, sendo xa 170 os mortos e máis de 700 os feridos (moitos deles meniños). A nova campaña de terror do réxime sionista non finalizará ata que consideren que conseguiron debilitar o suficiente ao pobo palestino ou ata que o xenocidio alcance unhas cifras demasiado escandalosas. Fronte a isto o pobo palestino non cala, non recúa, e segue a facer gala dunha resistencia a perder a súa dignidade e a súa liberdade que xa de por si constitúe unha gran vitoria fronte aos ollos da besta.

Os conflitos imperialistas non atopan outra explicación que a necesidade de control e expansión do capital, que leva a que moitas veces potencias non hexemónicas apoien as respostas revolucionarias fronte a estas invasións. Mais detrás destas potencias non existe ningunha ambición antiimperialista, nin de unidade paneslava ou panárabe, só a de conservar os mercados que ata agora lles pertencían e lle dan un espazo necesario para a súa burguesía. A única solidariedade auténtica fronte as agresións que poda sufrir o pobo veñen do pobo. A unidade das nacións oprimidas e dos traballadores é a única vía para loitar e vencer ao capital. Por iso dende Xeira apoiamos as loitas de liberación nacional en Palestina e dos antifascistas ucraínos, e animamos a participar nas diferentes campañas e comités de axuda.

SÓ O POBO SALVA O POBO!

VIVA PALESTINA CEIBE!

VIVA A UCRAÍNA ANTIFASCISTA!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.